jueves, 18 de diciembre de 2014

DESPEDIDA DA PREHISTORIA

Onte recollimos todo o material da prehistoria e para finalizar o proxecto rematamolo facendo pinturas rupestres nas paredes con toda a liberdade posible e foi moi divertido aínda que moitos estaban tristes porque non querían rematar o proxecto "tan pronto dicían".

DEBUXAMOS CARAS

Dende hai uns días temos un "xogo caseiro" novo para debuxar caras de diferente maneira. Son tarxetas de distintas cores, e cada cor ten unha parte da cara: nariz, ollos, forma da cara, orellas, pelo e boca. Collemos unha tarxeta de cada cor e temos que debuxar o que toque, é moi divertido e así aprendemos diferentes formas de debuxar.


CARTAS AOS REIS MAGOS

Así de concentrados escribiron esas marabillosas cartas:




ADORNO PARA A ÁRBORE DO NADAL

Así o fixemos:




ANIVERSARIO CLARA

E a última en celebrar o aniversario dos 5 anos, a nosa pequerrecha CLARA! parabens para ela!!


PANXOLIÑA

Esta panxoliña será a que lle cantaremos aos Reis Magos acompañados dos nenos e nenas de 5 anos A, 5 anos B e as frautas dos maiores do cole



viernes, 12 de diciembre de 2014

ANIVERSARIO DE LUCÍA PÉREZ E CANDELA VILA

Hoxe tivemos dobre celebración o cumple de Lucía Pérez e o de Candela Vila. O de Luci era onte, pero non era o mellor día de celebralo pola excursión e o de Candela Vila o domingo.
Parabens para as dúas peques!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

CASTELO DE SAN ANTÓN

Hoxe chegou o gran día, no só para Lucía Pérez que está de aniversario, o día da excursión que tanto esperaban. Chegaron todos cos seus mellores modelitos como tamén coa súa mellor sonrisa preparados para ir ao Castelo de San Antón. Chegamos alí e recibiunos unha arqueóloga chamada Ana que nos contou a historia do Castelo de San Antón. O castelo de San Antón xunto co de Santa Cruz e o de San Diego (que non se conserva) foron construídos para protexer a cidade da Coruña. Despois estivemos vendo o patio de armas e de aí pasamos a parte do museo relacionado coa prehistoria. Primeiro ensinounos distintos obxectos da prehistoria nas vitrinas e falounos das distintas etapas da prehistoria, paleolítico, neolítico e a idade dos metais. Despois chegou a parte máis atractiva tocar, manipular distintos elementos atopados da prehistoria en distintas zonas. Cada peza levaba unha etiqueta cun número que se o metías no ordenador saía toda a información da peza, onde se atopara, o peso, a lonxitude... Tamén vimos a replica dun barco prehistórico e demos un paseo paseo polo castelo observando os cañóns, torres de vixianza... Cando chegamos tíñamos moita fame e tomamos a merendo pero tamén co guapos e guapas que estábamos fixemos unhas fotos para recordar este día. Todos e todas moi riquiños, pero o toque de elegancia penso que hoxe o deu Luisete.


PREPARANDO AS PORTADAS

Esta semana tocou empezar a facer as portadas dos traballos... as portadas do NADAL/PREHISTORIA...


E CHEGA O NADAL...

E chega o Nadal e toca decorar a casiña... os maiores da casiña a partir das barbas dos Reis debuxaron as caras e os corpos, e estivemos dándolle a tesoira recortando estreliñas... Por outro lado os nenos e nenas de 4 anos elixiron a Papanoel que chega cargado de agasallos. Aínda que estos pequenos están moi traballadores e fixeron outro que subirei mañá que esquecinme de facerlle unha foto e a verdade é que está tan bonito que o merece.



martes, 9 de diciembre de 2014

VISITA DE CLARA AO CASTRO DE ELVIÑA

Este fin de semana Clara estivo de excursión no Castro de Elviña coa súa nai e hoxe ensinounos as fotos para que puidesemos aprender un pouquiño do moito que aprendeu ela. Contounos como eran as casas, non só redondas coma as do noso poblado, algunhas tiñan forma cadrada, como aproveitaban a auga da chuvia, como estaba colocada a pedra, falounos dun tesouro, que moitas cousas que veremos no Castelo de San Antón atopáronse no Castro de Elviña. Moitas grazas a Clara e a súa familia por compartir!!








ANIVERSARIO SOFI

Cun pouco de atraso pero aquí estamos de novo e co aniversario de Sofi, parabens pequeniña!!!







viernes, 28 de noviembre de 2014

MAQUETA

Onte foi un día especial no cole. Según eles non traballamos... se non facemos unha ficha eles pensan que non é traballo.  Fixemos outro tipo de traballo, unha maqueta dun poblado. A verdade é que saiu moito mellor do que podía pensar a priori, teño que dicir que non estaba moi convencida... un grupo de 24 nenos e nenas, poñerse co barro... non o veía doado, pero equivoqueime, foi un día xenial. 
Loxicamente non estiveron todos co barro ao mesmo tempo. Fixemos grupos, un grupo no barro, outro era o grupo das matemáticas (ábaco, tarxetas das figuras xeométricas e regletas), outro plastilina, outro recuncho creativo e por último o dos "pinchos".  Cada vez que dicíamos cambio, tiñan que recoller co que estaban xogando, deixalo no centro da mesa e cambiar de equipo. Así foi como todos pasaron pola actividade do día, o barro. Despois do recreo, recollimos diante da casiña o que precisábamos para facer os tellados, e puxémonos mans a obra e hoxe rematamos o poblado.  A pena é que os tellados quedaron algo grandes e non se aprecia o traballo que fixeron co barro. Estábamos tan contentos e contentas que invitamos aos familiares a pasar á aula. Así que xa sabedes, unha tarde de choiva aburrida, barro na casa que lles encantou a experiencia.




PINTURA

Esta semana fixemos dous talleres. O primeiro o de "pinturas rupestres".
Primeiro estivemos observando distintos exemplos de pinturas rupestres, falando de qué empregaban para facelas, qué debuxos aparecían... e despois tocou facer as nosas propias pero con materiais do S.XXI, papel de acuarela, auga, pinturas..

Estas pinturas son as que vimos e analizamos na clase:




A  partir de estas cada un e cada unha creou as súas propias:





lunes, 24 de noviembre de 2014

FIGURAS XEOMÉTRICAS

Hoxe incorporamos un material novo a nosa aula,  unhas tarxetas que nos axudan a traballar as características dos obxectos e coñecer as figuras xeométricas. Cal foi a miña sorpresa, que o bote de figuras xeométricas que tíñamos na clase desapareceu, un misterio sen resolver... a ver se volven ao seu sitio tamén misteriosamente como se foron. Tivemos que recurrir a profe Ana para que nos deixara as da súa clase para poder traballar coas tarxetas.




TEATRO

Hoxe os nenos e nenas de 4º A e 4º B fixeron dúas obras de teatro. Estivemos os da casiña e os nenos de 4 anos de público e gustáronnos moito. A primeira " O pastor e o lobo" e a segunda "Cocorico". Non subo fotos da obra porque hai nenos de 4º que non teñen permiso para publicar as súas fotos.






COLARES DA PREHISTORIA

Esta semana puxemos en marcha un taller de colares prehistóricos. Pintamos, recortamos, contamos e insertamos. O venres tocou levalos para casa.


jueves, 20 de noviembre de 2014

CANTO SABEMOS DA PREHISTORIA!!

Hoxe despois do recreo estivemos falando do que aprendimos da prehistoria, isto facémolo cada 15 días recordando todo o que vimos en vídeos, información impresa de internet, libros de consulta... Sérveme a mín para saber o que saben, o que non saben, se lles gusta o que estamos traballando  e a eles para recordar cousas anteriores, plantexar dúbidas, interiorizar o aprendido... Non se me ocorreu gravalos desde o principio da conversa, foi un pouco sobre a marcha pero para que vexades como vai o proxecto.
Tamén aproveito a entrada para indicar que hoxe comezamos  un taller relacionado coa prehistoria de colares. Antes facíanos con osos dos animais que cazaban, pero como nós non temos empregamos outras cousiñas. A verdade que estos nenos e nenas todo o que sexa empregar pinceis, témperas, mancharse...é unha marabilla ver como traballan.












miércoles, 19 de noviembre de 2014

ROTACISMO

Dado que esta semana algunos papis me habéis manifestado cierta preocupación por la mala pronunciación del fonema "R" paso a indicar algunos ejercicios para corregirlo. Esto no es algo que se consiga de un día para otro logicamente, exige cierta constancia de dedicarle todos los días 5-10 minutos para que estos ejercicios sean efectivos.
Quiero indicar también que muchas veces de una forma natural el niño pasa con el tiempo a pronunciarlo correctamente aunque  también hay que decir que algunos necesitan cierta ayuda.

El rotacismo (mala pronunciación del fonema "r") puede deberse a diferentes causas como una malformación de la boca (ninguno de los casos de clase afortunadamente), por imitación de algún adulto de referencia para el niño desde sus primeros años que lo pronuncia mal y el caso más común por la mala colocación de la lengua y la salida del aire.
Es decir es importante tener un dominio del control de la lengua, en concreto de la punta de la misma para poder pronunciar bien este fonema.

Ejercicios para realizar todos los días en 5-10 minutos con ellos:

1. Sacar la lengua y volverla a introducir varias veces en la boca.
2. Mover la lengua de arriba hacia abajo, de izquierda a derecha.
3. Estrechar la lengua con los labios y posteriormente poner la lengua ancha.
4. Relamer los labios con la lengua, y también los dientes inferiores y superiores, tanto por delante como por detrás.
5. Conducir la punta de la lengua a las muelas superiores (ambos lados) y luego a las inferiores.
6. Hinchar las mejillas con la lengua.
7. Tratar de tocar la campanilla con la punta de la lengua.
 Adicionalmente le pediremos que respiren profundamente, inspirando el aire por la nariz y sacándolo lentamente mientras se pronuncia "rrrrrr"  También ejerciten con la imitación de palabras y sonidos que contengan la r, una buena forma es tararear con la r.

Hacerle repetir muchas veces palabras con r, corrigiéndolos constantemente también puede producir un bloqueo en el niño/a por lo que se pueden utilizar recursos como aprender canciones que contengan repetidamente palabras con ese fonema o aprender trabalenguas puede ser motivador y divertido para ellos.

Ahí van algunos ejemplos:










Trabalenguas (a poco que busquéis hay muchísimos, estos son unos ejemplos).

Erre con erre guitarra,
erre con erre carril,
rápido ruedan los carros
rápido el ferrocarril.


El burrito barrigón,
ayer se dió un resbalón,
por andar detrás de un carro,
se cayó dentro del barro.
¡Qué burrito picarón,
el burrito barrigón!


Un burro comía berros
y el perro se los robó,
el burro lanzó un rebuzno,
y el perro al barro cayó.


Lo normal es que con constancia utilizando este tipo de recursos el problema se acabe solucionando, yo lamentablemente con todos los niños que hay en el aula con problemas de pronunciación del fonema "r" y otros fonemas, no tengo tiempo material para dedicarle 10 minutos todos los días a cada uno de ellos y hacer estos ejercicios, los podría hacer a nivel grupo y de vez en cuando, pero pienso que no es la forma de conseguir resultados. Por lo tanto a las familias que les preocupe que no lo pronuncien bien a estas alturas ahí les va una pequeña ayuda por si quieren cogerla.


ANIVERSARIO DIEGO

O venres celebramos o aniversario de Diego cunha rica tarta e tamén Martín trouxo unhas chuches para compartir.
PARABENS DIEGO!!





jueves, 13 de noviembre de 2014

DOLMEN DE DOMBATE

Emma estivo visitando o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños e trouxo un video chulísimo facendo de reporteira e ensinándonos todo o que estaba aprendendo. Moitísimas grazas a mamá de Emma por esta aportación. Trouxo tamén un dolmen para colorear, estivemos investigando un pouco sobre esta construcción do neolítico.




ANIVERSARIO DE MARTÍN

Martín xa ten 5 anos, xa quedan moi pouquiños por cumprir, que maiores son!!! FELICIDADES MARTÍN!!!!



miércoles, 12 de noviembre de 2014

DRAGONA RAMONA "AQUÍ NO HAY MONSTRUOS"

Hoxe tivemos a sorte de ter a visita da Dragona Ramona e contounos o conto "AQUÍ NO HAY MONSTRUOS". Antes de comezar invitounos a visitar máis as bibliotecas de Culleredo e felicitou a Breixo por visitalas con tanta frecuencia que xa o coñecía das visitas. Despois de escoitar o conto fomos a clase e escribimos entre todos o título do conto, eu ía poñendo as letras que me dicían no encerado e eles copiaban. Unha vez feito o título cada un tiña que escribir o que lles gustara do conto eles sós e por último facer o debuxo.


MAGOSTO

Este ano a festa do magosto, por así chamarlle... quedou na degustación de castañas e na entrega de premios das receitas terroríficas do Samain así como a entrega a todos os participantes no concurso o recopilatorio das receitas gañadoras coas imaxes como foi no caso de Anxo, Sofi e David.




Non puidemos facer os xogos tradicionais como o ano pasado por culpa do tempo. Tamén quero indicar que non se puideron asar as castañas no cole polo mesmo motivo. Temos que darlle as grazas á "PANADERÍA TAHONA DE BEA" que nos fixo o favor de asar as castañas para todo o cole, 500 nenos e nenas, sen coste algún, e penso que é digno de mención e de agradecer.
 Para celebrar esta festa fixemos dúas cousiñas que levaron onte para casa un colgante e un caracol cunha castaña. Para facer o colgante, pintaron, picaron, pegaron e por último recortaron, unha actividade moi completa. Así fixeron as dúas cousas.









 A degustación das castañas os que máis a disfrutaron foron Diego, Breixo, Lucía L., Emma e Anxo, encántanlles as castañas.




Na última sesión de onte fixémoslles uns debuxos entre todos a "PANADERÍA TAHONA DE BEA" agradencéndolles moito o xesto que tiveron de asarnos as castañas e ao sair do cole tocoume acercarme ata alí moi gustosamente a levarllos.


lunes, 10 de noviembre de 2014

MURAL DO MAGOSTO

A semana pasada retiramos a decoración do Samain y fixemos este mural do magosto para acompañar o  do outono que fixeron os de 4 anos.
Foi moi sinxelo de facer pero moi divertido, todo o que sexa facer murais... encantados. Ademais podo dicir que son moi autónomos en todo o proceso. Explicolles o que teñen que facer, como nos organizamos e despois diso fan eles todo o proceso.


martes, 4 de noviembre de 2014

SUMAS COAS REGLETAS E ESCRITURA

Os nenos e nenas da casiña non se cansan da aprender. A verdade é que é un gusto ver como no momento que teñen libre no día, que poden ir a xogar aos recunchos algúns adican este tempo a escribir cartas e  máis cartas como as que traen escritas das súas casas. Podo dicir nomes como Sara, Luis, Sofía, Emma, Lucía Pérez, Nico, Hugo, David, Adrián... que a escritura de cartas converteuse na súa actividade preferida. 
Este esforzo que fan escribindo mensaxes, empregando a escritura como algo funcional, é dicir, estalles servindo para comunicar algo, para min é a forma máis motivante e máis importante de adquirir a capacidade de escribir. Dicir tamén que o outro día unha nena recibiu unha carta por primeira vez (os que máis cartas reciben loxicamente tamén son os que máis cartas escriben) pero esa nena nunca escribira ningunha carta e recibiu a primeira, a cara de sorpresa e alegría ao recibila non se me esquece, como tampouco a resposta de Emma (que foi a emisora da carta) que dixo que lle escribira a esa nena porque nunca recibía cartas e outros xa tiñan moitas e tamén era xusto que ela tivera unha, é dicir foise capaz de poñer no lugar desa nena e o que podía estar sentindo, sen palabras que engadir.

Hoxe tamén nese momento a unha nena ocorreuselle a idea de escribir cousas que aprendera da prehistoria, eu nese momento estaba atendendo a outros nenos e nenas e non me decatara do que estaba facendo, pero cando rematou ensinoume moi orgullosa o que escribira con moito esforzo.
Parecen letras escritas sen máis pero non é así, hai moito traballo neste texto por parte da nena, e claro é tan longo que costa transcribilo todo correctamente. Con isto o que quero dicir  que estean nun momento que saia deles escribir libremente e engado a  isto que escribiu do proxecto que estamos a traballar....Podo pedir algo máis????



Aproveito esta entrada tamén para dicir que hoxe David, Lucía Pérez e Emma nese momento de xogo libre preguntáranme como se sumaba coas regletas. Fai tempo falando dixéralles que coas regletas podíanse facer contas e hoxe quixeron aprender a facelas, e así o fixeron:






DIPLOMAS

Hoxe tocou a volta ao traballo despois destas pequenas vacacións e do ambiente festivo da semana pasada. A verdade é que non foi moi dura a volta, chegaron todos e todas contentos/as, expresándoo na elección das medallas ao chegar ao cole todos elixiron a amarela (alegría) e a verde (tranquilidade/calma) e falamos do que fixemos durante estes catro días sen cole.
Aínda que xa rematamos coa celebración do Samaín, quedábanos unha cousiña por facer e foi a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron na decoración da casiña coas súas cabazas.
Fixemos a entrega de diplomas e de caramelos para todos (participaran ou non) e como calquera entrega de diplomas fixemos os saudos correspondentes e as fotos estiveron a cargo de Sara que foi hoxe a encargada do día.



FESTA DO SAMAIN

O xoves pasámolo moi, moi ben, houbo sustos ao principio, non todo foron risas... as profes sacamos o noso lado máis terrorífico para recibilos.
Primeiro a profe Rosa contounos a todos os nenos e nenas da casiña un conto terrorífico, despois falamos dos disfraces que trouxemos e porqué, e algún tivo dicir quen era por exemplo Clara  (porque Luis estaba tan asustado que non a coñecía). Despois foi o momento da merenda, nin dicir ten que moitísimas grazas por todo o que aportades dende as casas para poder vivir estos momentos, porque a verdade é que creo que eles e elas os agradecen e os recordan durante moito tempo.
Coa barriga chea tocou a hora de baixar ao recreo que esta vez por ser día de festa e que o  tempo acompañaba durou o dobre do normal. Alí xogamos cada un e cada unha cos seus amigos e amigas, e un grupo xogou ao escondite inglés.
Cando subimos do recreo estivemos esperando a comitiva do Samain (o profe Vicente e os nenos e nenas de sexto) nos corredores de Infantil, a cal a Julia e a Emma doulles un pouco de medo, pero como son unhas nenas moi valentes cunha pouca axuda da profe foron capaz de superalo. Despois diso saímos todo o cole ao patio dos maiores para recitar poesías de outono e samaín e cantar e bailar a canción.
Por último chegou a hora da despedida... e de repartir coas familias toda a comida que sobrou (que non era pouca). Os produtos non perecedoiros (nos próximos días)  gardámolos para a seguinte festa.


















martes, 28 de octubre de 2014

TRABALLOS DO SAMAIN

O venres fixemos unhas caretas de cabazas. Este ano como xa somos dos maiores non precisamos axuda ningunha. Primeiro pintamos, segundo  pegamos nunha cartulina, terceiro picamos os ollos e a boca e por último recortamos.






Onte, luns, fixemos unhas coroas de arañas que levamos moi contentos hoxe para casa e coas que cantamos cancións do Samain.




E hoxe chegaron as primeiras cabazas para decorar a casiña. Anxo, Martín, Sofía e David chegaron moi contentos e ensinaron aos compis as súas cabazas terroríficas, explicaron con quen as fixeron, que materiais precisaron... e todos os  escoitamos moi contentos.





Antes de sair hoxe as 14:00 estivemos cantando e bailando:





                                          


viernes, 24 de octubre de 2014

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Atopei esta imaxe e gustoume moito e por iso a comparto. Enfatizamos moito na lectura, escritura, sumar... sobre todo na escola e tradicionalmente considerábase que un neno ou nena intelixente adoitaba destacar nestas cuestións; pero a intelixencia vai máis alá de aí o término de intelixencias múltiples e todas son igual de importantes. Cada neno e cada nena pode destacar en cousas diferentes, a uns dáselles mellor unha cousa, a outros outra... trátase de traballalas todas e buscar un equilibrio aínda que loxicamente como nos pasa aos adultos pódensenos dar mellor unhas cousas que outras ou gustarnos máis unhas que outras.


jueves, 23 de octubre de 2014

A DRAGONA RAMONA

O mércores 12 de novembro as 12:00 os nenos e nenas da casiña teremos a visita da Dragona Ramona, estamos desexando saber qué conto nos contará.

CABAZA DO SAMAIN

Hoxe despois do recreo estivemos colaborando no mural que están facendo os pequeniños do cole (3 anos) coas mondas de mandarina unha gran cabaza, cando esté rematado xa poñeremos unha foto do resultado, se precisan máis axuda por suposto que baixaremos a seguir colaborando con eles. Aproveito para dicir que non traian máis que xa chegan as que xuntamos, moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración.
Adiantarvos que o día 30 de outubro será a festa do Samain e como xa falamos na reunión poderán vir disfrazados.No cole farase un concurso de repostería como o curso  anterior, repítese pola marabillosa acollida que tivo o ano pasado. Como será un día de festa na casiña faremos unha merenda conxunta así que cada familia deberá aportar algo para compartir co resto, as bebidas as traeremos as profes. Grazas.




martes, 21 de octubre de 2014

O NOSO PRIMEIRO DITADO

Hoxe fixemos o noso primeiro ditado  e fixémolo así de ben.



OUTONO

Hoxe a porta da clase de 4 anos apareceu cunha fermosa árbore de froitos de outono elaborados polos nenos e nenas de 4 anos.

lunes, 20 de octubre de 2014

PREPARAMOS A DECORACIÓN DO SAMAÍN

Os nenos e nenas de Educación Infantil partindo da idea das profes de 3 anos elaboraremos unha cabaza xigante con mondas de mandarina así que se podedes traer as pelas de todas aquelas que coman estos días sería de gran axuda. Mañá contareillo a eles que hoxe esquecinme de falar diso.

Aquí estamos traballando na decoración do Samaín....

"TENGO MIEDO"

Hoxe os nenos e nenas de 4 anos falaron dos medos. Ana elixiu este conto "Tengo miedo" porque  xa está chegando a semana do Samaín e son moi boas datas para aproveitar para falar dos medos de cada un. A sorpresa foi que ten unha clase de valentes xa que ningún deles tiña medos. Pablo contou que moitas veces soña con monstruos pero non ten medo.


FACENDO MOSTO

Como o ano pasado o profe Xoan nestas datas trouxo uvas e fixemos zume na clase. Despois tomámolo, aínda que non todos Martín e Yessi non se animaron. Candela Blanco probouno pero dixo que non lle gustaba, todos os demais  dixeron que lles gustara moito así que xa sabedes a tomar zume de uva que estamos na época.

viernes, 10 de octubre de 2014

LIM DA PREHISTORIA

Seguimos aproveitando recursos da rede grazas a que outros profes os preparan e os comparten.

miércoles, 8 de octubre de 2014

EMOCIÓNS

A partir do conto "EL MONSTRUO DE COLORES" xurdiu esta idea. Ao entrar na clase pola mañá temos que poñer a medalla do monstruo da cor según nos sintamos e despois compartir co resto o motivo de porqué eliximos cada medalla.
AMARELO: alegría.
AZUL: tristeza.
VERMELLO: rabia
NEGRO: medo.
VERDE: tranquilidade.
 O primeiro día a maioría colleron o verde e o amarelo, o amarelo porque tiñan moitas ganas de vir ao cole dicían case todos. Pero algún como David elixiu o negro porque no coche camiño do cole escoitara unha canción que lle dera medo, Hugo a azul porque estaba triste porque non quería ir ao comedor... Durante estos 3 días saíron moitas cousiñas nesta charla de como nos sentimos.

LECTURA POR PARELLAS

Os venres despois do recreo introducimos unha rutina nova: "A lectura". Nun primeiro momento individual e nun segundo momento por parellas. E así o fixemos:

MÁIS COUSAS DA PREHISTORIA

A verdade é que o recuncho da prehistoria medra e medra... temos moitísima información sobre a prehistoria e a evolución do home así como ferramentas, pelis, peles, pedras, un tipu... Cando comezamos o proxecto non podería imaxinar que xuntaríamos tantas cousas... mil grazas porque as ganas que teñen co proxecto e de aprender máis cousas son grazas a toda esa participación. MOITIIIIIIISIMAS GRAZAS DE NOVO!!! PELIS, CABAÑAS, LIBROS, REVISTAS, INFORMACIÓN..... SEN PALABRAS!!!

miércoles, 1 de octubre de 2014

RECUNCHO DA PREHISTORIA

O recuncho da prehistoria cambiou moito con todo o que trouxeron. Estaban ilusionados y querían saber moitas cousas.
Hoxe falamos un pouco dos animais prehistóricos e Breixo demostrou ser todo un experto do tema, falaunos do ESMILODONTE do MEGALOCERO...e aclaroulles aos despistados que os dinosaurios existiron pero antes da prehistoria, que non conviviron co home.
Moitas grazas pola vosa colaboración, sen estas cousas o proxecto non se podería levar a cabo, xa non polo material que aportades  máis importante é a motivación que traen eles ao traer estas cousiñas e ensinarllas ao resto de compis.


martes, 30 de septiembre de 2014

INICIAMOS O PROXECTO DA PREHISTORIA

Hoxe foi un día especial. Cando chegamos ao cole xa estaba preparando o recuncho da prehistoria y cando  miramos o buzón hoxe a primeira hora había unha carta que indicaba o inicio do proxecto. A partir de aí falamos do que era a prehistoria, que sabían... e aínda que parece que é un tema que con 4 e 5 anos non saben nada neste momento, si apareceron cousiñas.

"¿QUÉ SABEMOS DE LA PREHISTORIA?"

 DUBI: Algo de los huesos.
 CANDELA B.: una cosa que pasó hace muchos años y que había muchas rocas.
 NICO: y había agua?
CANDELA B.: los ríos y los mares.
NICO: y tenían cubos para cogerla?

 ¿CÓMO IBAN VESTIDOS EN LA PREHISTORIA?
 CANDELA B.: como cavernícolas.
NICO: ropa amarilla y negra.
IRENE: de las pieles de los animales.
BREIXO: se vestían con hojas.
 ADRI: con la piel de las jirafas.
 NICO: con hojas no podían que si hacía viento les volaban.
GONZALO: sabían construir casas con madera y paja y también con leña.
SARA: los cavernícolas pintaban con sangre de los animales.

¿Y DÓNDE PINTABAN?
 IRENE: en las paredes.
GONZALO: en las cuevas porque sabían hacer cuevas.
NICO: el color rojo era porque cogían sangre de los animales.
 EMMA: como no tenían pincel usaban palos.
LUNA: cuando querían pintar de verde cogían hierba y la machaban.
DAVID: Breixo me regaló una piedra que tenía que desenterrar piezas de dinosaurios y luego lo monté.
NICO: ¿y eso que tiene que ver con la prehistoria?
 DAVID: si porque es un fósil.
IRENE: las huellas de los dinosaurios se convierten en roca cuando ya se mueren.
BREIXO: el juego que le dí a David era de adorno pero si que se movía.

¿Y QUÉ COMÍAN EN LA PREHISTORIA?
MARISOL: lo de los árboles.
GONZALO: carne de los animales malos.
NICO: podían beber agua si tenían sed de los ríos.
LUCÍA L.: frutos de los árboles.
BREIXO: algunos animales se extinguieron antes de la prehistoria y evolucionaron a los de ahora.

 ¿Y QUÉ ES ESO DE EVOLUCIONAR?
 BREIXO: crecer a otro animal.
EMMA: podían escalar los árboles y comer fruta.
NICO: cocos.

¿Y DÓNDE VIVÍAN?
 NICO: En cuevas.
 DAVID: si, en cuevas.
NICO: y hacían fuego para ver y no estar a oscuras.
 MARISOL: hay que poner mucho fuego para ver mejor.
BREIXO: necesitaban encender el fuego para saber si era de un animal carnívoro y saber si le querían atacar.

¿Y CUÁLES SON LOS ANIMALES CARNÍVOROS?
BREIXO: los que comen carne.

 Y SI COMÍAN ANIMALES... ¿CUÁLES COMÍAN?
 NICO: ciervo.
 ADRI: jirafas.
GONZALO: osos.

¿CÓMO LOS CAZABAN PARA COMERLOS?
 NICO: tiraban flechas.
 EMMA: con pistolas.
NICO: Noooo, no tenían pistolas que no existían.
ADRI: lanzando palos.
 BREIXO: lanzando piedras.


Fixemos a nota para levar para casa e comezamos cun debuxo do que falamos anteriormente da prehistoria.

Así que isto non fixo máis que empezar... as sensacións hoxe foron moi boas, había ganas de aprender que é o principal.





viernes, 26 de septiembre de 2014

OUTONO

Comezou o outono e aínda que non traballamos con lápis e papel sobre esta estación si falamos na asemblea dos cambios que se producen e tamén  aproveitamos os recursos que ofrece a rede para traballalos.
Aproveito para indicar que a actividade da páxima 10 penso que está mal.


AS EMOCIÓNS

É moi importante identificar as nosas emocións para poder controlalas. Durante este inicio de curso xurdiu un medo no noso grupo: o medo aos ruídos e por ese motivo decidimos empregar este libro en Atención Educativa. Pero como a reflexión posterior foi moi rica decidimos compartilo tamén co resto do grupo. A partir de contar este conto primeiro da forma  tradicional e despois  no encerado dixital reflexionamos sobre as nosas emocións e como nos sentimos. 
O medo que máis saiu foi á oscuridade e Clara resaltou que tiña moitos pesadelos e dábanlle medo. Falamos de que sentían e porqué. Candela B. tamén contou que ela cando estaba esperta na cama e escoitaba ruídos que non coñecía dáballe medo porque podería ser un ladrón.
Falamos da rabia tamén, que cousas eran as que nos provocaban estar así e as cousas que poderíamos facer para pasar á calma. 
Como non podería ser doutra maneira tamén falamos da alegría e da tristeza e falamos de que cousas nos poñían tristes e cales ledos. Por exemplo David dixo que o feito de que os seus avós estiveran lonxe e non poder estar con eles máis tempo producíalle estar triste.
A verdade é que non tiña pensado facer esta entrada no blogue pero Candela Blanco pediume que subira o conto que o quería ver na casa e eu encantada de que o vexa ela e moitos máis.
Así que anímovos  a velo con eles e a falar despois sobre as cousas que lle provocan cada emoción e que soluciones se lles ocorre no caso da rabia, tristeza e medo.
En Atención Educativa seguiremos traballando con él durante as seguintes sesións. Indico tamén  que este conto  o están traballando os nenos e nenas da clase de Ana tamén.





MASCOTA E NOMES (4 anos)

Os nenos e nenas de Ana durante este curso levarán a casa dous cousiñas. Por un lado o libro da mascota no que terán que contar o que fixeron coa mascota durante o fin de semana, para isto necesitarán a axuda da súa familia. E por outro lado o libro dos nomes, co que poderán xogar con nomes e fotos dos seus compañeiros. Os papis ou as mamis deberán axudarlles a poñer os nomes dos compañeiros.


martes, 23 de septiembre de 2014

AS LETRAS NO ENCERADO DIXITAL

Hoxe empregamos o xogo LIM que está no blogue para traballar a identificación das minúsculas. As maiúsculas xa están todas controladas pero as minúsculas aínda non as coñecemos todas, outra cousa será facelas.

NOMES DOS EQUPOS

Empregando a estrutura cooperativa 1,2, 4 decidiron os nomes dos equipos. Como xa indiquei na reunión a verdade é que non saiu como esperaba a estrutura en sí, non polo resultado, que o nome dos equipos é o de menos, se non pola posta en práctica da estrutura que xa coñecían, e esperaba un pouco máis deles. Pero sempre hai cousas positivas na posta en práctica e as negativas as teremos que corrixir nas seguintes que fagamos, tanto eu coma eles, xa que tamén eu cometín erros nesta posta en práctica.

OS EQUPOS E OS SEUS NOMES

VIVALDI

Emma
Luis
Lucía L.
Martín
Candela B.

CLOE

Sara
Clara
Anxo
Sofía

PACMAN GENIAL

Adrián
Julia
Candela V.
Yésica

MOZART

David
Dubi
Irene
Hugo

MAR

Lucía P.
Marisol
Gonzalo
Diego

DAVID BISBAL

Nico
Breixo
Luna
Daniel



lunes, 22 de septiembre de 2014

HORARIO

Hoxe na reunión díxenvos o horario pero falei un pouco rápido. Aquí o tedes para que non queden dúbidas. Recordade que o luns é o día que teñen que vir con roupa e calzado deportivo.

 LUNS: Psicomotricidade na segunda sesión de 9:50-10:40 (Xoán e Lucía). Inglés 12:20-12:45 (María Jesús) 

MARTES: Música 12:20-13:10 (Vicente)

 MÉRCORES: Inglés de 12:20 a 12:45.

 XOVES: Relixión/Atención Educativa: 9:00-9:50.(Rosa/Lucía)

 VENRES: Encerado dixital 9:00-9:50. (Xoán)

BIBLIOTECA (4 ANOS)

Os nenos e nenas de 4 anos os luns despois do recreo visitan a biblioteca e alí descobren marabillosas historias a través dos contos. Hoxe a profe Ana contoulles CHIVO CHIVÓNS.

PRIMEIRA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Os luns na segunda sesión temos psicomotricidade e hoxe fixemos a primeira visita ao ximnasio do curso.

viernes, 19 de septiembre de 2014

MAIUSCULAS E MINUSCULAS

Empregaremos este xogo Lim que atopei na rede a semana que ven para o repaso das letras e para seguir introducindo as minúsculas.

ANXO E GONZALO

Como xa sabedes este ano xa non están connosco Carol e Darius, pero xa volvemos a ser 25 outra vez. O venres pasado empezou Anxo e onte Gonzalo.
Anxo xa leva unha semana e a verdade é que se adaptou moi ben desde o primeiro día. Gonzalo ten unha ventaxa e é que xa coñecía a Anxo xa que veñen do mesmo cole e da mesma clase, aínda chegou onte, pero de momento tamén a adaptación ao grupo está sendo boa. BENVIDOS!!!!

miércoles, 17 de septiembre de 2014

NOMES

Estos primeiros días de cole estamos volvendo ao ritmo de traballo pouco a pouco. A algúns estalles costando máis a outros menos... e estamos repasando cousas que aprendimos o ano pasado.
Este ano cambiamos as etiquetas da clase polas minúsculas e estamos practicando cos nosos nomes.




MANDA NARICES

Onte traballamos co conto "MANDA NARICES" en xeral gustou moito e a pesar de ser bastante longo quedámonos con moitos detalles do conto. Xa somos uns profesionais analizando contos.



jueves, 11 de septiembre de 2014

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Os pais e nais de 4 anos C (clase de Ana) terán a reunión o luns 15 de setembro ás 17:00 ao igual que todas as aulas de 4 anos do cole. 
Os de 5 anos C teremos a reunión o seguinte luns 22 de setembro  ás 17:00. Puxémola días distintos xa que hai papis que teñen reunión cos dous grupos.
Enviarei a nota a semana que ven.


BUZÓN

Unha das novidades de este curso é o noso buzón. Podemos escribir mensaxes na casa ou no cole para os nosos amigos e amigas. Hoxe a carteira Candela Blanco tivo moito traballo, o buzón tiña un montón de mensaxes.








miércoles, 10 de septiembre de 2014

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Xa estamos aquí de volta. Eu persoalmente moi contenta por seguir cos nenos e nenas de 5 anos da casiña e podo dicir que Ana tamén cos seus peques.
Este curso seguro que será moi especial incluso seguro que máis que o anterior. É  o último curso de infantil e dicir... XA SOMOS OS MAIORES DE INFANTIL!! temos moito traballo por diante e 9 meses para xogar, aprender, rir, chorar seguro que tamén un pouquiño... e  o que espero é que na balanza o positivo pese moito máis.
Hoxe xa empezou sendo un día especial, o primeiro día de cole, reencontro cos amigos e coas amigas seguro que foi o que máis pesou. Ao chegar había unha pequena sorpresa... a nosa clase cambiou un pouquiño... durante o verán converteuse nunha  clase-cova... e ningún foi capaz de abrir a porta e atravesar a cova en busca de máis novidades, precisaron dunha pequena axuda.
Algúns chegaron un pouco serios como foi o caso de Nico e de Luis pero pasados os 10 minutos iniciais xa estaban coma sempre. Outros ou mellor dicir outras chegaron moi alteradas pero o longo da mañá fóronse tranquilando.
Comezamos a xornada falando das vacacións, das cousas divertidas que fixemos e comprobamos que as visitas as piscinas e as praias non faltaron. Como tampouco viaxes a Sanxenxo, Brasil, Valladolid, Canarias, Corme, Marbella, Pajares... as maletas non pararon.
Despois falamos das novidades da clase como son o buzón de correspondencia que podemos empregar cando queiramos, as pizarras do noso nome polas paredes e cristais para practicar o nome en minúscula e algunha rutina nova máis.
Buscamos as nosas tarxetas dos nomes pola clase e hoxe cada un decidiu o equipo no que quería sentarse e con quen. Algunhas como Candela Blanco e Lucía López por exemplo debíalles gustar moito os seus sitios do ano pasado porque foron os que elixiron.
Despois tivemos que escribir o máis divertido do verán e facer o debuxo, de todo o que falaramos anteriormente... e parece que hai que recordar moitas cousas... porque o resultado en xeral non foi o esperado por así dicilo  pero imos deixar pasar uns días a ver se van volvendo as cousiñas do ano pasado as cabezas xa que parece que quedaron nos destinos dos viaxes.
Merendamos fora como non podía ser doutra maneira coa calor que vai, xogamos no patio, á volta coñecemos a profe nova de inglés, María Jesús, xa que Teresa non da clase aos nenos de 5 anos, está cos máis pequeniños de Infantil. Por último por fin xogamos un pouquiño todos xuntos  nos recunchos que creemos que  están un pouco mellor organizados que o ano pasado, esperamos que a nova organización resulte funcional.


Moitas grazas a todos e todas por as vosas verbas de hoxe mensaxes e demais... e agora xa podo dicir que o blogue CONTINUARÁ....






viernes, 20 de junio de 2014

FIN DE CURSO

Aínda non sei se é o momento de escribir esta entrada, xa que recoñezo que agora mesmo a pesar de ser o inicio das vacacións me dá moita pena que se remata o curso, pasou voando!!!! Hoxe foi ademais dun día emotivo, un día de festa!!! un día xenial para eles. Chegamos pola mañá, fixemos as rutinas co profe Xoán, despois estivemos a falar un pouco do día de hoxe, das vacacións de verán, dende o punto de vista positivo, deixando un pouco de lado o das despedidas. Ás 10 estabamos preparados para cantar as 3 cancións aos nenos de 3 anos. Saíronnos xenial, estabamos limpitos, peiteados todos guapos e guapas... non como no segundo pase que de branco, branco algún xa non ía. Despois escoitamos unha canción moi chula que nos cantaron os de 3, e escoitamos un conto que nos contou Pablo, neste momento tocábanos estar de público.
Como os pequeniños da casiña o fixeron tan ben... démoslle un agasallo, un colgante coma o noso. Despois das actuacións chegou a parte da festa gastronómica, como toda festa que se prece en Galicia, se non hai comida... non hai festa, Nico converteuse no camareiro espontáneo servindo aos compis a bebida, a Irene caeulle accidentalmente un vaso de cocacola... e grazas que tiña camiseta interior e saímos do paso. Despois de comer e beber baixamos ao patio a xogar Como xa me coñecedes son de deixalos facer... e leváronse a miña cámara ao patio, as fotos do patio están feitas por eles mesmos, algún ata utilizaba o zoom, outros xa lles chegaba con que non lles saísen movidas, ou co dedo en todo o obxectivo... Eu non saquei ningunha, e hai fotos chulísimas e a cámara segue funcionando. Co pouco que me gusta posar a mín e esta vez tocoume estar ao outro lado da cámara. Á volta do patio pasamos pola clase de Ana xa que alí era onde estaba a comida, comemos un pouco máis para repoñer forzas... regresamos á nosa clase, estivemos de charla de novo e xa chegou a hora dos papis... e aí xa sabedes o que pasou. Conto un pouco para os que vos perdestes este momento. Esa é a pena... que non todos os nenos e nenas tiñan un papá, mamá, avós... e ver a cariña de Emma e de Adri especialmente.. pois daba cosita. Pero para iso esta o blog, para que vexades o ben que o fixeron, e aínda que non é o mesmo, dicídelles a Emma e a Adri o ben que o fixeron. Non había unha gran planificación do evento pero o espazo é o que hai e non dá para moito máis... pero eu estou contenta co resultado. As cancións non eran sinxelas, e eran en galego que lles custa algo máis á maioría, e era como un pequeno reto para mín e para eles. Outro punto en contra era a hora á 1 pois non era a mellor hora, entre a calor, o cansos que estaban, que xa o fixeran pola mañá, pero aínda así creo que se esforzaron para que saíse ben. A mín encantoume velos e que os vísedes, compartir un momento así coas familias penso que é importante, tanto para as familias e sobre todo para os nenos e nenas que estaban felices de actuar para vós. Ademais a idea de vir partiu de vós e eu encantada coa proposta, rentabilizamos o ensaio con dous pases. Despois chegou a parte emotiva para min, non me gustan nada as despedidas, porque non as levo nada ben como puidestes comprobar, pásame un pouco como á mamá de Breixo, e só dicir que me quedo un pouquiño de cada un dos vosos peques, lévome un montón de recordos, de risas, de anécdotas, un saco cheo de bicos... a ver como levo a partir de agora non ter os bicos diarios de David, Sara, Candela Vila, Emma, Julia... e os bicos espontaneos de Candela Blanco. Felices vacacións!!!!! MOITOS BICOS PARA OS MEUS PEQUESS!!!!





jueves, 19 de junio de 2014

COLGANTES

Esta semana fixemos uns bonitos colgantes para poñer mañá no "minifestival" da casiña e levarémolos para casa mañá tamén. A Candela B., Candela V.  e a Lucía Pérez xa lles tarda,os querían levar hoxe, e traíano mañá para a actuación dicían. Tamén lles fixemos uns colgantes aos nenos de Ana para darlles mañá de sorpresa.

ANIVERSARIO DUBI, IRENE E NICO

O martes Dubi trouxo uns chuches para repartir xa que o seu aniversario e no verán. Tamén estaban de celebración Nico e Irene xa que pola tarde tiñan a festa do seu anivesario. Pásalles o mesmo que a Dubi que tamén cumpren nas vacacións. Parabens aos tres.



FÚTBOL NO PAVILLÓN

Onte "roubámoslles" un anaco o pavillón aos maiores do cole e fixemos un partido de fútbol. Moitos ao pouco de correr e ver que non tocaban moito a pelota íanse á bancada a animar os que xogaban. Os que non pararon de xogar foron Nico, Luis, Hugo, Dubi, Carolina, David... Todo hai que dicir que a pista se nos facía moi longa... polo menos a mín que non debo estar para tantas carreiras, os que xogaron ata o final non se queixaban. Xa están preparados para as clases de Educación Física de primaria.

lunes, 16 de junio de 2014

"EL PEQUEÑO CONEJO BLANCO" e "LA ESTRELLA DE LAURA"

Hoxe tivemos unha visita fantástica. A mamá de Sofía, Natalia, veu a contarnos dous contos que a Sofía a súa irmá Lucía gústalles moito. En primeiro lugar "El pequeño conejo blanco" e en segundo lugar "La estrella de Laura". Despois dos contos fíxonos varias preguntas e demostramos estar moi atentos xa que entre todos as respondemos moi ben. Moitas grazas Natalia por unha sesión diferente e participar con nós desta maneira.




A GORRA DE NICO

Hoxe no patio xurdiu un problema: Nico xogando lanzou a gorra e quedou na rama dunha árbore.
A primeira solución que se lles ocorreu para resolvelo foi chamar á profe, pero a profe non era a solución.
Estaba moi alta e a profe tampouco chegaba, dicíanme salta, nin saltando... entón propúxenlles pensar outra solución.
Saíron varias, e animeinos a probalas. Mover unha rama, mover o tronco, escalar pola árbore... estiveron a probar. Ocorréuselles chamar á profe Sandra que era máis alta ca min dicían, pero tampouco... outra solución era segundo Nico pedirlle axuda ao papá de Breixo que era moi alto  (o del tamén era alto pero estaba en Brasil entón non podía vir dicía); coller unha escaleira, pero non tiñamos escaleira, lanzar outra gorra a ver se lle daban e caía, pero aí tiven que intervir porque xa tiñamos un problema cunha gorra, se se engancha outra teriamos dous... e decidiron que non era boa idea.
Levaron  á práctica todo o que se lles ocorría, todo agás a solución de Breixo que non se cortou un pelo, había que talar a árbore e solucionado.
Máis tarde Hugo dixo que ao mellor lanzando un zapato que pesaba máis que unha gorra podían darlle e caer... e sacouse un tenis e empezaron a lanzalo... e estiveron a punto de darlle en varias ocasións, isto xa era un reto en toda regra. Pero chegou o segundo problema o tenis de Hugo quedouse máis arriba que a gorra de Nico.
Tiñamos que conseguir un pau longo dicían... e por fín ocorréuselles que sería boa idea ir a buscar unha vasoira!!!!
Problemas cotiáns como este se llelos resolvemos á primeira e non os facemos pensar perderiamos todo este rico proceso. É moi importante que pensen e resolvan eles, aínda que as veces teñamos que ofrecerlles pequenas axudas.




DESPEDIDA DE DARIUS

O venres foi un día especial e triste ao mesmo tempo. Era o último día de cole para Darius xa que hoxe día 16 de xuño íase a Arxentina, pero non de vacacións como Sofi, múdase a vivir alí coa súa familia.
E foi especial porque trouxo un biscoito para facer unha pequena festa de despedida, tamén levamos as bandeiras que fixeran algúns no recuncho creativo co motivo do mundial. A idea foi de Hugo e como gustou fóronse animando os demais a súa iniciativa. As máis numerosas as de España, pero Darius fixo unha de Alemania, Sofi de Brasil, Nico dúas unha de Brasil e outra de España... é unha clase moi futbolera, en realidade os futboleros  son Hugo e Nico e contaxian un pouco aos demais.


A ALEGRÍA DA CASA

A semana pasada estivemos plantando estas fermosas plantas




lunes, 9 de junio de 2014

PLANTANDO

Os nenos e nenas de 3 anos estiveron plantando...


PAPEL MACHÉ

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente os nenos e nenas da casiña,  os de 3 anos e os de 4   fixemos unhas figuriñas con papel de xornais vellos mollados. Temos que darlle as grazas ao profe Xoán xa que foi o impulsor da actividade.
Este foi o proceso e o resultado...
OS DE 4 ANOS:


domingo, 8 de junio de 2014

viernes, 6 de junio de 2014

AS SUMAS E O ÁBACO

Neste terceiro trimestre iniciámonos coas sumas. Estamos facendo sumas sinxelas aínda que coa axuda do ábaco esta semana algúns e algunhas xa fan outras máis complexas. Algún quería levar o ábaco para a casa xa que era un invento fantástico dicía.


miércoles, 28 de mayo de 2014

ENCANTADOS CON TANTOS CONTOS

Hoxe lemos a primeira hora o conto de Bambi que trouxo Breixo e despois do recreo "Ricitos de oro y los tres ositos" que trouxo David. Temos outro preparado para mañá "Onde está orelliñas?" que trouxo Julia con debuxo incluido.
Por outro lado dicir tamén que despois do recreo comezamos unha manualidade co profe Xoan utilizando papeis de xornais vellos para celebrar o Día do Medio Ambiente proximamente, como somos 25 levaranos varias sesións e por iso comezamos hoxe, xa que necesitamos bastante tempo para levala a cabo.

Festa Fin de curso ANPA

martes, 27 de mayo de 2014

A HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS

Hoxe tivemos a sorte de ter unha visita moi especial. Visitounos a mamá de Breixo, Raquel, para contarnos un conto aínda que en realidade foron dous contos. O primeiro "LOS TRES CERDITOS"  en dúas linguas, primeiro en castelán e despois en inglés e o segundo conto "A HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS" que é outra versión do conto orixinal dos tres porquiños.
Moitísimas grazas Raquel por compartir ese momento connosco.