lunes, 23 de febrero de 2015

"MUJER Y PÁJARO"

Hoxe comezamos a facer a nosa primeira escultura... como sempre que se pode empregando materiais de refugallo, neste caso os restos da tea dos disfraces e xornais. Para ver o resultado final haberá que esperar... As fotografías son cortesía de Nico e Candela Vila.

y más MIRÓ!!!

A escultura "MUJER Y PÁJARO" da moito xogo e Emma e Clara trouxeron a súa propia réplica feita na casa. Por outro lado Emma tamén trouxo un xogo feito de Miró moi chulo co que temos que debuxar ao estilo Miró. Hoxe xa xogamos unha partida, outro día máis...

viernes, 20 de febrero de 2015

AUTORETRATO

Hoxe traballamos con 3 cadros de Miró autorretratos, falamos do que é un autorretrato, fixemos un autorretrato cada un, e despois fixemos a pincel o autorretrato de Miró de 1937.

ENTROIDO

Resumo festa do entroido:

PLANTANDO FRESAS

Onte fomos por primeira vez ao invernadoiro e estivemos plantando fresas co profe Xoán.

ANTIFACES, TALLER DE PINTURA DE CARA E SAN VALENTÍN

A semana pasada tivemos moito traballo. O día de San Valentín fixemos un corazón a unha persoa da nosa familia. Algúns fixéronllo a mamá, algún a papá, outros a algún avó, a toda a familia, a unha irmá...




Tamén fixemos uns bonitos antifaces co motivo do entroido.








E por último un taller de maquillaxe

domingo, 8 de febrero de 2015

ELABORACIÓN DOS DISFRACES

É importante que eles participasen tamén aínda que sexa cunha pequena aportación na elaboración dos disfraces. Eles encantados... non hai máis que observar as súas caras de concentración recortando e pintando (orellas e barrigas).

ANIVERSARIO DO IRMÁN PEQUENO DE MARTÍN: DANI

Dani estivo de aniversario, cumpliu 4 anos, e como ten moitos amigos e amigas na nosa clase trouxonos uns gusanitos, grazas Dani e Martín.

SARA E MIRÓ

Canta sorte temos!!! Resulta que a madriña de Sara vive en Barcelona e visitou a Fundación Joán Miró e envioulle a Sara un rico material que nos será moi útil. Planos de Barcelona indicando onde están varias obras de Miró, un xogo de memoria con cadros de Miró, o libro Mironins... Moitísimas grazas a Sara e a súa familia
.

martes, 3 de febrero de 2015

A CANDELARIA

Onte Candela Blanco trouxo unha tarta para celebrar o seu Santo e o de Candela Vila loxicamente, e así a paparon estos lambóns!!

O XARDÍN DE MIRÓ

A semana pasada traballamos o cadro O XARDÍN DE MIRÓ, pero esta vez pintamos un cadro entre todos.

DÍA DA PAZ

A celebración do día da paz quedou cancelada polo mal tempo, pero na clase o traballamos igual.
A nivel cole fixemos un mural precioso cunha poesía. Os nenos e nenas de infantil aportaron as bolboretas. E cada neno e nena do cole un bico...500 bicos!!!!!





IRENE E MIRÓ

Irene fixo este fermoso cadro de Miró con axuda da súa nai: " LA BAILARINA" e tamén a escultura "MUJER Y PÁJARO"

A VISITA DA PINTORA MÓNICA CARBÓN

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a mamá de Dubi. Entrou á clase como a mamá de Dubi pero en poucos minutos xa era a pintora Mónica Carbón. Ensinounos as súas ferramentas de traballo, o caballete, a paleta, os pinceis... explicounos porqué se necesitan tantos pinceis e diferentes, tocámolos...Falounos das 4 cores básicas para pintar e con eses podía facer calquer cor. Trouxo 3 cadros, un rematado, un que estaba a medias que o estaba a pintar con Dubi e outro que estaba empezando. Neste último tivemos a sorte que nos deixou pintar como auténticos pintores con boina incluída. Moitísimas grazas Mónica, estou segura de que aprenderon un montón sobre o traballo dos pintores. Así que xa sabedes, encántannos as visitas, e non se pasa nada mal con eles/as, o pode dicir Mónica que cos piropos que recibiu saliu cun sorriso. Aproveito para seguir dando as grazas a todas as familias por toda a participación no proxecto de Miró que como sempre é moita.


BREIXO ESCRITOR E ILUSTRADOR

O noso Breixo escribiu o seu primeiro conto. " EL GRAN PÁJARO LOCO".