martes, 27 de enero de 2015

OS OFICIOS (4 ANOS)

Os nenos e nenas de 4 anos comezaron un proxecto sobre os oficios. Para levar a cabo un proxecto é importantísimo a colaboración das familias para que as actividades sexan o máis significativas posibles para os pequenos. Como se pode participar e colaborar? Aportando a información que teñades na casa, xogos relacionados coa temática, contos, algunha ferramenta de traballo... o que se vos ocurra, e se algún se anima a facer unha visita para contarlles en qué consiste o seu traballo sería fantástico. Sexa cal sexa, desde amas de casa, enxeñeiros, albaneis, electricistas... o que sexa... Serviralles para valorar todos os traballos por igual e é importante que os valoren, sexan dentro ou fóra da casa. Que eles traian algún material, relacionado co tema... tamén é un factor moi motivante e coa motivación en marcha xa temos moito gañado. Moitas grazas pola participación.

DECORACIÓN

Hoxe estivemos facendo series para decorar, coidando un pouco a estética como artistas que somos.

ANIVERSARIO DA PROFE ANA

Onte foi o aniversario da profe Ana, e non trouxo un biscoito só para os seus nenos e nenas. Trouxo un biscoito para nós tamén, o tomamos á volta da excursión e agradecémoslle o xesto cun debuxo e unha mensaxe de cada un co que formamos un libro de agasallo. Parabens Ana e grazas.

CASA DAS CIENCIAS

Na excursión pasámolo moi ben, primeiro estivemos no planetario e despois no museo. No planetario algún ao sentarse dicía, e... ¿para onde hai que mirar? PARA ARRIBAAAA!!!!
Despois disfrutamos do recreo no parque de Santa Margarita, un parque chulísimo e moi divertido.



MÁIS COUSIÑAS DE MIRÓ

Nico coa súa familia tamén estivo traballando tanto a vida como a obra de Miró.

Outros nas súas casas fan replicas de cadros de Miró e os expoñemos na aula despois de falar do título, que cousas observan, como o chamarían eles...

miércoles, 21 de enero de 2015

"MUJER ANTE EL SOL"

Esta semana estamos traballando o cadro "Mujer ante el sol".

ANIVERSARIO DE ANXO

Outro dos maiores da clase xa ten 6 anos, PARABENS ANXO!!!!

MIRÓ NAS VOSAS CASAS

Sodes moitos os que estades a traer cousillas de Miró. Adri e Gonzalo trouxeron replicas de cadros de Miró feitos por eles mesmos, Clara fotos nas ramblas en Barcelona nunha pintura de Miró, David a información do cadro "AZUL" de Miró, Lucía Pérez montones de fotos de imaxes de cadros de Miró e información da súa biografía, Sara un libro da súa madriña... Moitísimas grazas a todos... Aquí está Sofi cun traballo sobre Miró que fixo coa súa mamá e trouxo hoxe ao cole.

lunes, 19 de enero de 2015

REIS MAGOS (SEGUNDA PARTE)

Faltaban fotos do día dos Reis Magos, e precisamente as máis importantes... as que están cos Reis e cantando a panxoliña. Tarde pero aí van...


MURAL DO INVERNO

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron un mural chulísimo do inverno. E aí está o resultado:


domingo, 18 de enero de 2015

CADRO LIBRE

O venres na última sesión do día quixeron facer un cadro empregando a súa imaxinación, e os materiais da aula que eles quixeron. Algúns remataron, outros non, e a maioría quédalles poñer o título da súa obra o luns.

PRIMEIRO CADRO TRABALLADO DE MIRÓ

O primeiro cadro que traballamos de Miró é "AMANECER" Falamos das cores que precisamos, cales son primarias, cales se poden facer... e por último o máis divertido pintar con pincel que lles encanta a todas e todos. Pintámolo en dúas sesións, na segunda tíñamos que esperar que estivese seco para os detalles máis pequenos.

CADRO COMPOSICIÓN

Antes de visualizar ningún cadro, para que non estivesen influenciados fixemos esta actividade. Tiñan nas súas mesas unha folla de cor, e moitos papeis de papel charol de cores, tesoiras e pegamento. Cada un tiña que pensar que cadro quería facer, que pezas necesitaría, recortar coa forma axeitada, pegalas e por último poñerlle un título ao seu cadro como calquer artista que se prece. A verdade é que son uns grandes artistas.

INICIO PROXECTO MIRÓ

Unha vez establecidos os equipos comezamos o novo proxecto falando un pouco sobre Miró e elaborando unha nota para as familias para recoller a información necesaria.

EQUIPOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Xa temos os equipos deste trimestre e os seus nomes que cada equipo elixiu por consenso. EQUIPO CORAZÓN: Lucía Pérez Irene Anxo EQUIPO HADA MARIPOSA: Candela B. Emma Dani Gonzalo EQUIPO DESAFÍO CHAMPIONS: Nicolás Hugo Luna Lucía López EQUIPO ZAC FESI: Breixo Yessi Sara Diego EQUIPO OSA FLOR: Candela Vila Julia Martín Clara EQUIPO SOL: Adrián David Sofi Luis Así o fixeron:

jueves, 8 de enero de 2015

VOLTA AO COLE E ANIVERSARIO DE LUNA

Hoxe volvemos ao cole despois das vacacións. Chegamos coas pilas cargadas, contentos e houbo bicos e abrazos. Na primeira hora a profe Rosa contounos un conto sobre os xoguetes, e a importancia de recollelos. Escoitámola moi atentos e despois falamos do que fixemos durante as vacacións... ata que Gonzalo dixo: "¿Qué pasa que ninguno no tiene muchas ganas de contar lo que os trajeron los Reyes?" e a partir de aí agasallos e agasallos...


Despois escribimos o que fixemos no Nadal e fixemos un debuxo sobre o mesmo. Na hora da merenda chegou a hora de celebrar o aniversario de Luna, a maior da clase, Luna xa ten 6 anos!!!


miércoles, 7 de enero de 2015

REIS MAGOS

Despois desta desconexión total... Aquí están as fotos recuperadas!! Mañá estamos de volta!!!!! FELIZ 2015 A TODAS E TODOS!!