domingo, 29 de septiembre de 2013

REMATAMOS COAS MASCOTAS

Despois de que Candela B. trouxese as fotos das súas mascotas, nas que había  peixes, tartarugas, un can, un gato... e nos falase deles, quedamos moi sorprendidos de que puidese ter na súa casa tantas mascotas. Breixo presentounos a Momo con dúas fotos moi fermosas,  Irene a Kaisser e por último o venres Lucía L. trouxo a foto dunha egua e un canciño e tamén nolos presentou. A palabra egua non a coñecía ningún neno e nena da clase, ata ese momento a femia dos cabalos eran "caballas" como nos dixo Dubi moi segura. Con estas últimas mascotas que incorporamos rematamos o mural o venres.





 Tamén lemos o conto "MI MASCOTA TOTÓ" que nolo trouxo o profe Xoán.






Con él falamos dos chips, e máis tarde (despois de falar co profe sobre o tema) non debeu quedar moi claro o que era porque estas foron as respostas:
DAVID: Un granito de arroz que llevan los gatos y los perros en la espalda para que los conozca la gente.
HUGO: Se echa un granito en el cuello para que la carne se vaya para un lado.
SARA: Es una cosita que llevan los perros en la espalda para que no se escapen.
JULIA: Es un granito de arroz que se ponen los perros en la espalda para meter cositas.
CANDELA B.: Una cosa que pone las cositas del perro, su nombre, su dueño...

DUBI: La yaya Mari encontró un perrito suelto y lo dejó ahí, no sé si tenía chip.





lunes, 23 de septiembre de 2013

APARECERON OS PRIMEIROS PIOLLOS

Revisade as cabezas dos nenos e nenas na casa porque xa apareceron os primeros visitantes do curso: os piollos.

A QUE SABE A LÚA?

Despois de que o profe Xoán nos contara o conto de A QUE SABE A LÚA? comezamos un móbil onde tiñamos que poñer todos os animais que aparecen no conto



sábado, 21 de septiembre de 2013

As nosas mascotas...

Despois de falar sobre mascotas comezamos a coñecer as mascotas dalgúns nenos e nenas da clase...Os cadelos dos avós de Sara Luna e Candy; o can de Irene Kaisser; a gatiña de Clara Micha e os  peixes de Nico Coco e Zephy! Falamos de que comían, e quedamos coa dúbida de que comían os peixes de Nico, pero díxonos que o  ía investigar e xa nolo contaría.Así comenzamos o mural....


jueves, 19 de septiembre de 2013

VISITA Á HORTA

Aproveitando o bo tempo tempo destes días visitamos a horta do cole, alí collimos tomates cherrys co profe Xoán e os nenos e nenas que quixeron comer un deles puideron faceron, a cara dalgún deles nese momento o di todo, por exemplo Sofía e a cara atenta de Adrián nalgunha das fotos... Tamén había algunha fresa pero non chegaban para todos, entón como era o cumple de Javi foi o único afortunado que puido comer unha.



















O PRIMEIRO DÍA DE COLE!



E chegou setembro e hai que volver ao cole, pero esta vez xa na clase de 4 anos. Agora somos os maiores da casiña. Uns chegaron máis contentos que outros pero pouco tempo despois xa estábamos todos moi contentos coa volta. Había moitos cambios, non estaban a profe Iria nin a profe Pilar, e tíñamos unha profe nova. Ademáis estábamos todos xuntos na mesma clase polo que necesitamos un tempiño para coñecernos ben e adaptarnos todos, a profe e os nenos e nenas.
Nestes primeiros días tamén houbo unha mala noticia e é que tivémonos que despedir do noso amigo Javi que se foi para outro cole máis preto da súa casa, moita sorte Javi.