miércoles, 28 de mayo de 2014

ENCANTADOS CON TANTOS CONTOS

Hoxe lemos a primeira hora o conto de Bambi que trouxo Breixo e despois do recreo "Ricitos de oro y los tres ositos" que trouxo David. Temos outro preparado para mañá "Onde está orelliñas?" que trouxo Julia con debuxo incluido.
Por outro lado dicir tamén que despois do recreo comezamos unha manualidade co profe Xoan utilizando papeis de xornais vellos para celebrar o Día do Medio Ambiente proximamente, como somos 25 levaranos varias sesións e por iso comezamos hoxe, xa que necesitamos bastante tempo para levala a cabo.

Festa Fin de curso ANPA

martes, 27 de mayo de 2014

A HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS

Hoxe tivemos a sorte de ter unha visita moi especial. Visitounos a mamá de Breixo, Raquel, para contarnos un conto aínda que en realidade foron dous contos. O primeiro "LOS TRES CERDITOS"  en dúas linguas, primeiro en castelán e despois en inglés e o segundo conto "A HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS" que é outra versión do conto orixinal dos tres porquiños.
Moitísimas grazas Raquel por compartir ese momento connosco.







MÁIS CONTOS

Martín trouxo un libro moi especial un ATLAS DO ESPACIO. Non é un conto e falamos de porqué non era un conto. O estivemos a mirar un pouco e sérvenos para repasar o que aprendemos no segundo trimestre e para aprender algunha cousa nova.
Tamén Sofi trouxo outro libro, un conto chamado "TÚ TIENES LA CULPA DE TODO" co que aprendimos que non podemos botarlle a culpa aos demais de todo o que nos pasa.
Moitas grazas chicos!!!
Mañá leremos Bambi que trouxo Breixo.

domingo, 25 de mayo de 2014

ESCRITURA




Hai que valorar as producións que fan os nenos, estean na etapa que estean, para que así sigan realizándoas e poder avanzar. Se os corriximos continuamente o que conseguiremos é darlles a mensaxe de que non saben e deixarán de facelos e isto provocará unha inhibición  do proceso de escritura dándolles nós o que escribo e como o escribo. Unha cousa é transcribir o que escribiu e outra corrixilos.
É doado pensar que se non o corrixo non avanzará, pero é que xa fan outras actividades diferentes para avanzar. O momento de escritura libre é para que se solten e pensen eles o que van escribir e como o van escribir, non debemos facer nós ese proceso por eles.


Considero importante indicar as etapas polas que pasan os nenos para así poder entender os súas escrituras. Pode ser útil  esta entrada no blogue  sobre todo porque ultimamente levan as mensaxes dos encargados, e outros materiais escritos por eles e para poder entender o porqué escriben así.



Antes da etapa de hipotesispre-silábica non hai comprensión de simbolismo nas letras, polo que non diferencian letras de debuxos. Gradualmente irán avanzando cara ao nivel seguinte.


HIPOTESIPRE-SILÁBICA


Nivel 1:

Diferencia letras e números doutro tipo de debuxos.

Reproduce os trazos imitando os trazos de manuscrita ou imprenta.



Estas grafías non teñen linealidade, orientación nin control de cantidade.
Nalgúns casos necesita do debuxo para significar os seus textos.


Nivel 2:
Posteriormente, comeza a organizar as grafías unha a continuación da outra.

Só pode ser lida polo seu autor.

Nivel 3:
O tamaño das palabras é proporcional ao tamaño do obxecto.
                                     



Nivel 4:
A- Hipótese de cantidade: non se pode ler algo se non hai un mínimo de cantidade de letras (polo menos tres).
B- Hipótese de variedade: as grafías son diferentes entre si ("letras iguais non serven").

As dúas maniféstanse cedo nas escrituras espontáneas e perduran bastante tempo.
Nun principio, escrituras iguais poden servir para nomes distintos, logo rexeitan isto ("para cousas diferentes necesítanse letras diferentes").
Hai maior definición nos trazos.
Predomina o interese de escribir con imprenta maiúscula.




HIPÓTESE SILÁBICA
- Cada letra ten o valor dunha sílaba.
- Utiliza letras ou pseudo-letras.
HIPÓTESE SILÁBICA-ALFABÉTICA
- É un período de transición, no que se manexan as dúas hipóteses.
- Algunhas letras manteñen o valor silábico- sonoro, mentres que outras non.
- Conviven ambas as dúas hipóteses nunha mesma escritura.


HIPÓTESE ALFABÉTICA
- A cada letra correspóndelle un valor sonoro.


A pesar de que avanzaron na construción do sistema de escritura, esta hipótese non é o punto final do proceso, xa que logo se enfrontará con outras dificultades (ortografía, separación de palabras, etc.).

Resumindo o que quero resaltar é que  cando escriban algo eles, estean na etapa presilábica, silábica ou alfabética felicitalos polo esforzo que están a realizar, iso será clave para que sigan avanzando.



jueves, 22 de mayo de 2014

MUSEO BELAS ARTES

Hoxe os peques da casiña (3 anos)  foron de excursión ao Museo de Belas Artes na Coruña. Acompañados da súa profe Ana e do profe Xoán viron moitas cousas como por exemplo un cadro de Granell, outro de Seoane, un de Picasso e unha escultura chamada xigante de Maside.
Hai que dicir que se portaron moi ben, traballaron moito e que chegaron "cansos coma burros" palabras textuais do profe Xoán.
Aí tedes as fotos da visita...
Fotografías: Xoán Prieto



miércoles, 21 de mayo de 2014

PROTESTA POR UN INSTITUTO NOVO

Xa está a guirnalda de cores elaborada coas mensaxes dos nenos e nenas do cole. Cando baixamos ao patio vimos que xa estaban colocadas as mensaxes e buscamos as nosas.





VOZ DE GALICIA

Hoxe na Voz de Galicia sae a visita de Xabier Díaz con foto incluida, da nosa clase sae Emma, Sofía e Lucía Pérez.

martes, 20 de mayo de 2014

XABIER DÍAZ

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Xabier Díaz, músico do grupo Berrogüetto. Falounos e ensinounos distintos instrumentos de percusión como a pandeireta, a pandeira o pandeiro cadrado e un de vento como é o acordeón.
Tocou distintas pezas para o alumnado de infantil ademais de ensinarnos unha canción, todo un luxo. Por último despois do recreo tocou para todo o alumnado do cole no patio. Foi un día xenial!!!!!! 
Ademais de agradecerllo ao propio Xabier tamén á profe Aurora que foi quen organizou e conseguiu a visita.















<

lunes, 19 de mayo de 2014

OS SETE CABRITOS

Hoxe limos "OS SETE CABRITOS" que é o conto que traballaremos esta semana.
Comezamos despois da lectura cos personaxes do conto e fixeron o debuxo do que máis lles gustou.

viernes, 16 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana estivemos traballando aspectos relevantes á vida de XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO. Parte deste traballo foi o mural que elaboramos entre todos os nenos e nenas da "casiña".


miércoles, 14 de mayo de 2014

DÍA DA FAMILIA : 15 DE MAIO

O 15 de maio é O DÍA DA FAMILIA, e cada neno e nena fixemos un ramiño de 3 calas, seguimos coas flores.... xa que estamos na estación das flores. Aí vai o proceso...

UN NOVO INSTITUTO EN CULLEREDO

É sabido por parte de todos a problemática da falta de un novo instituto no concello de Culleredo. As ANPAS dos distintos coles  están levando a cabo distintas iniciativas para conseguir o obxectivo. A seguinte é unha protesta o mércores 21 deste mes elaborando unha guirnalda de cores con debuxos e mensaxes dos nenos e nenas dos tres colexios de Culleredo.
Hoxe falamos deste tema cos nenos... e eles elaboraron as súas mensaxes de porqué necesitamos un instituto novo. Como dixo Nico  "estos mensajes hay que llevárselos al que manda para que se los de al que construye".




martes, 13 de mayo de 2014

DÍA DE EUROPA

A semana pasada para celebrar o DÍA DE EUROPA un grupo de nenos e nenas de primaria  tocaron para os de infantil O HIMNO DA ALEGRÍA.
Aí vai un pedaciño...


domingo, 11 de mayo de 2014

CONTOS

A semana pasada ademais de traballar "O GATO CON BOTAS" limos dous contos que trouxeron Sara e Emma "MISTER GORDON" e "COSAS QUE ME GUSTAN DE MI FAMILIA". Gustáronnos moito grazas.



CONTACONTOS

O xoves tivemos a sorte de ter a visita dun contacontos no cole que  contou "O HOME DO SACO".


miércoles, 7 de mayo de 2014

ANIVERSARIO DE BREIXO

En maio tocoulle a Breixo celebrar o seu quinto aniversario e o fixemos cun rico biscoito con chocolate.







O GATO CON BOTAS

A semana pasada tocou traballar co conto AVÓS e esta estamos con "O GATO CON BOTAS" de Xosé Ballesteros.
Onte fixemos unha primeira lectura sen imaxes e unha segunda con imaxes. Hoxe recordamos o inicio e o final do conto e falamos dos personaxes.






lunes, 5 de mayo de 2014

TERCEIRO TRIMESTRE: CONTOS

Este trimestre estamos traballando os contos. A partir da lectura dun conto traballamos  os principios e os finais, o nudo, os personaxes...
Primeiro facemos unha primeira lectura na que teñen que centrar a atención na historia, sen imaxes, para que poidan imaxinar cada un os personaxes, as situacións, e non centren a atención no debuxo.
Nun segundo momento observamos as ilustracións e son eles os que contan a historia do conto a partir dos debuxos.
Por último facemos un análise do conto. Escribimos  o título e o autor, facemos un debuxo do que máis nos gustou, indicamos se nos gustou o conto. A partir de aí traballamos palabras clave do conto como poden ser os personaxes.

A ficha que amoso a continuación (parte do conto AVÓS)e  a fixeron individualmente .para que cada un tivera que pensar e non tivesen a tentación de mirar o que facía outro compañeiro ou compañeira. Dínlles primeiro as letras de AVÓ e as tiñan que colocar enriba dunha folla doutra cor. Cando consideraban que xa poñía AVÓ avisábanme e eu axudáballes a ler o que puxeran. Por exemplo se tiñan AOV líamos xuntos e despois deixáballes a A que era a correcta e tiñan que buscar outra solución e o mesmo procedemento. Cando xa pegaban AVÓ pasamos a palabra AVOA. Foi moi interesante observalos e como se decataban dos erros.
Nin que dicir ten que  poden traer contos da casa o longo deste trimestre e tamén se vos animades encantados de que algún familiar veña a ler algún.



Tamén traballamos os personaxes escribindo e debuxando.






ACUARELAS

Hoxe incorporamos no recuncho creativo un novo material: acuarelas. Este recuncho segue sendo o favorito da maioría e co novo material moitos querían probalo. Pero os que tiveron hoxe a oportunidade foron Luis, Sofía e Emma. Recordo que cada día tócalles ir a un recuncho e teñen que ir cambiando o longo da semana. O que fan neste recuncho son creacións libres, como din eles ARTE.



domingo, 4 de mayo de 2014