viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Despois da lectura de diferentes manifestos así como dun conto por parte do alumnado de primaria chegou a hora máis esperada polos máis pequenos do cole, a hora da canción "Queremos Paz" de Maná que tanto escoitamos na nosa clase as últimas semanas.













Antes de baixar ao patio fixemos o último ensaio:





O SISTEMA SOLAR

Hoxe antes de celebrar o día da Paz rematamos o mural do Sistema Solar, e así quedou:









jueves, 30 de enero de 2014

O MURAL DO DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

Anteriormente fixemos a nube para o mural da paz. E así quedou o mural elaborado por todo o alumnado do colexio, fermoso, non? e o mellor é que participaron todos os nenos e nenas.

A VOLTAS COA TERRA...

Estes días entre o proxecto do mundo e os traballos do DÍA DA PAZ estivemos moi ocupados.  Ademáis das bólas do mundo que xa tiñamos na clase, a do cole, a de Candela B., de Nico, Martín, Yessi, David trouxo unha bola da terra interactica coa que aprendimos moito. Xa coñecemos os continentes, algúns océanos, algúns países e onde están, falamos da selva Amazonas, do deserto do Sáhara, do Everest... Estamos viaxando sen sair do cole.
E hoxe Emma trouxo outra terra diferente...unha terra xigante na que podíamos pintar os países, os océanos... Emma comezou o traballo na casa e nós seguimos no cole. Estaban todos encantados de poder participar na actividade.
Hai que dicir que entre que Emma tiña tantas ganas de ensinarlle aos demais o que trouxera e os demais moita curiosidade por ver o que era, aínda que os xoves temos relixión e atención educativa... non puidemos esperar para ver o que había na bolsa, de aí que esté a profe Rosa (de relixión) nas fotos.
Mil grazas a todas as familias, xa que sen a vosa colaboración isto non estaría funcionando así de ben.
En canto o Día da Paz xa que choveu durante toda a mañá tivemos que aplazalo para mañá. Aínda que iso non impediu que falasemos sobre que é a paz e de persoas tan importantes como foron Nelson Mandela, Teresa de Calcula e Mahatma Gandhi, así como facer cada un a súa pomba da paz.


martes, 28 de enero de 2014

QUEREMOS PAZ

Seguimos cos ensaios de "QUEREMOS PAZ" coas maiores do cole esta vez tamén cos pequenos; así como con outros traballos para colaborar na decoración do cole neste día tan especial.

BIG BANG

Falando da teoría da creación do universo ao profe Xoán ocorréuselle o xeito de poder visualizalo. Non sabemos moi ben con que idea se quedaron o que si sabemos é que as risas non faltaron como tampouco faltou a pintura sobre a cara, pelo e roupa de algúns, a miña incluída.
Temos que darlles as grazas a Xoán, aínda que non lle guste ser o prota desta entrada do blog, non lle queda outra porque comparte moito tempo connosco, e levamos a práctica estas ideas marabillosas que ten.



ANIVERSARIO DA PROFE ANA (3 ANOS)

A profe Ana tamén estivo de aniversario e para celebrarlo trouxo unha fermosa tarta en forma de tren na que os viaxeiros eran os pequenos e pequenas da súa aula


jueves, 23 de enero de 2014

TRABALLO COOPERATIVO

Tocou volver ao traballo cooperativo e fixemos de novo LETRAS AO CENTRO.


ENSAIO

Un grupo de nenas de sexto ensináronnos hoxe unha coreografía para a canción da paz QUEREMOS PAZ, e este foi o ensaio...

A RECTA DOS NÚMEROS (continuación)

Hoxe a nosa recta dos números creceu moito. Tiñan moitas ganas de chegar ata o 31 para que eu puidera poñer o meu  nome.
David puxo os dos seus primos Inés, Isabel e Jorge, Sara o do seu irmán Carlos, Hugo os seus irmáns Leo e Rubén, Irene a súa irmá Sofía. Déronse conta que o máis pequeno da recta dos números era Carlos, e que Irene e Hugo tiñan algo en común, que era un irmán e unha irmá de un aniño.
Nico estivo pensando mirando para a recta  bastante tempo e chegou a esta conclusión: "Profe cuando nosotros tengamos tu edad tu estarás viéndonos desde el cielo" Él viu tantos anos no medio entre 4 e 31... que non lle chegaba a parede para imaxinar cantos anos podería ter eu cando eles teñan 31. É dicir que  aínda que a súa conclusión non salgo moi ben parada, podo dicir que entendeu perfectamente a recta dos números. Eso sí o seguinte paso será facerlle ver que unha persoa de 58 anos non é tan maior!!!




miércoles, 22 de enero de 2014

O SISTEMA SOLAR





Hoxe despois de traballar o sistema solar na encerado dixital decidimos plasmar o aprendido nun debuxo.

Algúns nenos e algunhas nenas animáronse a escribir tamén algúns nomes de planetas, sol... todo iso sen axuda. Cada día sabemos máis cousas.

O DÍA DA PAZ




Para celebrar o día da paz o 30 de Xaneiro no colexio todo o alumnado fará un mural conxunto. A nós tocounos decorar unha nube do mural e así quedou:




En canto estea o mural montado subiremos unha foto do mesmo.

Tamén todo o alumnado do cole está preparando unha canción para este día:


QUEREMOS PAZ
(Maná) 

Al comenzar el mundo era otro 
sin límites de muros y fronteras 
todo para todos nadie pretendía ná. 

Por pánico se armaron hasta el diente 
y una invasión tenían en la mente 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no! 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos paz, queremos... 

Cuando el amor lo aplasta 
el más fuerte llega el dolor la sangre y la 
muerte 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no!. 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos paz, queremos... 

No, no, no, no , no, no, la guerra... 


A RECTA DOS NÚMEROS

Hoxe comezamos a recta dos números. Para un pequeno ou pequena de 4 anos un número como por exemplo 20 ou o 40 fai referencia a unha cantidade "moi grande" e non perciben a diferenza entre un e outro. Coa recta dos números poden percibir graficamente estas diferenzas.
Comezamos a facela e chegamos ata o 16 (continuaremos nos próximos días) e debaixo deles iremos colocando tarxetas cos nomes deles ou persoas achegadas a eles. Serviralles para aprender os números, as diferenzas entre os mesmos, os anos que se levan entre os seus irmás e irmáns etc...ademais de traballar a escritura escribindo os distintos nomes. Unha actividade moi completa.
Esta actividade é voluntaria para eles e elas. Teñen que ser eles os que queiran participar nela, é dicir, terán a súa disposición as tarxetas para ir incorporando números á recta e facer as tarxetas dos nomes, pero eles deciden se queren participar ou non.
Hai que dicir que hoxe moitos quixeron participar aínda que non todos tiveron tempo para facelo, pero o farán nos próximos días.

martes, 21 de enero de 2014

O PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE: ONDE VIVIMOS?

Este segundo trimestre estamos traballando un proxecto novo denominado ONDE VIVIMOS.
Partindo dos seus coñecementos comezamos a traballar nisto...

ANIVERSARIO DE LUNA

A volta das vacacións do Nadal non faltou ninguén, estábamos os 25 e chegamos con moitas cousas que contarnos.





Tamén celebramos o aniversario de Luna e da profe. E Candela Vila trouxo unhas chuches xa que en decembro cando estivo de aniversario estaba enferma.









lunes, 13 de enero de 2014

EL MUNDO

Proyecto: el mundo
¿Dónde vivimos?
(Conocimientos previos)

IRENE: Vivimos en España que es un planeta azul y verde.
NICOLÁS: En España y es muy pequeñito.
CANDELA V.: Vivimos en la tierra, y es un poco más pequeña que el cole.
DAVID: En la tierra hay gravedad. En la tierra estamos en el suelo y en el espacio flotando
PROFE: ¿ Y qué es eso de la gravedad?
DAVID: que si no la hay flotamos.
IRENE: En el espacio saltamos muy alto y en la tierra estamos en el suelo porque hay una fuerza que es la gravedad.
ADRIÁN: en el planeta no hay solo tierra hay también agua.
JULIA: hay cohetes y astronautas por la luna.
DUBI: también si excavamos hay tubos de agua.
EMMA: en la tierra también hay agua.
NICO: también en el fondo del mar hay tubos para que funcione Internet que los pone el papá de Emma.
ADRIÁN: debajo de la tierra hay tesoros que los ponen los piratas.
SARA: vivimos en el Burgo
PROFE: ¿Y el Burgo donde está?
SARA: en otro lado cerca de mi casita.
ADRIÁN: mi casa se llama el Burgo.
SOFÍA: vivimos en la tierra y en la tierra hay casas.
LUCÍA P.: Yo vivo en el Burgo pero no sé donde está en el mapa.
YÉSSICA: Está en España.
MARISOL: Vivimos en el mundo, en el mundo hay muchas cosas como casas.
MARTÍN: Donde vivimos hay casas.
LUIS: El mundo flota.
DAVID: yo me acuerdo de algunos continentes por ejemplo África, América del Sur, América del Norte, Europa, la Antártida que es el de abajo, y  hay más pero no me acuerdo.
ADRIÁN: también hay uno llamado Popa.
EMMA: y otro Sur.
DUBI: Hay tubos de agua que el agua va muy deprisa.
LUNA: vivimos en la tierra.
HUGO y DARIUS: si es verdad vivimos en la tierra.
HUGO: En España.
PROFE: ¿ Y qué forma tiene la tierra?
DAVID: Círculo, es redonda como una pelota.

A partir de sus respuestas, lo que saben, lo que no saben, lo que les interesa más… y aprovechando que es un tema que despierta mucho su atención vamos a trabajar durante el segundo trimestre "EL MUNDO".
Partiremos a nivel general del planeta tierra, continentes, océanos, países… y nos iremos poco a poco ubicando en él.
Así que todo lo que podáis aportar relacionado con el tema información, cuentos, pelis, alguna visita al aula… lo que se os ocurra que pueda aportar bienvenido será a nuestro rincón del Mundo.