miércoles, 11 de noviembre de 2015

DECORANDO OS BRICKS PARA O MAGOSTO

Os bricks de leite os forramos con xornais para recordar os típicos cucuruchos de castañas e despois cada un decorou o seu.

DÍA DESPOIS DA EXCURSIÓN

Ao día seguinte da excursión estivemos recordando o aprendido, falando de cómo se facían as pelis de debuxos e cada un fixo un boceto dun personaxe para un peli inventado por eles e despois déronlle volume coa plastilina. Algúns tiveron problemas neste paso, facían as figuras planas.

viernes, 6 de noviembre de 2015

BRICKS DE LEITE

O venres da semana que ven celebraremos o Magosto no cole. Precisamos que cada neno e nena traia o luns 9 de novembro a parte de abaixo de dous briks de leite. E dicir con dous briks de leite baleiros os cortamos a metade, os lavamos, poñemos o nome do neno e nena e os traen ao cole o luns. Será para decorar e alí botaran as castañas nun e noutro os desperdicios. Moitas grazas

jueves, 5 de noviembre de 2015

EXCURSIÓN FUNDACIÓN ABANCA

Onte moi contentos e moi contentas fomos de excursión a fundación ABANCA. Alí ensináronnos como se fan as pelis de debuxos animados, foi moi interesante ver todo o proceso aínda que é algo abstracto polo que pode resultarlles un pouco dificil de entender. Primeiro hai que ter unha historia para que os debuxantes a lean e debuxen os personaxes, despois se lle poñe a cor, despois hai que facer unha escultura dos personaxes e ir movendoas pouco a pouco para darlles movemento. Por último fixeron un taller no que fixeron un personaxe con gomets. Este tipo de excursiones son moi importantes non so polo contido a traballar, tamén porque aprenden as normas para estar nos museos, fan que vexan os museos como algo divertido, como fontes de aprendizaxe...

FESTA DO SAMAIN

O día 29 chegaron todos e todas a clase que daba medo velos. Era o día da festa do Samaín. Falamos dos disfraces, fixemos as fotos, xogamos, preparamos a merenda especial con todo o que trouxeron... Tamén era o día do concurso das receitas terroríficas, a participación igual que os anos anteriores foi moi boa, e a decoración das tartas impresionantes.

 A gañadora ao mellor sabor:



A gañadora á mellor presentación:




receitas terroríficas - Kizoa Movie Maker

Resume do día do Samain: 







 Canción do Samain:




jueves, 29 de octubre de 2015

MÉRCORES: TERCEIRO DÍA DA SEMANA DO SAMAIN

Onte fixemos o taller de maquillaxe e baixamos a aula de Música para a escoita dunha poesía e un conto de medo. Taller de maquillaxe: Lectura de conto terrorífico e poesía (grazas a profe Pilar e a profe Adriana)

MARTES: SEGUNDO DÍA DA SEMANA DO SAMAÍN

Seguimos recibindo cabazas, fixemos unha cabaza de Coco, o monstruo das galletas, gracias a familia de David que aportou a cabaza para levar a cabo este marabilloso taller, e ademais fixemos unhas coroas de arañas, aínda que algún tivo algún problema para recortar as patas. Decoración de cabaza: traballo en equipo. Elaboración de arañas: Máis cabazas:

PRIMEIRO DÍA DA SEMANA DE SAMAIN

O primeiro día do Samain rematamos as caretas e tivemos a actuación de Luis Villacillo. Ademáis de recibir cabazas terroríficas.


lunes, 26 de octubre de 2015

ÁBACO

O venres uns valentes pedíronme que lles ensinara a facer sumas co ábaco, porque sabían que o curso pasado traballabamos moito co ábaco. Foron Yeray, Pablo e David. E hoxe outra vez repetiron David, Sara e Yeray... Parece que co ábaco non se cansan.



Primeiro día da semana do Samain

Hoxe chegaron as primeiras cabazas, as de Ainhoa, Jacobo e David. Estiveron contando con quén as fixeran, qué materiais empregaran, como se lles ocorreu a idea de decoralas desa forma... e xa están decorando a entrada da casiña.








Por outro lado o cole xa está coa decoración do Samain, agora temos un cole terrorífico, na entrada, corredores...
Esta é a entrada principal:






LIBRO DE LECTURA

Este fin de semana foi o primeiro que levaron o libro de lectura para a casa. Os venres que o levan son para traer de volta o luns e levan as páxinas marcadas que teñen que repasar na casa. Son páxinas que xa limos no cole, é un pequeno repaso de cousas xa feitas no cole. O máis importante é que sexan responsables das súas cousas, que saiban explicar qué teñen que facer, cando teñen que traer de volta o libro... Por iso esta entrada a fago hoxe e non o venres, porque parte da actividade de levar o libro de lectura para a casa é esa. Levaron tamén un conto para deixar na casa, a maioría acordouse pero algún e algunha despistada trouxo de volta ao cole.

viernes, 23 de octubre de 2015

DECORACIÓN SAMAIN

Esta semana estivemos traballando moito na decoración do Samain, elaboración de caretas para a semana que ven... Este tipo de traballos que eles/as fan encantados, como se non lles supuxese ningún esforzo permítennos traballar as técnicas de pintado, recortado, picado... e cun sorriso na cara pola finalidade do traballo. Non so tíñamos que decorar a nosa aula tamén a aula de música que convertirase a semana que ven no pasadizo do terror. Hoxe levarán unha notiña na que se informa das celebracions da semana que ven. Na aula queremos facer unha gran merenda entre todos o día 29 e para isto pido a vosa colaboración aportando a comida para a festa, non vos pasedes coa cantidade que entre un pouquiño que traia cada neno/a xa chega. Eu encargome da bebida, moitas grazas.

UNIVERSO (continuación)

Todos e todas quedaron abraiados co traballo de Yeray e a súa familia, pero non so co traballo se non coa a súa explicación do porqué de cada cousa. Esta maqueta xiratoria permitiunos observar os movementos dos planetas ao redor do sol do que xa falaramos anteriormente coa lectura de distintos libros e coa maqueta de Lola. Por outro lado Izan tamén aportou un mural decorativo do universo.

martes, 20 de octubre de 2015

lunes, 19 de octubre de 2015

E SEGUIMOS...

Aínda que a semana pasada non subísemos nada no blogue non quere dicir que non traballasemos do universo... para nada foi así... Seguimos mirando os libros que trouxeron, libros tamén da biblioteca, o sistema solar que trouxo Nella, unha das pelis que trouxo Javier, o Mickey astronauta de Pablo, o sistema solar de Jacobo, o foguete de Sara e tamén comezamos a facer unha maqueta do sistema solar no cole.
Temos o recuncho do Universo cheo de cousas que nos axudan nas nosas investigacións.


 
 

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE

Este mes de outubro comezamos as clases de psicomotricidade os martes na última sesión.

ANIVERSARIO DE NURIA

Nuria xa ten 5 aniños e así o celebramos na clase cun rico biscoito feito pola súa nai. PARABENS NURIA!!!


OUTONO

Aínda que o proxecto deste trimestre sexa o universo no nos podemos esquecer da estación na que estamos e fixemos este traballo do outono.


viernes, 9 de octubre de 2015

RECUNCHO NOVO: ORDENADOR

Hoxe inauguramos un recuncho novo, o recuncho do ordenador. Cada día na hora dos xogos a encargada ou encargado ten a posibilidade de ir ao ordenador co seu axudante. Comenzamos hoxe coa encargada Sara e a sus axudante Ainara.

Follas das árbores

O martes 13 de outubro queremos facer un traballiño do outono con follas secas... Xa llo dixen a eles/as para que se sexan responsables das súas cousas. Este é un pequeno recordatorio para as familias que non reciban o recado! Grazas

SEGUIMOS CO UNIVERSO

Esta semana decidimos traballar o tema do universo os martes e xoves despois do recreo, porque todos os días era moito e tíñamos que reducir o tempo de xogo polo que non estaban funcionando ben os tempos.
Grazas o sistema solar que trouxo Lola puidemos ver os movementos dos planetas en torno ao sol do que xa falaramos anteriormente e como é tan gráfico foi moi doado comprendelo.
Ainara colaborou traendo unhas pegatinas relacionadas co tema para decorar o recuncho.







MENSAXES AO ENCARGADO OU ENCARGADA

Empezamos unha nova rutina que é a dos mensaxes ao encargado ou encargada nada máis chegar. Cada día cando entran teñen que coller unha tarxeta na q escribirán o nome o encargada, unha mensaxe e o remitente. Ao principio cústalles un pouco pero pouquiño a pouco será máis doado. Ademais teño que engadir que cometín un erro e quedáronme as tarxetas un pouco pequenas para a súa escritura, a seguinte tanda que lles prepare serán algo máis grandes para facilitarlles o traballo.








jueves, 8 de octubre de 2015

SISTEMA SOLAR, FOGUETE E FASES DA LÚA

Esta semana aprendemos moitas máis cousas sobre o universo grazas a todos os libros que foron traendo, tamén ao sistema solar que fixo Nuria coa súa nai que nos permite coñecer cantos planetas hai, cal é a orde de máis preto ou máis lonxe ao sol, como se escriben os nomes dos planetas... Como é moi visual e témolo colgado no teito podémolo ver en calquer momento do día.
 Tamén temos dous foguetes máis ademais do de David, un enorme que trouxo Adri e outro máis pequeniño que trouxo Xaquín. Isto permitiunos falar da primeira "astronauta" a cadela Laika que orbitou a terra.
 Coa información dos libros falamos do día e da noite, porque as veces podemos ver o sol e outras non, os movementos da terra... a verdade é que en poucos días que levamos xa está dando moito de sí o proxecto. Falade con eles/as na casa a ver que ideas traen.
 Outro tema que tocamos foi as fases da lúa grazas a un marabilloso traballo de Alba coa súa familia.

 Aquí tedes unha mostra do que aconteceu estos días.



lunes, 5 de octubre de 2015

NOVAS APORTACIÓNS

Moitísimas grazas por tanta información e traballos que estades aportando para o proxecto... todo isto permítenos traballar con moitas ganas. O momento no que traballamos o proxecto é despois do plan lector que é despois do recreo e todos e todas están desexando que chegue ese momento para ensinar as súas aportacións.

viernes, 2 de octubre de 2015

Merendamos con mantel

Moi ben as catro familias que se acordaron do que falamos na reunión do mantel.





Merendas ao sol

Aproveitamos os días que vai sol para facer picnics ao aire libre, parece que entra mellor así a merenda.



COMEZAMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO

Esta semana comezamos co proxecto do universo. Primeiro falamos do que xa sabían e do que querían aprender e máis tarde fixemos as notas para as familias para que nos axudaran nesta misión. Estas foron as súas aportacións:
 "¿Qué es el universo?"
 Yeray: " el universo es el mundo".
 Jacobo: " el universo es la tierra".
Nella: "son los planetas y los planetas viven en el mundo".
 Pablo: " los marcianos viven en un planeta".
Alejandro: " es el mundo"
David: "el universo es el espacio, marte, júpiter, saturno, mercurio y el sistema solar, y los satélites que lanzaron en un cohete al espacio y cayeron en un planeta que nadie pudo llegar, que se llama planeta desconocido."
Jacobo: "el planeta es un lugar en un lugar que siempre hemos tenido. No podemos vivir sin él".
 Adri: "que unos astronautas se van a unos planetas muy lejos y se mueren durante un rato".
 Pablo: "los humanos viven en el planeta tierra."
 Javier: " el planeta ayuda a que crezcan los árboles para que podamos respirar y vivir".
 Nuria: "se pueden ir a los lugares donde están los planetas".
 Yeray: " en la luna no hay árboles y allí hay que llevar un casco especial de la luna".
Adri: "en la luna no puedes comer porque llevas el casco.
Ainara: " y porque flota la comida".
Jacobo: "eso es la gravedad".
David: " la vía láctea y las constelaciones son parecidas pero la vía láctea está más lejos que los planetas. También hay rocas espaciales".
Alba: "en Inglaterra hay un espacio".
Yeray: "en la luna saltamos más porque hay más gravedad"

 profe: "Me habláis de la gravedad mucho... ¿qué es eso?"

 Yeray:"no sé. Lo ví en unos dibujos de Pepa Pig."
 David: "no hay nada de gravedad, solo la hay en la tierra por eso no flotamos y en el espacio no la hay y si flotamos."
 Pablo: " hace muchos años existía la tierra y hace muchos que murió Dios Noé y los dinosaurios".
Jacobo: "el planeta es muy seguro porque si viene un astronauta nos avisan en la tele".
Ainara: "los extraterrerestres pueden vivir en el espacio".

 De todo o que dixeron hai cousas que van encamiñadas e outras non... e decidiron qué querían saber sobre o tema:
 - "Si es verdad que existen los planetas".
- "Qué son los asteroides".
- "Aprender a saltar en la luna"
 - "Cosas sobre los planetas y sobre la energía solar".
- "Qué hay en los agujeros de la luna".
 - "Por qué son tan duros los asteroides".
 - "De qué están hechos los planetas".
- "Por qué flotamos en la luna".

ZUME DE UVA

Gracias ao profe Xoán que trouxo da súa terra uvas fixemos na hora de merenda unha degustación de dous tipos de uvas. Os únicos que se animaron a probalas nun principio foron Jacobo, Xaquín (a estes dous encantáronlles e puxéronse as botas) Ainhoa e Daniela López, despois animouse Pablo aínda que pola súa cara a acidez das uvas non lle gustou moito. Despois do recreo fixemos zume de uva e isto si tivo máis éxito, o quixeron probar todos e todas e todos/as querían repetir... aínda que a cantidade so chegaba para probalo. Así que xa sabedes que lles gusta o zume de uva.

PRIMEIRAS PINCELADAS

Nestas primeiras semanas tamén fixemos os primeiros cadros do curso deixando voar a imaxinación e cada un púxolles un título a súa obra.

NOVO CURSO 2015/2016

Antes de comezar dar a benvida aos nenos e nenas da casiña como as súas familias a este curso 2015/2016, un curso moi especial para os pequenos xa que é o último ano que están en infantil, esperamos que sexa un curso cheo de aventuras. O principal para que así sexa é que veñan contentos e contentas ao cole e motivados e aí temos unha importante misión tanto desde a escola como desde a casa que debemos formar un equipo para conseguir esa motivación e esas ganas por vir cada día. Empezamos este curso na casiña con un novo de sistema para acceder aos recunhos. Nestes primeiros días adaptámonos moi ben ao sistema e agora xa no mes de outubro xestionano sen problema ningún entre eles/as.

domingo, 26 de abril de 2015

APORTACIÓNS CONTOS CLÁSICOS

Teño que dicir que as aportacións de contos foi moi numerosa. Están encantados collendo os contos do recuncho dos contos clásicos na hora de ler (despois da merenda). De momento os contos que traballamos en profundidade e fixemos a análise en profundidade foron carapuchiña vermella e Hansel e Gretel. Gracias por todas as aportacións, é moi importante para eles e elas.