jueves, 26 de diciembre de 2013

TRABALLOS DO NADAL

E así traballamos os últimos días...



nadal on PhotoPeach

E CHEGARON OS REIS MAGOS

E chegaron os Reis Magos ao cole, e os nenos e nenas da casiña recibíronnos con moita ilusión.
Foi un día moi especial, a chegada dos Reis, as panxoliñas, a merenda todos xuntos na entrada da casiña... pódese dicir que foi un gran día para todos e todas




A nosa Emma recibiu aos Reis cunha fermosa panxoliña con outros nenos e nenas do cole que ensaiaron nunha das actividades extraescolares.



ANIVERSARIO DE CLARA

O xoves 19 celebramos o aniversario de Clara, aínda que o seu aniversario era o 23, e agora si podemos dicir que todos e todas teñen 4 anos.



domingo, 15 de diciembre de 2013

LETRAS AO CENTRO: MANDELA

Unha vez máis que fixemos a estrutura cooperativa LETRAS AO CENTRO, neste caso coa palabra máis significativa que traballamos esta semana MANDELA.




13 DE DECEMBRO

Con motivo de Santa Lucía o 13 de decembro Lucía López trouxo unha rica tarta de mazá ao cole para merendar así como un pequeno agasallo para cada neno e cada nena. MOITÍSIMAS GRAZAS!




          

ANIVERSARIO DE CANDELA

Onte Candela (14 de decembro) estivo de aniversario  e aínda que non puido vir ao cole en toda a semana, xa que está enferma, acordámonos moito dela e os seus compis deixáronlle unha felicitación...





jueves, 12 de diciembre de 2013

DOCES DE NADAL: MAZAPÁNS

Hoxe fixemos unha sesión moi especial. Xuntámonos os nenos e nenas de relixión e os nenos e nenas de atención educativa para levar a cabo a elaboración dun doce moi típico destas datas como é o mazapán. Temos que darlle as grazas a profe Rosa xa que foi a que tivo a idea e a que levou o peso da sesión. Moitas grazas Rosa.

POSTAIS DE NADAL (3 ANOS)

Os nenos e as nenas da profe Ana están facendo unhas fermosas postais. Así traballan  e así de bonitas lles quedaron:

ANIVERSARIOS DE CAROLINA E LUCÍA PÉREZ

Esta semana tivemos dous aniversarios: Carolina o día 9


e o 11 o de Lucía Pérez

Aí vai un pequeño resume do que fixemos nestes dous días....


lunes, 9 de diciembre de 2013

A ACTUALIDADE MANDA

O xoves falamos da Constitución. Todo comezou porque o día seguinte era venres e non tíñamos cole.
Para explicar que era iso da Constitución empreguei como recurso o conto "O PAÍS DOS MANDÓNS" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo coas ilustracións de Spela Trobec.


E hoxe foi a quenda de Nelson Mandela. A verdade é que tivemos unha conversa moi interesante sobre este home. Ademais de ver un documental sobre él, porqué foi tan importante e os motivos da súa loita.
Non sei moi ben con que idea se quedou cada un e cada unha despois da conversa que tivemos. Así que anímovos a preguntarlles sobre isto.
Así decoramos o cristal co que íamos falando sobre Mandela.



Por outro lado aproveito tamén para indicar que estamos traballando un artista "da casa" como é Jorge Peteiro, e digo da casa porque era da Coruña. Moitas das obras deste pintor/escultor están relacionadas co mar, ademais de poder velas na cidade ou en vilas próximas.
Para saber máis cousas de Jorge Peteiro http://www.peteiro.com/ 

Así está presente na nosa aula:


Outro aspecto importante que quero resaltar é que seguimos poñendo en práctica dinámicas de traballo cooperativo, nas que os obxectivos principais son axudar aos demais e deixarse axudar polos seus iguais. Para isto temos que escoitar as opiníóns dos outros e outras e ser quenes de telas en conta. 
Ademais de seguir facendo o "Folio xiratorio"  incorporamos outra dinámica "Letras ao centro" Aínda que a priori nas seguintes fotografías  pode parecer que é unha actividade individual non era así. Tiñan unhas premisas e unhas ordes que seguir para levar a cabo a actividade, polo que cada neno e nena tiñan que seguilas. De aí que todos e todas ían o mesmo ritmo, porque tiñan que explicarse uns aos outros. 





E xa para rematar non podemos esquecernos de que o Nadal xa está chamando á porta e comezamos a facer uns adornos para poñer na árbore. Ademais visitamos o nacemento situado na entrada do edificio principal do cole e falamos sobre con quen decoraron as estrelas que levaron para as casas e que materiais empregaron para a súa decoración.
E aquí quero "reprender" un pouquiño  aos pais e nais que fixeron a decoración das estrelas eles sós "mentres os nenos  durmían". O fin da actividade era facelo en familia... coa participación dos nenos e nenas, aínda que fose mínima. 


lunes, 2 de diciembre de 2013

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Hoxe celebramos o aniversario de Sofía que xa fixo 4 aniños. Este mes haberá catro aniversarios máis e   todos e todas teremos xa 4 anos.
Pasámalo moi ben celebrando o cumple de Sofía e ata lle fixemos un agasallo.



miércoles, 27 de noviembre de 2013

AXUDAMOS AOS DEMAIS E DEIXÁMONOS AXUDAR

Estamos facendo distintas dinámicas de traballo cooperativo. Traballos nos que teñen que participar todos os compoñentes do grupo de forma equitativa. Trátase  nun primeiro momento de que coñezan estas dinámicas e que se axuden uns aos outros e se deixen axudar. Isto último a algún ou algunha cústalle moito de momento.
Non quero que rivalicen, nin que intenten sobresaír uns e unhas sobre os outros e outras, nin facer actividades que fomenten a competividade entre eles.


A DRAGONA RAMONA

Hoxe tivemos unha visita moi especial: A DRAGONA RAMONA.  Veu a contarnos o conto de ROSA CARAMELO de Adela Turín e Nella Bosnia da Editorial Kalandraka.



Para recibir a Dragona Ramona baixamos ao ximnasio cos nenos e nenas de 3 anos C, e escoitamos o conto todos xuntos.


ZUME DE MAZÁ

O luns Xoán trouxo mazás da súa horta para facer e degustar zume de mazá e así o fixemos:





Despois fixemos unha votación de qué nos gustou máis se o zume de uva ou o de mazá. Tíñamos que escribir UVA ou "MANZANA" sen axuda na papeleta e despois fixemos o reconto.


                                      






PRIMEIRA EXCURSIÓN

O xoves pasado fomos de excursión a Coruña a ver varias películas nas que a protagonista era unha toupa.
Levábamos días contando no calendario cantos días faltaban, e por fin chegou o gran día.
O feito de ir en autobús resultábanos  moi emocionante. Cando regresamos tíñamos moita fame. As nosas barrigas portáronse como auténticos reloxos xa que as 11:00 h xa estaban pedindo a merenda e tiveron que esperar un pouquiño.


viernes, 22 de noviembre de 2013

POESÍA

Esta é a primeira poesía que traballamos  e moitos xa a sabemos, polo que tamén a podemos recitar na casa.

COSAS DEL MAR

La luna mueven mareas
las mareas hacen olas
las olas es lo que suena
dentro de las caracolas.
Las estrellas son el mapa
que de noche pinta el cielo
para que encuentren su casa
marinos y marineros.


jueves, 21 de noviembre de 2013

INFORMÁTICA

Cada semana facemos dúas sesión no encerado dixital, pero esta semana en lugar de ir ao encerado subimos a aula de informática. Andivemos co rato, acendemos e apagamos o ordenador, entramos na páxina web do cole e vimos as fotos do magosto... Foi unha primeira toma de contacto cos ordenadores e volveremos!!


FESTA DO MAGOSTO

O 15 de novembro celebramos o magosto no cole. Previamente falamos da festa do magosto e preparamos unhas coroas e uns colares de castañas. Para facelos pintamos, recortamos, picamos, pegamos...
Coa tesoira levamos traballando dúas semanas e a algúns nenos e algunhas nenas cóstalles un pouquiño de momento.
Sería moi positivo que na casa poidan recortar en revistas, xornais... para que así vaian mellorando nesta técnica do recortado.
Por outra banda dicir que hai unhas semaniñas que incorporamos na aula o recuncho creativo, no que poden ir un día a semana cada equipo, e dicir cada neno ou nena pasa por este recuncho unha vez a semana. O que fan alí é libre, teñen distintos materiais como distintos papeis de cores e texturas, distintas pinturas, tesoiras que recortan en diferentes formas, rotuladores diferentes... e o que fan alí o poden levar ese mesmo día para casa. A medida que pase o tempo iremos incorporando distintos materiais ao recuncho.
Aí vai un pequeno resume...



ANIVERSARIO DE DIEGO

O día 15 de novembro coincidindo coa festa do magosto tivemos outra celebración, a noso Diego xa ten 4 anos.

martes, 29 de octubre de 2013

SAMAÍN

Esta semana estamos un pouco ocupados, onte foi coas caretas, hoxe co taller de maquillaxe e mañá é o día que podemos vir disfrazados.
Con todas estas cousas estamos un pouco alterados... pero o importante é que o estamos pasando moi ben.
Ademais de todo isto temos a exposición de cabazas, os postres con cabazas e castañas (os cales hoxe fomos ver) tendo unha represetanción da nosa aula co postre que trouxo David.
Pero tamén tivemos a sorte da sorpresa da nai de Dubi que hoxe alegrounos a merenda cun super biscoito.
E como anécdota graciosa, falando de facer unha votación democrática Nico dixo que tamén o facía na súa casa, cando lle preguntei qué votaba contestou moi serio "La pelota profe".


martes, 22 de octubre de 2013

XOGOS DE MESA

Hoxe incorporamos un xogo novo no recuncho dos puzzles, aínda que non é un puzzle. Temos que colocar unha peza da cor que sae no dado tendo moito coidado para que non caian as outras. Para presentalo fixemos unha partida de proba entre Candela Vila e Breixo e os demais observábamos como xogaban para coñecer ben as normas do xogo e poder xogar sen a axuda da profe.



A semana pasada tamén presentamos o dominó, xa que entón aínda que xa tíñamos varios dominós  para xogar na clase, facíamos torres coas fichas, non coñecíamos as normas do xogo. Así que agora ademais de facer torres podemos xogar unha partida.



O gañador foi David xa que rematou primeiro as fichas, pero o pasamos tan ben  que todos queríamos repetir a partida aínda que non gañasemos ninguna.


A MÚSICA...

Onte o profe Xoán leunos un conto no que aparecían diferentes instrumentos musicais e despois de escoitar o conto fomos a aula de música do cole para poder observalos e escoitar como soaban cada un deles.
A aula de música é enorme, nela había cadeiras grandes dos maiores nas que tíñamos que sentarnos ben para non caer delas. Alí sentadiños parecíamos nenos e nenas de secundaria xa.



OS MÉRCORES LECTURA DO CONTO COS NENOS DE SEXTO

Os mércores despois do recreo un neno ou unha nena de sexto ven a nosa aula a contarnos un conto.
Comezaron o mércores pasado Iván e Almudena. Mañá virá outro, a ver con que nos sorprenden.




SAMAÍN

Puxémonos mans á obra para colaborar na decoración da "casiña" para celebrar o Samaín.





"RÍA DO BURGO"

Rematamos a configuración do noso barco "Ría do Burgo". A idea foi de Valentín que nos trouxo unhas táboas para cubrir coa tripulación do noso barco. Había 18 postos no barco, capitán, axudante de capitán, mariñeiros, grumete... Para decidir o posto de cada un o que fixemos foi un sorteo. Nun saquiño metemos os 25 números da clase e íamos sorteando a quen lle tocaba cada posto. Todos querían ser o capitán do barco e o afortunado desta vez foi Nicolás.





sábado, 19 de octubre de 2013

GRAZAS VALENTÍN

O xoves foi un día moi especial porque tivemos a esperada visita do avó de Irene, o avó Valentín.
Sería difícil resumir todo o que se falou ese día... pero só lle podemos dar as grazas pola súa visita, por todo o que nos ensinou e sobre todo por esa alegría coa que estivo con nós.

E como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, aí van unhas cantas...

lunes, 14 de octubre de 2013

ZUME DE UVA

Hoxe tocou facer zume de uva e despois degustalo. Non era como o zume que mercamos, xa que o seu sabor era moito máis ácido xa que non lle engadimos azucre algún.

Na elaboración participamos todos






na degustación non...





A David parece ser que foi ó que máis lle gustou, e así o manifestou...



domingo, 13 de octubre de 2013

UN BARCO VELEIRO NA CLASE

Carolina trouxo un barco veleiro. Falamos de como se moven os barcos veleiros no mar, cales son as partes dun barco, onde dormen os mariñeiros nos barcos...Estas foron as cuestións que suscitou a presenza do barco... e despois colocámolo no noso recuncho do mar. Máis adiante intentaremos debuxar un veleiro.


Invitación ao avó Valentín

O avó de Irene foi pescador e fixémoslle unha invitación formal coa firma de todos os nenos e nenas de clase...para que veña un día a contarnos como era o seu traballo e as súas vivencias.
Tivemos moita sorte porque dixo que siiii! E teremos a súa visita a semana que ven.

Clasificación seres vivos e inertes

Estamos facendo unha clasificación do que hai no mar, comezou David o xoves..

miércoles, 9 de octubre de 2013

SEGUIMOS CO MAR...

Estes días estamos moi ocupados vendo toda a información que trouxeron os nenos e nenas. Antes de nada mil grazas a todas as nais, pais... incluso algún avó pola súa colaboración, nin que dicir ten que se non fose así non poderíamos traballar da mesma maneira.
Temos o noso recuncho do mar cheo. Con contos, fotos, imaxes, cunchas, os caracois mariños de Candela Blanco, utensilios de pesca que trouxo Irene... Estamos aprendendo un montón de cousas, moitas delas relacionadas co mundo da pesca. Onte vimos como se pescaban os polbos nun vídeo, hoxe Irene trouxo unha nasa... e un montón de cousas máis. 

Co profe Xoán  xogamos no encerado dixital aspectos relacionados co mar, e cando chegou a profe Teresa a darnos a clase de inglés  lle ensinamos todo o que estamos aprendendo, así como tamén Candela aproveitou o momento para amosarlle os caracois mariños que ela mesma trouxo.



jueves, 3 de octubre de 2013

O MAR

Esta semana comezamos co proxecto do mar, recopilando información que trouxeron algúns nenos e algunhas nenas despois da carta que levaron o luns para a casa. Trouxeron contos (dos que xa limos algún) libros, imaxes do fondo do mar, cunchas, un dvd...
O primeiro día falamos sobre que sabían do mar e estas foron as súas respostas:
(transcribo literal de aí o cambio a castelán)

¿QUÉ SABÉIS DEL MAR?

DAVID: que las caracolas hacen ruido del mar.
DUBI: en el otro verano voy a traer conchitas porque sé que las conchitas están debajo del mar.
SARA: los peces nadan bajo el mar.
HUGO: hay algunas conchitas debajo del mar y se las lleva el mar.
DARIUS: las ballenas viven arriba del mar.
EMMA: encuentro muchas conchas en la playa de Xabi.
SOFÍA: hay tiburones debajo del mar.
BREIXO: yo sé que hay delfines.
CANDELA V.: sé que hay tortugas y cocodrilos.
CANDELA B.: hay peces globos.
IRENE: también hay caballitos de mar.
CLARA: y hay ballenas.
MARISOL: mi madre me llevo a la playa y había conchas.
LUIS: hay peces pequeños y grandes también.
YESSICA: hay tortugas y piedritas guapas.
CAROLINA: No sé.
LUCÍA L.: que hay olas.
¿EL MAR SE MUEVE O ESTÁ QUIETO?

Respuesta general: se mueve.

¿POR QUÉ?

NICO: los barcos lo mueven un poquito.
DUBI: el barco se mueve porque hay viento (a lo que Nico le dice) NICO: sólo si tiene vela.
SARA: las olas empujan a la gente.
NICO: es el viento el que mueve el mar.
DAVID: se mueve por las olas grandes, pero hay un problema, que si hay alguien que se acerca mucho, traga agua y escupe porque no le gusta el agua salada.

¿ESTÁ SALADA EL AGUA DEL MAR?

HUGO: sí, porque cuando yo estaba en la playa la probé y estaba salada.

¿POR QUÉ ESTÁ SALADA?

NICO: hay un pez que echa la sal.


Despois desta primeira toma de contacto e as súas respostas orientaremos o que imos traballar a investigar se estaban no certo nestas respostas.

Continuará...

domingo, 29 de septiembre de 2013

REMATAMOS COAS MASCOTAS

Despois de que Candela B. trouxese as fotos das súas mascotas, nas que había  peixes, tartarugas, un can, un gato... e nos falase deles, quedamos moi sorprendidos de que puidese ter na súa casa tantas mascotas. Breixo presentounos a Momo con dúas fotos moi fermosas,  Irene a Kaisser e por último o venres Lucía L. trouxo a foto dunha egua e un canciño e tamén nolos presentou. A palabra egua non a coñecía ningún neno e nena da clase, ata ese momento a femia dos cabalos eran "caballas" como nos dixo Dubi moi segura. Con estas últimas mascotas que incorporamos rematamos o mural o venres.





 Tamén lemos o conto "MI MASCOTA TOTÓ" que nolo trouxo o profe Xoán.






Con él falamos dos chips, e máis tarde (despois de falar co profe sobre o tema) non debeu quedar moi claro o que era porque estas foron as respostas:
DAVID: Un granito de arroz que llevan los gatos y los perros en la espalda para que los conozca la gente.
HUGO: Se echa un granito en el cuello para que la carne se vaya para un lado.
SARA: Es una cosita que llevan los perros en la espalda para que no se escapen.
JULIA: Es un granito de arroz que se ponen los perros en la espalda para meter cositas.
CANDELA B.: Una cosa que pone las cositas del perro, su nombre, su dueño...

DUBI: La yaya Mari encontró un perrito suelto y lo dejó ahí, no sé si tenía chip.





lunes, 23 de septiembre de 2013

APARECERON OS PRIMEIROS PIOLLOS

Revisade as cabezas dos nenos e nenas na casa porque xa apareceron os primeros visitantes do curso: os piollos.

A QUE SABE A LÚA?

Despois de que o profe Xoán nos contara o conto de A QUE SABE A LÚA? comezamos un móbil onde tiñamos que poñer todos os animais que aparecen no conto