martes, 22 de octubre de 2013

XOGOS DE MESA

Hoxe incorporamos un xogo novo no recuncho dos puzzles, aínda que non é un puzzle. Temos que colocar unha peza da cor que sae no dado tendo moito coidado para que non caian as outras. Para presentalo fixemos unha partida de proba entre Candela Vila e Breixo e os demais observábamos como xogaban para coñecer ben as normas do xogo e poder xogar sen a axuda da profe.



A semana pasada tamén presentamos o dominó, xa que entón aínda que xa tíñamos varios dominós  para xogar na clase, facíamos torres coas fichas, non coñecíamos as normas do xogo. Así que agora ademais de facer torres podemos xogar unha partida.



O gañador foi David xa que rematou primeiro as fichas, pero o pasamos tan ben  que todos queríamos repetir a partida aínda que non gañasemos ninguna.


No hay comentarios:

Publicar un comentario