domingo, 26 de abril de 2015

APORTACIÓNS CONTOS CLÁSICOS

Teño que dicir que as aportacións de contos foi moi numerosa. Están encantados collendo os contos do recuncho dos contos clásicos na hora de ler (despois da merenda). De momento os contos que traballamos en profundidade e fixemos a análise en profundidade foron carapuchiña vermella e Hansel e Gretel. Gracias por todas as aportacións, é moi importante para eles e elas.

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro fixemos unhas medallas e unhas postais cunha rosa e un conto de imaxes. Aínda que a actividade máis especial era a nivel todo o centro. Cada clase de infantil e dos dous primeiros asociaronse a unha clase de primaria. A nosa clase estaba asociada a 4º A. Os nenos e nenas de 4º viñeron a buscarnos, cada neno e nena chamaba a un dos nosos (xa sabían previamente quen lle tocaba a cada un) e tiñan preparada a lectura do conto. Fomos con eles á pista, e alí en parellas limos contos. Foi moi fermoso ver a todo o alumnado de cole lendo contos en parella ao mesmo tempo.

EXCURSIÓN FUNDACIÓN ABANCA.

O 15 de abril fomos de excursión a Fundación ABANCA. Nunha primeira sesión os nenos de 5 anos e as 12 foi o turno dos de 4 anos. Pasámolo moi ben coa obra "A nena e o grilo".

SETAS

Os xoves os nenos e nenas da casiña prepararon un autocultivo de setas co profe Xoán.

PLANTAR ÁRBORES

Os nenos e nenas do cole foron a plantar árbores ao paseo do Burgo. Cada clase foi representada por un neno ou nena. Da casiña foron Martín e Yeray.

CUMPLE SARA

E Sara únese aos que xa teñen 6 aniños, PARABENS SARA. Para celebralo trouxo unha tarta de tres chocolates e chuches para todos, e non puido faltar un pouco de baile.


NOMES DOS EQUIPOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Novos equipos e novos nomes. Coma sempre decididos por eles e por consenso, coa estrutura 1,2,4.









DECORACIÓN CONTOS CLÁSICOS

Os nenos e nenas da casiña traballaron moito todos xuntos estas primeiras semanas do terceiro trimestre para decorar a casiña acorde aos contos clásicos.



















EXCURSIÓN MACUF

La clase de 4 años C fue de excursión al Museo de Arte Contemporánea Fenosa en el que pudieron ver y disfrutar de un taller llamado "Criaturas fluorescentes".
Empezaron la visita observando esculturas, pinturas realizadas con pigmentos fluorescentes, figuras hechas con cordones (ballena, submarino) instalaciones interactivas donde conocimos los virus y las bacterias y la influencia que tienen en nuestro cuerpo.
Luego lo pasaron genial recomponiendo unas imágenes que sólo son visibles bajo lámparas de luz negra (puzzles gigantes móviles). También, se imaginaron el aspecto de los microbios, supuestamente responsables de diferentes estados de ánimo confeccionando caretas con rotuladores fluorescentes y con las que nos fotografiamos.
Para acabar la visita, vieron una obra de teatro negro con la que se divirtieron mucho.


lunes, 13 de abril de 2015

EXCURSIÓN MONTE DE SAN PEDRO

Esta excursión comezou coa preparación previa o venres no cole. Primeiro cunha parte audiovisual na que mediante unha historia presentábannos aos distintos animais que habitaban no monte de San Pedro. E cunha segunda parte na que fixemos distintos animais que ían aparecendo nun conto. Hoxe chegou a mellor parte... e foi un día moi especial. Primeiro puxemos as gorras, todos iguais para identificarnos ben e as tarxetas, collemos as merendas e subimos ao autobús. Alí esperábanos a nosa guía, Diana, que xa a coñecéramos no taller do venres. Falounos dos paxaros que podíamos ver no parque, de como saber as idades das árbores e amosounos un niño, un tronco por dentro... Comezamos a visita ao parque, na que tivemos a sorte de atopar un lagarto, porque íamos tan caladiños e tan atentos e atentas como auténticos exploradores e exploradoras que o lagarto non se percatou da nosa presencia. Dimos un largo paseo polo parque, pola zona da costa, vimos a Torre de Hércules, os cañóns, o máis grande contounos Diana que o trouxeron desde Ferrol polas vías do tren, e cada día so movíase 200 metros... Un montón de cousas máis. A verdade é que se portaron moi ben, moi ben, houbo moitos momentos de risas e despois chegou a hora de repoñer forzas coa merenda e de xogar no parque. Por último antes de subir ao autobús non podían quedar sen entrar no labirinto. Por alí se meteron os 24 correndo... e ao pouco saíron os primeiros... pero a algún e a algunha costoulles encontrar a saída e tivo que entrar o profe Xoán en busca dos que faltaban. Cando chegaban a saída os que estábamos fóra dabamoslles un forte aplauso, e as súas cariñas de satisfacción... O único que pasou un pequeno momento de apuro foi Adri, que non atopaba a saída do labirinto e Xoán non daba con él... Aínda que moito apuro non foi que ao chegar ao cole e falar do que máis lles gustara a cada un... Adri dixo o labirinto. Tamén aproveito para facer mención as enormes ganas que tiña Candela Blanco por aprender sobre o tema, e chegou hoxe ao cole cun caderno e cun bolígrafo e alí estivo toda a excursión, animal que dicía a guía, animal que anotaba, sen perder ningunha explicación e facer preguntas. Anímovos a ir con eles e que eles e elas os fagan de guías con todo o que aprenderon, se añadides uns prismáticos e ir en plan explorador... tedes o éxito dunha tarde familiar marabillosa. 

 TALLER DO VENRES


EXCURSIÓN
 

ANIVERSARIO DE GONZALO

Parabens Gonzalo!!!! O venres Gonzalo cumpriu 6 aniños e para celebralo invitounos a comer uns Donuts caseiros feitos por él mesmo co seu pai. Hoxe repartimos unhas chuches que tamén trouxo o venres. Despois da merenda cos Donuts bailamos un pouquiño. Iso si estes nenos nenas o estilo que máis lles gusta e o Break Dance.

VISITA Á CLASE DE 3 ANOS.

O venres a última hora visitamos a clase dos nenos e nenas de 3 anos. O motivo é que Asier nas vacacións de Semana Santa estivo en Barcelona e visitou a Fundación Joán Miró, contounos moitas cosas da súa visita e trouxo distintos materiais, algún deles igual que os que trouxo a nosa Sara.

PABLO PICASSO

Todo o cole estamos traballando algunha obra de Pablo Picasso para facer unha exposición no hall da entrada do centro e as nenas e nenos da casiña tamén participamos coa obra "MULLERES LENDO".






NOVO TRIMESTRE NOVAS AVENTURAS

E comezou o terceiro trimestre, o derradeiro do curso, da un pouco de pena so de pensalo. Durante este trimestre todos os nenos e nenas da casiña traballemos os Contos clásicos. Cada conto o contaremos nun primeiro momento na súa versión orixinal dos recopilatorios de Perrault e dos irmás Grimm. En moitas ocasións non é como eles o coñecen, a partir de aí despois de analizar esta versión os comparamos cos que xa coñecíamos, que personaxes cambian, ou o principio, ou o final... e de aí saldrán moitas actividades do proxecto. O primeiro que limos xa a semana pasada é Carapuchiña vermella, a versión recollida por Perrault.E tamén comezamos coa decoración da casiña coa temática do proxecto.