domingo, 26 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro fixemos unhas medallas e unhas postais cunha rosa e un conto de imaxes. Aínda que a actividade máis especial era a nivel todo o centro. Cada clase de infantil e dos dous primeiros asociaronse a unha clase de primaria. A nosa clase estaba asociada a 4º A. Os nenos e nenas de 4º viñeron a buscarnos, cada neno e nena chamaba a un dos nosos (xa sabían previamente quen lle tocaba a cada un) e tiñan preparada a lectura do conto. Fomos con eles á pista, e alí en parellas limos contos. Foi moi fermoso ver a todo o alumnado de cole lendo contos en parella ao mesmo tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario