viernes, 20 de junio de 2014

FIN DE CURSO

Aínda non sei se é o momento de escribir esta entrada, xa que recoñezo que agora mesmo a pesar de ser o inicio das vacacións me dá moita pena que se remata o curso, pasou voando!!!! Hoxe foi ademais dun día emotivo, un día de festa!!! un día xenial para eles. Chegamos pola mañá, fixemos as rutinas co profe Xoán, despois estivemos a falar un pouco do día de hoxe, das vacacións de verán, dende o punto de vista positivo, deixando un pouco de lado o das despedidas. Ás 10 estabamos preparados para cantar as 3 cancións aos nenos de 3 anos. Saíronnos xenial, estabamos limpitos, peiteados todos guapos e guapas... non como no segundo pase que de branco, branco algún xa non ía. Despois escoitamos unha canción moi chula que nos cantaron os de 3, e escoitamos un conto que nos contou Pablo, neste momento tocábanos estar de público.
Como os pequeniños da casiña o fixeron tan ben... démoslle un agasallo, un colgante coma o noso. Despois das actuacións chegou a parte da festa gastronómica, como toda festa que se prece en Galicia, se non hai comida... non hai festa, Nico converteuse no camareiro espontáneo servindo aos compis a bebida, a Irene caeulle accidentalmente un vaso de cocacola... e grazas que tiña camiseta interior e saímos do paso. Despois de comer e beber baixamos ao patio a xogar Como xa me coñecedes son de deixalos facer... e leváronse a miña cámara ao patio, as fotos do patio están feitas por eles mesmos, algún ata utilizaba o zoom, outros xa lles chegaba con que non lles saísen movidas, ou co dedo en todo o obxectivo... Eu non saquei ningunha, e hai fotos chulísimas e a cámara segue funcionando. Co pouco que me gusta posar a mín e esta vez tocoume estar ao outro lado da cámara. Á volta do patio pasamos pola clase de Ana xa que alí era onde estaba a comida, comemos un pouco máis para repoñer forzas... regresamos á nosa clase, estivemos de charla de novo e xa chegou a hora dos papis... e aí xa sabedes o que pasou. Conto un pouco para os que vos perdestes este momento. Esa é a pena... que non todos os nenos e nenas tiñan un papá, mamá, avós... e ver a cariña de Emma e de Adri especialmente.. pois daba cosita. Pero para iso esta o blog, para que vexades o ben que o fixeron, e aínda que non é o mesmo, dicídelles a Emma e a Adri o ben que o fixeron. Non había unha gran planificación do evento pero o espazo é o que hai e non dá para moito máis... pero eu estou contenta co resultado. As cancións non eran sinxelas, e eran en galego que lles custa algo máis á maioría, e era como un pequeno reto para mín e para eles. Outro punto en contra era a hora á 1 pois non era a mellor hora, entre a calor, o cansos que estaban, que xa o fixeran pola mañá, pero aínda así creo que se esforzaron para que saíse ben. A mín encantoume velos e que os vísedes, compartir un momento así coas familias penso que é importante, tanto para as familias e sobre todo para os nenos e nenas que estaban felices de actuar para vós. Ademais a idea de vir partiu de vós e eu encantada coa proposta, rentabilizamos o ensaio con dous pases. Despois chegou a parte emotiva para min, non me gustan nada as despedidas, porque non as levo nada ben como puidestes comprobar, pásame un pouco como á mamá de Breixo, e só dicir que me quedo un pouquiño de cada un dos vosos peques, lévome un montón de recordos, de risas, de anécdotas, un saco cheo de bicos... a ver como levo a partir de agora non ter os bicos diarios de David, Sara, Candela Vila, Emma, Julia... e os bicos espontaneos de Candela Blanco. Felices vacacións!!!!! MOITOS BICOS PARA OS MEUS PEQUESS!!!!





jueves, 19 de junio de 2014

COLGANTES

Esta semana fixemos uns bonitos colgantes para poñer mañá no "minifestival" da casiña e levarémolos para casa mañá tamén. A Candela B., Candela V.  e a Lucía Pérez xa lles tarda,os querían levar hoxe, e traíano mañá para a actuación dicían. Tamén lles fixemos uns colgantes aos nenos de Ana para darlles mañá de sorpresa.

ANIVERSARIO DUBI, IRENE E NICO

O martes Dubi trouxo uns chuches para repartir xa que o seu aniversario e no verán. Tamén estaban de celebración Nico e Irene xa que pola tarde tiñan a festa do seu anivesario. Pásalles o mesmo que a Dubi que tamén cumpren nas vacacións. Parabens aos tres.



FÚTBOL NO PAVILLÓN

Onte "roubámoslles" un anaco o pavillón aos maiores do cole e fixemos un partido de fútbol. Moitos ao pouco de correr e ver que non tocaban moito a pelota íanse á bancada a animar os que xogaban. Os que non pararon de xogar foron Nico, Luis, Hugo, Dubi, Carolina, David... Todo hai que dicir que a pista se nos facía moi longa... polo menos a mín que non debo estar para tantas carreiras, os que xogaron ata o final non se queixaban. Xa están preparados para as clases de Educación Física de primaria.

lunes, 16 de junio de 2014

"EL PEQUEÑO CONEJO BLANCO" e "LA ESTRELLA DE LAURA"

Hoxe tivemos unha visita fantástica. A mamá de Sofía, Natalia, veu a contarnos dous contos que a Sofía a súa irmá Lucía gústalles moito. En primeiro lugar "El pequeño conejo blanco" e en segundo lugar "La estrella de Laura". Despois dos contos fíxonos varias preguntas e demostramos estar moi atentos xa que entre todos as respondemos moi ben. Moitas grazas Natalia por unha sesión diferente e participar con nós desta maneira.




A GORRA DE NICO

Hoxe no patio xurdiu un problema: Nico xogando lanzou a gorra e quedou na rama dunha árbore.
A primeira solución que se lles ocorreu para resolvelo foi chamar á profe, pero a profe non era a solución.
Estaba moi alta e a profe tampouco chegaba, dicíanme salta, nin saltando... entón propúxenlles pensar outra solución.
Saíron varias, e animeinos a probalas. Mover unha rama, mover o tronco, escalar pola árbore... estiveron a probar. Ocorréuselles chamar á profe Sandra que era máis alta ca min dicían, pero tampouco... outra solución era segundo Nico pedirlle axuda ao papá de Breixo que era moi alto  (o del tamén era alto pero estaba en Brasil entón non podía vir dicía); coller unha escaleira, pero non tiñamos escaleira, lanzar outra gorra a ver se lle daban e caía, pero aí tiven que intervir porque xa tiñamos un problema cunha gorra, se se engancha outra teriamos dous... e decidiron que non era boa idea.
Levaron  á práctica todo o que se lles ocorría, todo agás a solución de Breixo que non se cortou un pelo, había que talar a árbore e solucionado.
Máis tarde Hugo dixo que ao mellor lanzando un zapato que pesaba máis que unha gorra podían darlle e caer... e sacouse un tenis e empezaron a lanzalo... e estiveron a punto de darlle en varias ocasións, isto xa era un reto en toda regra. Pero chegou o segundo problema o tenis de Hugo quedouse máis arriba que a gorra de Nico.
Tiñamos que conseguir un pau longo dicían... e por fín ocorréuselles que sería boa idea ir a buscar unha vasoira!!!!
Problemas cotiáns como este se llelos resolvemos á primeira e non os facemos pensar perderiamos todo este rico proceso. É moi importante que pensen e resolvan eles, aínda que as veces teñamos que ofrecerlles pequenas axudas.




DESPEDIDA DE DARIUS

O venres foi un día especial e triste ao mesmo tempo. Era o último día de cole para Darius xa que hoxe día 16 de xuño íase a Arxentina, pero non de vacacións como Sofi, múdase a vivir alí coa súa familia.
E foi especial porque trouxo un biscoito para facer unha pequena festa de despedida, tamén levamos as bandeiras que fixeran algúns no recuncho creativo co motivo do mundial. A idea foi de Hugo e como gustou fóronse animando os demais a súa iniciativa. As máis numerosas as de España, pero Darius fixo unha de Alemania, Sofi de Brasil, Nico dúas unha de Brasil e outra de España... é unha clase moi futbolera, en realidade os futboleros  son Hugo e Nico e contaxian un pouco aos demais.


A ALEGRÍA DA CASA

A semana pasada estivemos plantando estas fermosas plantas




lunes, 9 de junio de 2014

PLANTANDO

Os nenos e nenas de 3 anos estiveron plantando...


PAPEL MACHÉ

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente os nenos e nenas da casiña,  os de 3 anos e os de 4   fixemos unhas figuriñas con papel de xornais vellos mollados. Temos que darlle as grazas ao profe Xoán xa que foi o impulsor da actividade.
Este foi o proceso e o resultado...
OS DE 4 ANOS:


domingo, 8 de junio de 2014

viernes, 6 de junio de 2014

AS SUMAS E O ÁBACO

Neste terceiro trimestre iniciámonos coas sumas. Estamos facendo sumas sinxelas aínda que coa axuda do ábaco esta semana algúns e algunhas xa fan outras máis complexas. Algún quería levar o ábaco para a casa xa que era un invento fantástico dicía.