viernes, 20 de junio de 2014

FIN DE CURSO

Aínda non sei se é o momento de escribir esta entrada, xa que recoñezo que agora mesmo a pesar de ser o inicio das vacacións me dá moita pena que se remata o curso, pasou voando!!!! Hoxe foi ademais dun día emotivo, un día de festa!!! un día xenial para eles. Chegamos pola mañá, fixemos as rutinas co profe Xoán, despois estivemos a falar un pouco do día de hoxe, das vacacións de verán, dende o punto de vista positivo, deixando un pouco de lado o das despedidas. Ás 10 estabamos preparados para cantar as 3 cancións aos nenos de 3 anos. Saíronnos xenial, estabamos limpitos, peiteados todos guapos e guapas... non como no segundo pase que de branco, branco algún xa non ía. Despois escoitamos unha canción moi chula que nos cantaron os de 3, e escoitamos un conto que nos contou Pablo, neste momento tocábanos estar de público.
Como os pequeniños da casiña o fixeron tan ben... démoslle un agasallo, un colgante coma o noso. Despois das actuacións chegou a parte da festa gastronómica, como toda festa que se prece en Galicia, se non hai comida... non hai festa, Nico converteuse no camareiro espontáneo servindo aos compis a bebida, a Irene caeulle accidentalmente un vaso de cocacola... e grazas que tiña camiseta interior e saímos do paso. Despois de comer e beber baixamos ao patio a xogar Como xa me coñecedes son de deixalos facer... e leváronse a miña cámara ao patio, as fotos do patio están feitas por eles mesmos, algún ata utilizaba o zoom, outros xa lles chegaba con que non lles saísen movidas, ou co dedo en todo o obxectivo... Eu non saquei ningunha, e hai fotos chulísimas e a cámara segue funcionando. Co pouco que me gusta posar a mín e esta vez tocoume estar ao outro lado da cámara. Á volta do patio pasamos pola clase de Ana xa que alí era onde estaba a comida, comemos un pouco máis para repoñer forzas... regresamos á nosa clase, estivemos de charla de novo e xa chegou a hora dos papis... e aí xa sabedes o que pasou. Conto un pouco para os que vos perdestes este momento. Esa é a pena... que non todos os nenos e nenas tiñan un papá, mamá, avós... e ver a cariña de Emma e de Adri especialmente.. pois daba cosita. Pero para iso esta o blog, para que vexades o ben que o fixeron, e aínda que non é o mesmo, dicídelles a Emma e a Adri o ben que o fixeron. Non había unha gran planificación do evento pero o espazo é o que hai e non dá para moito máis... pero eu estou contenta co resultado. As cancións non eran sinxelas, e eran en galego que lles custa algo máis á maioría, e era como un pequeno reto para mín e para eles. Outro punto en contra era a hora á 1 pois non era a mellor hora, entre a calor, o cansos que estaban, que xa o fixeran pola mañá, pero aínda así creo que se esforzaron para que saíse ben. A mín encantoume velos e que os vísedes, compartir un momento así coas familias penso que é importante, tanto para as familias e sobre todo para os nenos e nenas que estaban felices de actuar para vós. Ademais a idea de vir partiu de vós e eu encantada coa proposta, rentabilizamos o ensaio con dous pases. Despois chegou a parte emotiva para min, non me gustan nada as despedidas, porque non as levo nada ben como puidestes comprobar, pásame un pouco como á mamá de Breixo, e só dicir que me quedo un pouquiño de cada un dos vosos peques, lévome un montón de recordos, de risas, de anécdotas, un saco cheo de bicos... a ver como levo a partir de agora non ter os bicos diarios de David, Sara, Candela Vila, Emma, Julia... e os bicos espontaneos de Candela Blanco. Felices vacacións!!!!! MOITOS BICOS PARA OS MEUS PEQUESS!!!!





3 comentarios:

  1. Estimada Lucía;
    Muchísimas gracias por todo el trabajo que has hecho. Gran trabajo!!
    Raquel B.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por compartir estos grandes momentos!
    Lucia Rodríguez

    ResponderEliminar
  3. Gracias...yo encantada de compartirlos y más todavía de vivirlos...Como ya dije un curso especial para mí y para Ana sé que también, por algo las repetiríamos la experiencia encantadas con los peques de la casita!

    ResponderEliminar