miércoles, 10 de septiembre de 2014

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Xa estamos aquí de volta. Eu persoalmente moi contenta por seguir cos nenos e nenas de 5 anos da casiña e podo dicir que Ana tamén cos seus peques.
Este curso seguro que será moi especial incluso seguro que máis que o anterior. É  o último curso de infantil e dicir... XA SOMOS OS MAIORES DE INFANTIL!! temos moito traballo por diante e 9 meses para xogar, aprender, rir, chorar seguro que tamén un pouquiño... e  o que espero é que na balanza o positivo pese moito máis.
Hoxe xa empezou sendo un día especial, o primeiro día de cole, reencontro cos amigos e coas amigas seguro que foi o que máis pesou. Ao chegar había unha pequena sorpresa... a nosa clase cambiou un pouquiño... durante o verán converteuse nunha  clase-cova... e ningún foi capaz de abrir a porta e atravesar a cova en busca de máis novidades, precisaron dunha pequena axuda.
Algúns chegaron un pouco serios como foi o caso de Nico e de Luis pero pasados os 10 minutos iniciais xa estaban coma sempre. Outros ou mellor dicir outras chegaron moi alteradas pero o longo da mañá fóronse tranquilando.
Comezamos a xornada falando das vacacións, das cousas divertidas que fixemos e comprobamos que as visitas as piscinas e as praias non faltaron. Como tampouco viaxes a Sanxenxo, Brasil, Valladolid, Canarias, Corme, Marbella, Pajares... as maletas non pararon.
Despois falamos das novidades da clase como son o buzón de correspondencia que podemos empregar cando queiramos, as pizarras do noso nome polas paredes e cristais para practicar o nome en minúscula e algunha rutina nova máis.
Buscamos as nosas tarxetas dos nomes pola clase e hoxe cada un decidiu o equipo no que quería sentarse e con quen. Algunhas como Candela Blanco e Lucía López por exemplo debíalles gustar moito os seus sitios do ano pasado porque foron os que elixiron.
Despois tivemos que escribir o máis divertido do verán e facer o debuxo, de todo o que falaramos anteriormente... e parece que hai que recordar moitas cousas... porque o resultado en xeral non foi o esperado por así dicilo  pero imos deixar pasar uns días a ver se van volvendo as cousiñas do ano pasado as cabezas xa que parece que quedaron nos destinos dos viaxes.
Merendamos fora como non podía ser doutra maneira coa calor que vai, xogamos no patio, á volta coñecemos a profe nova de inglés, María Jesús, xa que Teresa non da clase aos nenos de 5 anos, está cos máis pequeniños de Infantil. Por último por fin xogamos un pouquiño todos xuntos  nos recunchos que creemos que  están un pouco mellor organizados que o ano pasado, esperamos que a nova organización resulte funcional.


Moitas grazas a todos e todas por as vosas verbas de hoxe mensaxes e demais... e agora xa podo dicir que o blogue CONTINUARÁ....






2 comentarios:

  1. Que ben profe Lucía! Está todo xenial, gracias pola túa gran labor cos nenos.
    Raquel

    ResponderEliminar
  2. Estamos encantados de que ti e máis Ana repitades na casiña!
    Aproveito para felicitarte polo teu traballo no blog, e agradecerche o espazo que adicas ós nenos de 4 anos.
    Por certo, moi chulas as fotos dos calendarios!
    Pais de David Pérez

    ResponderEliminar