viernes, 27 de marzo de 2015

UN DÍA MOI ESPECIAL

Hoxe foi un día moi especial para os pequenos e pequenas da nosa aula. E isto.. por que? Pois a resposta é moi clara, hoxe cerrábamos o segundo trimestre amosando o traballo realizado e o aprendido ás personas máis importantes para eles, as súas familias. Por fin abrimos as portas do Museo e recibimos moitas visitas. A xornada empezou as 9 e media falando de como ía acontecer o día, como estaba organizado, recordando as funcións de cada un e cada unha... As 10:00 abrimos o museo coa primeira visita. Os nosos "veciños" eran os visitantes do museo. Tiñan as súas entradas na man, Candela Vila e Hugo estaban preparados para recollelas e repartir o folleto do museo e así comezou a visita. Despois diso fixemos un repaso da biografía de Joán Miró, a obra da Ratiña Presumida, e as cancións o libro e o ecoloxita. Ás 12.30 levamos a cabo a segunda apertura do museo. Esta vez era algo máis especial, recibíamos as familias e os nervios empezaron a aparecer. Repetimos o pase dunha forma similar ao primeiro e aí vai o resumo do día en imaxes.

ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA O MUSEO

Preparando entradas, o cartel da entrada...

TEATRO COS NENOS E NENAS DE 4º

O mércores vimos a obra "Todo é un conto" que fixeron para os nenos e nenas de 5 anos na biblioteca os nenos e nenas de Atención Educativa de 4º. Estivo moi, moi, ben!! Fixérono xenial... Tanto nos gustou que déronnos ganas de preparala tamén a nós para outra ocasión.

EXCURSIÓN BIBLIOTECA (4 ANOS)

O 10 de marzo os nenos e nenas de 4 anos visitaron a Biblioteca Municipal González Garcés. Se lo pasaron xenial porque fixeron moitas cousas. Escoitaron un conto chamado "El oso y el reno" que era sobre a amizade, tamén viron unha película de Caillou visitando unha biblioteca, leronlles contos como "El pez arcoiris" e "OH" sobre os valores e as emocións. Recorreron toda a biblioteca para saber como funciona o servicio de préstamo e por último tamén tiveron unha sorpresa nun teatrillo do que saiu un ovo de tortuga que lles agasallou cuns caramelos. Foi unha visita interesante e divertida!! Animamos a todas as familias a que visiten as bibliotecas cos seus peques.

PROFESIÓNS (4 ANOS)

Durante este trimestre os nenos e nenas de 4 anos C estiveron traballando de centro de interés as profesións. Recibiron a visita dunha mami que traballa de teleoperadora, outra que é xefa de obra, un avó que foi maestro e un papi que é químico para explicarlles en que consistía o seu traballo. Desde o blogue aproveitamos para agradecerlles a estas familias e a todas as que sempre brindan a súa colaboración, aínda que sexa de distintas maneiras xa que así podemos facer actividades máis significativa e motivadoras para os pequenos. Aí van imaxes como exemplo desta colaboración:

miércoles, 18 de marzo de 2015

EXCURSIÓN AO CONSERVATORIO DE CULLEREDO

Con motivo do "Día da árbore" que se celebra o 21 de marzo fixemos unha visita ao conservatorio e alí escoitamos dous contos relacionados coa natureza.

martes, 17 de marzo de 2015

CADRO LIBRE

Non vai ser todos os días traballar cadros de Miró tamén hai que deixar voar a imaxinación... e cada unha e cada un fixo o seu cadro e púxolle un título.

lunes, 16 de marzo de 2015

"LA ESTRELLA DE MIRÓ"

A semana pasada o cadro que traballamos foi a estrela de Miró, de esa estrela saliu o logotipo da caixa catalana.

A COSTURA...

Unha actividade que nos gusta moito é coser... empezamos o ano pasado... e este ano as preguntas de cando volvemos a coser repetíanse moito ultimamente. E tocou a semana pasada, estaban encantados/as e moi concentrados!!

lunes, 2 de marzo de 2015

AVOA DE NELA

A avoa de Nela fixo unha visita aos nenos e nenas da casiña o pasado 24 de febreiro. Temos que darlle as grazas especialmente porque pasouno un pouquiño mal, púxolle moi nerviosa, pero eso non impediu que fixera un traballo marabilloso. A avoa de Nela debuxa fenomenal, entón como os de Ana están traballando os oficios falamos dos debuxantes/pintores, e nós, os de 5 estamos coa pintura. Primeiro trouxo algúns traballos que está a facer para as súas netas, un cadro dos 7 ananos, outro da Bella e a Bestia e para as nenas e nenos de cole trouxo un de Brancaneves para que o pintemos entre todos. Para que puidesemos ver o ben que debuxa en directo debuxou un debuxo de Dora, e cada un o fixemos nun folio ao mesmo tempo que ela como se fosemos auténticos artistas.

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO, 24 DE FEBREIRO

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no cole. Nun primeiro momento na aula recordando a figura de Rosalía de Castro e a súa importancia en defensa da nosa lingua de despois cantando con todo o alumnado de Educación Infantil "Maio Longo" versión de Uxía.

Actuación de nenos e nenas de primaria:











"EL ORO DEL AZUR"

Agora toca a obra de Miró "El oro del azur" iso de pintar a pincel é unha das cousas que máis nos gusta.

"MUJER Y PÁJARO" (continuación)

A nosa escultura vai collendo forma aínda que temos algún problema de equilibrio.