lunes, 2 de marzo de 2015

AVOA DE NELA

A avoa de Nela fixo unha visita aos nenos e nenas da casiña o pasado 24 de febreiro. Temos que darlle as grazas especialmente porque pasouno un pouquiño mal, púxolle moi nerviosa, pero eso non impediu que fixera un traballo marabilloso. A avoa de Nela debuxa fenomenal, entón como os de Ana están traballando os oficios falamos dos debuxantes/pintores, e nós, os de 5 estamos coa pintura. Primeiro trouxo algúns traballos que está a facer para as súas netas, un cadro dos 7 ananos, outro da Bella e a Bestia e para as nenas e nenos de cole trouxo un de Brancaneves para que o pintemos entre todos. Para que puidesemos ver o ben que debuxa en directo debuxou un debuxo de Dora, e cada un o fixemos nun folio ao mesmo tempo que ela como se fosemos auténticos artistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario