lunes, 28 de abril de 2014

BISCOITO

Hoxe todos os nenos e nenas da casiña fixemos unha actividade conxunta na clase de 3 anos. Alí xuntámonos todos, os tres profes e  todos os nenos e fixemos un biscoito. Os de 4 anos antes na clase  falamos do que era unha receita e o formato que presentan (listado de ingredientes, ás veces imaxe e por último a preparación) Despois cos de 3 elaboramos todos xuntos o biscoito. Durante o recreo deixamos o biscoito no forno e á volta escribimos os ingredientes das receitas. Por último comémolo. ESTABA MOI RICO!!! Aínda que foi pouquiño e moitos querían máis... pero era unha proba xa que éramos moitos a comelo.

MENSAXES

Á volta de Semana Santa establecimos unha rutina nova: as mensaxes. Ao chegar, os nenos e nenas que chegan as 9 puntuais adican os primeiros minutos a escribir unha mensaxe positiva ao encargado ou encargada do día. De momento encántalles e sen darse conta están traballando moitas cosas, como vocabulario novo, a escritura, a autoestima etc... Os encargados levan ese día as mensaxes dos seus compis para a casa.

viernes, 25 de abril de 2014

REVISTA DO COLE

Como todos os anos no cole faise unha revista nestas datas, e hoxe tamén estivemos traballando niso, aí vai un pequeno avance. Aínda que para ver o resultado final teredes que esperar a ver a revista.

ANIVERSARIO DE HUGO

E hoxe foi a quenda de Hugo, xa ten 5 anos!! Así o felicitamos hoxe agracedéndolle o detalle que trouxo cunhas felicitacións moi especiais...

jueves, 24 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Onte foi o día do libro e o celebramos no cole como se merece cun traballo que levaron onte sobre CARRAPUCHIÑA E O LOBO. Por outro lado dicir que hoxe fixemos o taller de reciclado... pero resultoume imposible facer fotos, xa que íamos un pouco apurados. Pero as chicas do concello que viñeron a poñelo en práctica fixeron algunha e quedaron en pasarmas, en canto as teña subireinas. Dicir tamén que a cada neno e nena deulle tempo a facer unha das tres cousas que tiñan pensadas para facer hoxe con eles, aínda que aproveitando que trouxeron o material intentarémolas facer nas próximas semanas. Por outro lado estamos facendo outra cousilla tamén con materiais cotiás, e necesitaríamos unha caixa de ovos, se alguén le isto hoxe e ten unha pola casa unha seríamos moi útil se a pode levar mañá, porque eu teño dúas xa e faríanos falta unha máis, a ver se hai sorte... porque xa sei que non son horas de pedir nada, grazasss!!!!

martes, 22 de abril de 2014

VOLTA AO COLE E ANIVERSARIO DE SARA

Hoxe chegaron moi alterados con moita enerxia, demasiada diría eu... a ver se mañá volve a normalidade.
Tamén unha pequena hoxe chegou moi emocionada xa que durante estas vacacións estivera de aniversario. Sara xa ten 5 aniños, xunto con Luna, Darius, Yessica e Dani e nos próximos días poderemos incorporar a Hugo nesta lista, xa que este mes tamén está de aniversario.
Sara trouxo unha tarta moi rica de 3 chocolates igual ca que trouxera Candela Blanco no seu santo, despois de cantarlle, tirarlle das orellas tocou o momento tarta...


viernes, 11 de abril de 2014

REMATAMOS CO MUNDO

Xa rematamos co proxecto do mundo e toca saber que aprendimos. Ao comezo do mesmo tamén lles preguntei que sabían, estas son as respostas esta semana.

 EL MUNDO ¿Qué aprendimos?


¿DÓNDE VIVIMOS?
SOFÍA: En la tierra.
¿Y QUÉ ES LA TIERRA?
IRENE: Es un planeta en el que vivimos.
¿QUÉ HAY EN LA TIERRA?
DAVID: Oxígeno, aire, agua.
¿CONOCÉIS MÁS PLANETAS O SOLO A LA TIERRA?
NICO: Júpiter, Saturno, Urano, Neptuno.
¿ALGUNO MÁS?
CANDELA VILA: Plutón que es el enano pero no es un planeta.
EMMA: Marte.
DAVID: Mercurio.
LUIS: Venus.
DAVID: Hace mucho calor en mercurio y se derrite todo.
¿PODRÍAMOS VIVIR ALLÍ?
IRENE: No, no, porque hace mucho calor.
¿Y POR QUÉ HACE TANTO CALOR?
NICO: Porque está muy cerca del sol.
¿CUÁL ES EL PLANETA MÁS GRANDE?
DAVID Y CANDELA VILA: Júpiter.
CANDELA BLANCO: También aprendimos que el sol es una estrella que nos da mucho calor.
CANDELA VILA: Y luz.
NUESTRO PLANETA ES LA TIERRA ME HABÉIS DICHO... ¿Y SE MUEVE O ESTÁ QUIETA?
TODOS: Siiiiii
¿Y QUÉ MOVIMIENTO HACE?
CANDELA BLANCO: Gira al sol y da una vuelta así misma.
DAVID: Tarda un día y una noche en dar una vuelta sobre si misma.
CANDELA VILA: y al sol un año.
¿POR QUÉ EN ALGUNOS SITIOS ES DE DÍA Y EN OTROS ES DE NOCHE?
SARA: Porque en Argentina cuando nosotros estamos despiertos ellos se van a acostar.
CANDELA BLANCO: porque no les da el sol a la vez.
Y LA LUNA... ¿QUÉ SABÉIS?
DAVID: que es un satélite.
CANDELA BLANCO: es el satélite de la tierra.
¿Y LA LUNA ESTÁ QUIETA?
NOOO
CANDELA VILA: gira alrededor de la tierra.
¿Y LA TIERRA DE QUE ESTÁ FORMADA?
NICO: de continentes, Asia, Africa, Europa.
LUIS: América.
DAVID: Oceanía, Antártida.
DAVID: De América sabemos que está Brasil.
NICO: y Uruguay, Paraguay, México.
IRENE: que está la selva Amazonas, que es la más grande del mundo.
CANDELA BLANCO: y el río Amazonas.


Y esto es lo que salió... no todos participaron a pesar de que se les preguntó a todos... aunque estoy segura de que no es lo único que aprendieron (ni esto es lo más importante)  ni que los que no participaron significa que no aprendiesen nada, puede ser que el momento en el que hicimos esta puesta en común por diferentes motivos no quisiesen participar.
Me llamó la atención que una de las cosas que más les gustaba era buscar países en las bolas del mundo, en los mapas de un libro fantástico que nos trajo Clara que fue clave en el proyecto... Les llamaba más la atención localizar países que saber cosas de los mismos por así decirlo. Otra cosa que pedían mucho era conocer las banderas.

Y con esto se "cierra" el blog hasta la vuelta
 HASTA EL DÍA MARTES 22!!!
FELICES VACACIONES A TODOS Y TODAS!!!!!!

miércoles, 9 de abril de 2014

A IMPORTANCIA DE LER NA CASA

Pareceume interesante compartilo... aínda que no texto fala desta función de lector adulto como da nai, avoa... creo que sería xusto engadir aos pais e avós xa que esta tarefa é compartida.

O MEU COLE

Esta semana fixemos un debuxo para o concurso de portadas da revista do cole. Decidimos facer un debuxo do noso cole. Saímos, observamos como era, qué cousas queriamos debuxar e ao entrar íamos poñendo no encerado o que íamos debuxar e ao mesmo tempo todos no seu folio ían debuxando. É un debuxo bastante guiado de aí que sexan moi parecidos... A mín gústanme os debuxos máis espontáneos e a maior parte das veces así son aínda que  nesta ocasión fixémolo desta maneira. Falamos do cole, se nos gustaba o noso cole e a resposta foi afirmativa pero por distintas razóns e aí as tedes....

PEQUENO RESUME DA SEMANA

Aí vai un pequeno resume de distintas cousas que fixemos o que vai de semana. Traballo na pantalla, seguimos cosendo xa que aínda non o fixemos os 25, traballo cooperativo... e hoxe aproveitando que saíu o sol merendamos fóra, aínda que a herba estaba mollada e tivemos que quedar na parte de arriba.




viernes, 4 de abril de 2014

TRABALLAMOS OS NOMES

Alguha actividade necesitaba unha pequena mellora... refírome as do aforcado... que só lles pusen as letras da palabra, e así era imposible errar... Agora ten máis sentido ademais de complicalo.


jueves, 3 de abril de 2014

ABUELOS

Co conto "ABUELOS" de MONTSE TOBELLA fixemos este traballo adicado a todos os avós.

miércoles, 2 de abril de 2014

PORTADAS

Fixemos unha fermosa portada para os traballos do 2º trimestre cun xardín de margaridas, xa que é o cambio máis notable que observaron coa chegada da primavera. Esta portada levounos moito traballo que fixemos en distintas sesións. Tivemos que recortar, pegar, pintar, picar... un traballo moi completo. Este foi o proceso...

A COSER...

Xa rematados os traballos do segundo trimestre... comezamos co terceiro. Neste caso cun traballo novo que ata agora non fixéramos. A ver se nun tempiño podemos incorporar un recuncho máis na aula que sería o recuncho de cosido.
Pois ben, hoxe estivemos cosendo, non todos... xa que non podemos coser todos ao mesmo tempo, nin tampouco preto uns de outros... polo perigo que conleva a agulla, pero si comezaron algúns e algunhas esta tarefa. A verdade é que pensei que lles ía costar máis pero danse bastante maña. Luna, Dubi e Yessi parecía que o levaban facendo moito tempo, Irene, Darius e Sofía rápido entenderon o asunto e resultoulles moi doado, outros precisaron algo máis de axuda... pero a verdade é que estaban todos encantados coa actividade.
Así o fixeron...

ADOLFO SUÁREZ

Estamos falando estes días sobre Adolfo Suárez, quen foi, a democracia... observando as noticias de revistas, xornais, internet que trouxeron. Isto  aproveitámolo  para traballar as noticias do xornal título, pé de foto, noticia...
Anímovos a falar con eles disto...  a ver que contan, que entenderon... porque o tema non é doado... pero algunha idea aínda que sexa moi simplificada do tema teñen.

martes, 1 de abril de 2014

Aclaración das notas

As faltas son de sesións, a aplicación da xunta funciona así, non vai por días, vai por sesións. Cada día son 9 sesións. E dicir se un neno ou nena  ten 9 faltas corresponde a 1 día.