miércoles, 2 de abril de 2014

A COSER...

Xa rematados os traballos do segundo trimestre... comezamos co terceiro. Neste caso cun traballo novo que ata agora non fixéramos. A ver se nun tempiño podemos incorporar un recuncho máis na aula que sería o recuncho de cosido.
Pois ben, hoxe estivemos cosendo, non todos... xa que non podemos coser todos ao mesmo tempo, nin tampouco preto uns de outros... polo perigo que conleva a agulla, pero si comezaron algúns e algunhas esta tarefa. A verdade é que pensei que lles ía costar máis pero danse bastante maña. Luna, Dubi e Yessi parecía que o levaban facendo moito tempo, Irene, Darius e Sofía rápido entenderon o asunto e resultoulles moi doado, outros precisaron algo máis de axuda... pero a verdade é que estaban todos encantados coa actividade.
Así o fixeron...

2 comentarios:

  1. Creo que hay unas agujas de coser especiales para ninos que no traen punta
    Y son mas grandes ,son para coser ellos

    ResponderEliminar
  2. Tenemos unas de plástico en el cole para niños, pero creo que son más prácticas estas porque son más finas, no rompen tanto la cartulina, y además no pinchan mucho, casi no tienen punta... controlando el momento ese de ponerlos separados cuando están cosiendo no lo considero para nada peligroso.

    ResponderEliminar