jueves, 24 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Onte foi o día do libro e o celebramos no cole como se merece cun traballo que levaron onte sobre CARRAPUCHIÑA E O LOBO. Por outro lado dicir que hoxe fixemos o taller de reciclado... pero resultoume imposible facer fotos, xa que íamos un pouco apurados. Pero as chicas do concello que viñeron a poñelo en práctica fixeron algunha e quedaron en pasarmas, en canto as teña subireinas. Dicir tamén que a cada neno e nena deulle tempo a facer unha das tres cousas que tiñan pensadas para facer hoxe con eles, aínda que aproveitando que trouxeron o material intentarémolas facer nas próximas semanas. Por outro lado estamos facendo outra cousilla tamén con materiais cotiás, e necesitaríamos unha caixa de ovos, se alguén le isto hoxe e ten unha pola casa unha seríamos moi útil se a pode levar mañá, porque eu teño dúas xa e faríanos falta unha máis, a ver se hai sorte... porque xa sei que non son horas de pedir nada, grazasss!!!!

1 comentario: