domingo, 30 de marzo de 2014

NOTAS SEGUNDO TRIMESTRE

Mañá luns 31 daremos as notas, os traballos a mediados de semana así que os que se despistaran e non trouxeran a carpeta deberán traela canto antes.

PLANTANDO FRESAS

O venres tocou plantar as fresas para poder comelas máis adiante. Primeiro colocamos entre todos o plástico e falamos da súa función e despois pasamos a plantar e regar. Nesto participamos todos.

jueves, 27 de marzo de 2014

FONDUE DE CHOCOLATE

Onte para merendar fondue  de chocolate... quizás faltou a froita para que o momento da fondue fose perfecto, pero a falta de de froita galletas, e o chocolate que quedaba ao final aproveitouno Breixo co seu plátano.
Todos quixeron probalo, e algún repetir e volver a repetir... excepto Martín e Dani que non se animaron.
Aproveito para comentar que Candela Blanco tivo a idea de traballar un pouco a figura de Adolfo Suárez, concretamente a súa pregunta foi "¿Podemos trabajar al que se murió  como hicimos con Mandela?"
Así que mañá... tocará falar un pouquiño sobre a democracia e o primer presidente da democracia española... a ver que sae de aquí... xa vos iremos contando.
Estes días estamos coa portada dos traballos, rematando o proxecto do mundo... e contarvos tamén que o luns levarán as notas!!!!



sábado, 22 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE

O xoves plantáronse dúas árbores no cole con motivo do DÍA DA ÁRBORE. Plantáronse o xoves e non o venres polas previsións de auga.
Nós perdímonos este proceso porque foi despois do recreo, e é a hora que temos psicomotricidade no ximnasio, e como para dicirlles que non tiñan psicomotricidade co que lles gusta esta sesión semanal... Pero ao saír do ximnasio fomos ver as árbores e observamos como se plantaran.
O venres fixemos un traballo sobre o Día da árbore e o levamos para casa.




MOMENTOS...

Por petición das mamis subo estos vídeos que non tiña pensado subir... Estes momentos libres danse ás veces ao acabar de merendar, 5-10 minutos que quedan antes de ir ao recreo os que van rematando.

Aí van 3 vídeos da mesma canción...







miércoles, 19 de marzo de 2014

EXCURSIÓN, DÍA DO PAI E TRABALLO COOPERATIVO

Estou tendo problemillas coa tecnoloxía de aí que xa hai días que non suba nada no blogue. Estou sin ordenador na casa, "morreu"... e desde o cole non teño tempo para isto. Ademáis de iso... non sei nin porqué pero parece que todos os inconvintes tecnolóxicos se xuntan.
Todas as fotos da excursión de hoxe.... non as lee nin o móvil, nin ao descargalas o ordenador... e iso que no autobús puiden velas... non o entendo "misterios da ciencia". Cando o resolva se é que poido subireinas.
Na excursión moi ben, cada vez se portan mellor, sobre todo cando saímos do cole, será polo avisados que van... pero certo é que da gusto saír con eles, e isto inclúe a todos.
Na excursión explicáronlles as partes do clarinete, da guitarra, falaron e fixeron con eles distintos ritmos, estilos musicais como son o rock, o pop e a música clásica  ademais dunha  forma relacionada coa música da importancia das árbores nas nosas vidas (con motivo do día da árbore o 21 de abril)
É unha pena non poder ver as fotos porque fixen moitas e moitos vídeos para poder facer un bo resume e despois observalo con eles na clase.
Dicir tamén que chegamos da excursión a hora da merenda e decidimos facer a merenda no pequeno "xardín" diante da casiña. Puxemos as gorras e alí fomonos, algún dicía que era un picnic.... gustoulles moito, parece que a merenda ao aire libre entra mellor.
Non nos podemos esquecer que hoxe celébrase o día do pai  FELICIDADES A TODOS OS PAIS E EN ESPECIAL  A TODOS OS XOSÉS.
Os nenos e sería máis correcto dicir as nenas levan días recordándome que hoxe era o día do pai, e algúns decidiron facerlle un fermoso debuxo coa idea de Sara.
Sorprendentemente as fotos da merenda tampouco poido velas polo mesmo motivo, pero as que lles fixen co agasallo do pai si... Así que se alguén sabe como podo solucionalo.... acepto suxerencias!

Estas semanas estamos dándolle "duro" ao traballo cooperativo, cada vez entenden mellor as estruturas, comparten, se axudan, e se deixan axudar, e tamén comproban que todos os nenos e nenas teñen algo que aportar ao grupo.
Aí van dous exemplos aínda que fixemos máis.
Estos debuxos fixéronos en equipo, consensuando o que ían debuxar e onde, explicando o porqué, os outros aportan ideas, despois debuxaba outro.... e así todos os membros do equipo, a verdade é que da gusto escoitalos.






Outras das que fixemos foi esta:  LAPIS AO CENTRO. Por orde ían falando cada membro do equipo da imaxe que lles tocaba, despois de dicir todo o que sabían os outros tres membros podían  engadir se consideraban que sabían algo máis. Unha vez falado tiñan que escribir entre os catro esas palabras seguindo as regras da dinámica que xa coñecen. Quero resaltar que desde que empezan a dinámica cooperativa ata que remata eu non resolvo dudas, teñen que preguntarse e axudarse entre eles. Ao rematar falamos dos problemas que aconteceron, como os resolveron, se foron capaces e facemos unha posta en común entre os 6 grupos.









Aproveito a entrada para mandarlle un bico aos que están na casa pasando a varicela... xa serán os últimos quero pensar, porque xa caeron 12 no que vai de curso. Unha en decembro e os outros e outras 11 nas últimas semanas. E polo que me contaron unha das últimas en caer xa a tivera... así que... podemos seguir caendo máis, aínda que non sexa o máis habitual.