jueves, 27 de marzo de 2014

FONDUE DE CHOCOLATE

Onte para merendar fondue  de chocolate... quizás faltou a froita para que o momento da fondue fose perfecto, pero a falta de de froita galletas, e o chocolate que quedaba ao final aproveitouno Breixo co seu plátano.
Todos quixeron probalo, e algún repetir e volver a repetir... excepto Martín e Dani que non se animaron.
Aproveito para comentar que Candela Blanco tivo a idea de traballar un pouco a figura de Adolfo Suárez, concretamente a súa pregunta foi "¿Podemos trabajar al que se murió  como hicimos con Mandela?"
Así que mañá... tocará falar un pouquiño sobre a democracia e o primer presidente da democracia española... a ver que sae de aquí... xa vos iremos contando.
Estes días estamos coa portada dos traballos, rematando o proxecto do mundo... e contarvos tamén que o luns levarán as notas!!!!



1 comentario:

  1. Dou fé de que Breixo che arrapañaría ben o chocolate co plátano, e porque non lle deixaches o cazo para que o lambera...que lambonciño me é, jajajajaja!!! ;o)
    Que aproveite a todos!
    Mamá de Breixo.

    ResponderEliminar