miércoles, 26 de febrero de 2014

TALLER DE MAQUILLAXE

Onte tocou caretas e hoxe taller de maquillaxe. Este taller o fixemos todos os nenos e nenas da casiña 3 e 4 anos. Cada neno e nena elixiu de que quería que o pintásemos, e así estivemos as últimas sesións do día. Houbo robots, xoaniñas, bolboretas, princesas, coelliños, leóns, piratas e o máis demandado Spiderman. Temos que darlle as grazas a Xoán que mentres que Ana e eu pintábamos él estaba no encerado dixital traballando cos que xa estaban pintados, e ía acumulando nenos e nenas das dúas clases.


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ao chegar da excursión celebramos o día de Rosalía de Castro como xa dixemos anteriormente.
E así o celebramos...

IMOS DE EXCURSIÓN

O luns foi un día especial. Fomos de excursión a bilblioteca Forum Metropolitano en Coruña.
Encántanos ir no autobús e portámonos fenomenal.
Alí explicaronnos os distintos libros que podemos atopar nunha biblioteca e como diferencialos aínda que non saibamos ler todavía axudándonos polo seu pictograma.
Aprendemos que hai libros que serven para aprender cousas, como son os libros de consulta ou de información, e outros que contan historias inventadas como son os contos.
Despois da explicación coa axuda da ovella Tecelá deixáronnos coller libros, miralos e colocalos no seu lugar atendendo ao pictograma como nos ensinaran na explicación.
Ao rematar os profes estaban tan contentos de como nos portamos, o atentos que estivemos e todo o que aprenderamos e nos deixaron ir ao parque un ratiño antes de volver ao cole.



viernes, 21 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

O luns imos  de excursión á biblioteca Fórum, FALTAN 3 DÍAS na nosa  conta atrás desde que marcamos no calendario o día da excursión. Pero ademais no cole faremos un pequeno homenaxe a Rosalía de Castro coincidindo o seu nacemento 24 de febreiro.
Falamos un pouquiño de Rosalía, quen foi, o motivo de que fose unha persoa tan importante en Galicia e preparamos o verso do poema HAS DE CANTAR.
Cada aula do cole preparará un verso e o luns no patio montaremos o poema. Ademais cantaremos a versión musicada do poema. Iso de cantalo a ver como o levamos... xa que entre o entroido, preparar a excursión... pódese dicir que non a escoitamos moitas veces.

HAS DE CANTAR

Has de cantar, meniña gaiteira,
has de cantar, que morro de pena.

Canta, meniña, na beira da fonte;
Canta, dareiche boliños do pote.

Ai! la, la, la...

Canta, meniña, con brando compás,
dareiche unha proia da pedra do lar.

Papiñas con leite tamén  che darei;
sopiñas con viño, torrexas con mel.

Ai! la, la, la...

Canta se queres, rapaza do demo;
canta se queres, dareiche un mantelo.

Canta se queres, na lingua que eu falo;
dareiche un mantelo, dareiche un refaixo.

Ai! la, la, la...

Co son da gaitiña, con son da pandeira,
che pido que cantes, rapaza morena.

Co son da gaitiña, co son do tambor,
che pido que cantes, meniña, por Dios.

Ai! la, la, la...

Que feira, rapaza, se cantas faremos...!
festiña por fóra, festiña por dentro.

Canta se queres, na lingua que eu falo;
dareiche un mantelo, dareiche un refaixo.

Ai! la, la, la...





TALLER DE CARETAS

Esta semana tivemos un taller semanal de caretas. Eles podían ir ao taller cando remataran outras tarefas do día, elixir a careta, pintala, pegala en cartolina, recortala e por último picar os ollos. Todo un éxito... por alí pasaron todas e todos.


DOMINÓ (3 anos)

Os nenos e nenas de 3 anos hoxe estiveron coa profe Ana e co profe Xoán aprendendo a xogar ao dominó.


martes, 18 de febrero de 2014

PRIMEIRA EXCURSIÓN DOS PEQUENOS DA CASIÑA (3 ANOS)

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de tres anos, tiveron a súa primeira excursión. Foron  á Coruña ao CGAI.
Portáronse moi ben e así o pasaron...


lunes, 17 de febrero de 2014

COOPERATIVO: 1,2, 4


A semana pasada incorporamos outra estrutura de traballo cooperativo. Xa fixemos varias veces folios xiratorios, letras ao centro, e agora incorporamos o 1,2, 4. Fixémolo 3 veces, a primeira vez foi un  pouco complicado entender a estrutura, pero a terceira vez xa saíu moito mellor.
Consiste en que a profe fai unha pregunta do que estamos traballando e a continuación di 1. Ao dicir UN temos que pensar a resposta e escribila ao lado de onde pon 1. Cando todos xa contestaron, a profe di 2, e temos que falar co compañeiro ou compañeira que temos ao lado para poñernos de acordo para responder o mesmo. Se no punto 1 respondemos o mesmo os dous, no punto 2 debemos responder o mesmo outra vez. En cambio se un neno ten unha cousa no punto 1, e o outro ten outra cousa diferente teñen que poñerse de acordo e responder o mesmo; e dicir teñen que explicarlle ao outro porque pensa que a súa resposta é a correcta.
Cando todos rematamos o punto 2, a profe di 4, e aí é cando os 4 membros do equipo teñen que falar da resposta e dar unha resposta común.
Coas fotos enténdese mellor. Este foi o traballo do equipo Beethoven: Sara, Luis, Breixo e Candela Vila (nesa orde están as fichas)

A primeira ficha é a de Sara, liouse un pouco ao repasar os números con rotulador  pero cando fixen a pregunta de CANTOS PLANETAS HAI? Ela no punto 1 escribiu 8 e Luis, Breixo e Candela Vila escribiron 7.
Cando dixen 2 Sara tiña que debater con Luis e Candela Vila e Breixo xuntos por outro lado.
Como Sara e Luis tiñan respostas diferentes contaron xuntos de novo e decidiron que había 8 e escribiron 8 no punto 2.
Candela Vila e Breixo tiñan a mesma resposta polo que seguiron poñendo no punto 2 7.

Cando dixen 4 Luis e Sara dicían que había 8 e Breixo e Candela Vila dicían que había 7, falaron entre eles, e Luis e Sara contaron diante de Breixo e de Candela Vila  para que se desen conta de que había 8 planetas, e os 4 no punto 4 responderon 8.









Algo diferente pasou no equipo Schubert. Clara, Nicolás, Lucía Pérez e Sofía. Todos responderon 7 no punto 1, polo que a resposta final seguiu sendo 7. Cando rematamos o exercicio, falamos dos resultados obtidos, e a resposta que me deron era que un dos planetas non o había que contar porque era Plutón, e xa non era un planeta, xa formaba parte dos “planetas  enanos” (Disto falaramos anteriormente, pero claro pensar que era unha "pregunta trampa" anda que non falaron aí nese equipo). Algún puxo 7 no punto 1 porque contou  mal, outros porque miraron o que contestou o compañeiro, pero un puxo 7 desde o principio porque a súa idea era esa, que estaba Plutón por aí infiltrado, e cando chegamos ao punto 2 convenceu  a compañeira  e no punto 4 a todo o equipo que ese era o motivo de que a resposta correcta era 7.
Nin que dicir ten que o importante non é que cheguen ou non a que había 8, o importante é todo ese diálogo, escoirtar ao compañeiro, que todos falen e expresen a súa opinión. E isto é o que temos que seguir traballando, que todos participen e todos teñan en conta ao outro/a.





domingo, 16 de febrero de 2014

DÍA DE SAN VALENTÍN

O venres Sara tivo a idea de facer unha postal  de San Valentín para a súa nai, e despois dela fóronse animando outros e outras. Algúns para outros nenos e nenas da clase, outros para familiares...
Non é o día que máis me gusta celebrar na escola, pero teño que dicir que o contentos que chegaron ese día ao cole moitos deles por ser ese día, e a forma de como saíu todo deles, dunha forma espontánea... fixo que ese día fose especial.


DE TEMPORAL EN TEMPORAL

Nin nos acordamos de baixar ao patio do mal tempo que vai, e quedamos na casiña na hora do patio.


DÍA DAS CANDELAS E ANIVERSARIO DE DARIUS

Por problemas técnicos levamos días sin subir nada, pero xa está arranxado, xa estamos de volta.
O día 3 de febreiro tivemos doble celebración, por un lado o  día do santo das Candelas, e Candela Blanco trouxo unha tarta para celebralo e por outro lado o aniversario de Darius que trouxo outra e uns agasallos para cada un.