viernes, 21 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

O luns imos  de excursión á biblioteca Fórum, FALTAN 3 DÍAS na nosa  conta atrás desde que marcamos no calendario o día da excursión. Pero ademais no cole faremos un pequeno homenaxe a Rosalía de Castro coincidindo o seu nacemento 24 de febreiro.
Falamos un pouquiño de Rosalía, quen foi, o motivo de que fose unha persoa tan importante en Galicia e preparamos o verso do poema HAS DE CANTAR.
Cada aula do cole preparará un verso e o luns no patio montaremos o poema. Ademais cantaremos a versión musicada do poema. Iso de cantalo a ver como o levamos... xa que entre o entroido, preparar a excursión... pódese dicir que non a escoitamos moitas veces.

HAS DE CANTAR

Has de cantar, meniña gaiteira,
has de cantar, que morro de pena.

Canta, meniña, na beira da fonte;
Canta, dareiche boliños do pote.

Ai! la, la, la...

Canta, meniña, con brando compás,
dareiche unha proia da pedra do lar.

Papiñas con leite tamén  che darei;
sopiñas con viño, torrexas con mel.

Ai! la, la, la...

Canta se queres, rapaza do demo;
canta se queres, dareiche un mantelo.

Canta se queres, na lingua que eu falo;
dareiche un mantelo, dareiche un refaixo.

Ai! la, la, la...

Co son da gaitiña, con son da pandeira,
che pido que cantes, rapaza morena.

Co son da gaitiña, co son do tambor,
che pido que cantes, meniña, por Dios.

Ai! la, la, la...

Que feira, rapaza, se cantas faremos...!
festiña por fóra, festiña por dentro.

Canta se queres, na lingua que eu falo;
dareiche un mantelo, dareiche un refaixo.

Ai! la, la, la...





No hay comentarios:

Publicar un comentario