lunes, 17 de febrero de 2014

COOPERATIVO: 1,2, 4


A semana pasada incorporamos outra estrutura de traballo cooperativo. Xa fixemos varias veces folios xiratorios, letras ao centro, e agora incorporamos o 1,2, 4. Fixémolo 3 veces, a primeira vez foi un  pouco complicado entender a estrutura, pero a terceira vez xa saíu moito mellor.
Consiste en que a profe fai unha pregunta do que estamos traballando e a continuación di 1. Ao dicir UN temos que pensar a resposta e escribila ao lado de onde pon 1. Cando todos xa contestaron, a profe di 2, e temos que falar co compañeiro ou compañeira que temos ao lado para poñernos de acordo para responder o mesmo. Se no punto 1 respondemos o mesmo os dous, no punto 2 debemos responder o mesmo outra vez. En cambio se un neno ten unha cousa no punto 1, e o outro ten outra cousa diferente teñen que poñerse de acordo e responder o mesmo; e dicir teñen que explicarlle ao outro porque pensa que a súa resposta é a correcta.
Cando todos rematamos o punto 2, a profe di 4, e aí é cando os 4 membros do equipo teñen que falar da resposta e dar unha resposta común.
Coas fotos enténdese mellor. Este foi o traballo do equipo Beethoven: Sara, Luis, Breixo e Candela Vila (nesa orde están as fichas)

A primeira ficha é a de Sara, liouse un pouco ao repasar os números con rotulador  pero cando fixen a pregunta de CANTOS PLANETAS HAI? Ela no punto 1 escribiu 8 e Luis, Breixo e Candela Vila escribiron 7.
Cando dixen 2 Sara tiña que debater con Luis e Candela Vila e Breixo xuntos por outro lado.
Como Sara e Luis tiñan respostas diferentes contaron xuntos de novo e decidiron que había 8 e escribiron 8 no punto 2.
Candela Vila e Breixo tiñan a mesma resposta polo que seguiron poñendo no punto 2 7.

Cando dixen 4 Luis e Sara dicían que había 8 e Breixo e Candela Vila dicían que había 7, falaron entre eles, e Luis e Sara contaron diante de Breixo e de Candela Vila  para que se desen conta de que había 8 planetas, e os 4 no punto 4 responderon 8.









Algo diferente pasou no equipo Schubert. Clara, Nicolás, Lucía Pérez e Sofía. Todos responderon 7 no punto 1, polo que a resposta final seguiu sendo 7. Cando rematamos o exercicio, falamos dos resultados obtidos, e a resposta que me deron era que un dos planetas non o había que contar porque era Plutón, e xa non era un planeta, xa formaba parte dos “planetas  enanos” (Disto falaramos anteriormente, pero claro pensar que era unha "pregunta trampa" anda que non falaron aí nese equipo). Algún puxo 7 no punto 1 porque contou  mal, outros porque miraron o que contestou o compañeiro, pero un puxo 7 desde o principio porque a súa idea era esa, que estaba Plutón por aí infiltrado, e cando chegamos ao punto 2 convenceu  a compañeira  e no punto 4 a todo o equipo que ese era o motivo de que a resposta correcta era 7.
Nin que dicir ten que o importante non é que cheguen ou non a que había 8, o importante é todo ese diálogo, escoirtar ao compañeiro, que todos falen e expresen a súa opinión. E isto é o que temos que seguir traballando, que todos participen e todos teñan en conta ao outro/a.





No hay comentarios:

Publicar un comentario