jueves, 26 de diciembre de 2013

TRABALLOS DO NADAL

E así traballamos os últimos días...



nadal on PhotoPeach

E CHEGARON OS REIS MAGOS

E chegaron os Reis Magos ao cole, e os nenos e nenas da casiña recibíronnos con moita ilusión.
Foi un día moi especial, a chegada dos Reis, as panxoliñas, a merenda todos xuntos na entrada da casiña... pódese dicir que foi un gran día para todos e todas




A nosa Emma recibiu aos Reis cunha fermosa panxoliña con outros nenos e nenas do cole que ensaiaron nunha das actividades extraescolares.



ANIVERSARIO DE CLARA

O xoves 19 celebramos o aniversario de Clara, aínda que o seu aniversario era o 23, e agora si podemos dicir que todos e todas teñen 4 anos.



domingo, 15 de diciembre de 2013

LETRAS AO CENTRO: MANDELA

Unha vez máis que fixemos a estrutura cooperativa LETRAS AO CENTRO, neste caso coa palabra máis significativa que traballamos esta semana MANDELA.




13 DE DECEMBRO

Con motivo de Santa Lucía o 13 de decembro Lucía López trouxo unha rica tarta de mazá ao cole para merendar así como un pequeno agasallo para cada neno e cada nena. MOITÍSIMAS GRAZAS!




          

ANIVERSARIO DE CANDELA

Onte Candela (14 de decembro) estivo de aniversario  e aínda que non puido vir ao cole en toda a semana, xa que está enferma, acordámonos moito dela e os seus compis deixáronlle unha felicitación...





jueves, 12 de diciembre de 2013

DOCES DE NADAL: MAZAPÁNS

Hoxe fixemos unha sesión moi especial. Xuntámonos os nenos e nenas de relixión e os nenos e nenas de atención educativa para levar a cabo a elaboración dun doce moi típico destas datas como é o mazapán. Temos que darlle as grazas a profe Rosa xa que foi a que tivo a idea e a que levou o peso da sesión. Moitas grazas Rosa.

POSTAIS DE NADAL (3 ANOS)

Os nenos e as nenas da profe Ana están facendo unhas fermosas postais. Así traballan  e así de bonitas lles quedaron:

ANIVERSARIOS DE CAROLINA E LUCÍA PÉREZ

Esta semana tivemos dous aniversarios: Carolina o día 9


e o 11 o de Lucía Pérez

Aí vai un pequeño resume do que fixemos nestes dous días....


lunes, 9 de diciembre de 2013

A ACTUALIDADE MANDA

O xoves falamos da Constitución. Todo comezou porque o día seguinte era venres e non tíñamos cole.
Para explicar que era iso da Constitución empreguei como recurso o conto "O PAÍS DOS MANDÓNS" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo coas ilustracións de Spela Trobec.


E hoxe foi a quenda de Nelson Mandela. A verdade é que tivemos unha conversa moi interesante sobre este home. Ademais de ver un documental sobre él, porqué foi tan importante e os motivos da súa loita.
Non sei moi ben con que idea se quedou cada un e cada unha despois da conversa que tivemos. Así que anímovos a preguntarlles sobre isto.
Así decoramos o cristal co que íamos falando sobre Mandela.



Por outro lado aproveito tamén para indicar que estamos traballando un artista "da casa" como é Jorge Peteiro, e digo da casa porque era da Coruña. Moitas das obras deste pintor/escultor están relacionadas co mar, ademais de poder velas na cidade ou en vilas próximas.
Para saber máis cousas de Jorge Peteiro http://www.peteiro.com/ 

Así está presente na nosa aula:


Outro aspecto importante que quero resaltar é que seguimos poñendo en práctica dinámicas de traballo cooperativo, nas que os obxectivos principais son axudar aos demais e deixarse axudar polos seus iguais. Para isto temos que escoitar as opiníóns dos outros e outras e ser quenes de telas en conta. 
Ademais de seguir facendo o "Folio xiratorio"  incorporamos outra dinámica "Letras ao centro" Aínda que a priori nas seguintes fotografías  pode parecer que é unha actividade individual non era así. Tiñan unhas premisas e unhas ordes que seguir para levar a cabo a actividade, polo que cada neno e nena tiñan que seguilas. De aí que todos e todas ían o mesmo ritmo, porque tiñan que explicarse uns aos outros. 





E xa para rematar non podemos esquecernos de que o Nadal xa está chamando á porta e comezamos a facer uns adornos para poñer na árbore. Ademais visitamos o nacemento situado na entrada do edificio principal do cole e falamos sobre con quen decoraron as estrelas que levaron para as casas e que materiais empregaron para a súa decoración.
E aquí quero "reprender" un pouquiño  aos pais e nais que fixeron a decoración das estrelas eles sós "mentres os nenos  durmían". O fin da actividade era facelo en familia... coa participación dos nenos e nenas, aínda que fose mínima. 


lunes, 2 de diciembre de 2013

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Hoxe celebramos o aniversario de Sofía que xa fixo 4 aniños. Este mes haberá catro aniversarios máis e   todos e todas teremos xa 4 anos.
Pasámalo moi ben celebrando o cumple de Sofía e ata lle fixemos un agasallo.