lunes, 9 de diciembre de 2013

A ACTUALIDADE MANDA

O xoves falamos da Constitución. Todo comezou porque o día seguinte era venres e non tíñamos cole.
Para explicar que era iso da Constitución empreguei como recurso o conto "O PAÍS DOS MANDÓNS" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo coas ilustracións de Spela Trobec.


E hoxe foi a quenda de Nelson Mandela. A verdade é que tivemos unha conversa moi interesante sobre este home. Ademais de ver un documental sobre él, porqué foi tan importante e os motivos da súa loita.
Non sei moi ben con que idea se quedou cada un e cada unha despois da conversa que tivemos. Así que anímovos a preguntarlles sobre isto.
Así decoramos o cristal co que íamos falando sobre Mandela.



Por outro lado aproveito tamén para indicar que estamos traballando un artista "da casa" como é Jorge Peteiro, e digo da casa porque era da Coruña. Moitas das obras deste pintor/escultor están relacionadas co mar, ademais de poder velas na cidade ou en vilas próximas.
Para saber máis cousas de Jorge Peteiro http://www.peteiro.com/ 

Así está presente na nosa aula:


Outro aspecto importante que quero resaltar é que seguimos poñendo en práctica dinámicas de traballo cooperativo, nas que os obxectivos principais son axudar aos demais e deixarse axudar polos seus iguais. Para isto temos que escoitar as opiníóns dos outros e outras e ser quenes de telas en conta. 
Ademais de seguir facendo o "Folio xiratorio"  incorporamos outra dinámica "Letras ao centro" Aínda que a priori nas seguintes fotografías  pode parecer que é unha actividade individual non era así. Tiñan unhas premisas e unhas ordes que seguir para levar a cabo a actividade, polo que cada neno e nena tiñan que seguilas. De aí que todos e todas ían o mesmo ritmo, porque tiñan que explicarse uns aos outros. 





E xa para rematar non podemos esquecernos de que o Nadal xa está chamando á porta e comezamos a facer uns adornos para poñer na árbore. Ademais visitamos o nacemento situado na entrada do edificio principal do cole e falamos sobre con quen decoraron as estrelas que levaron para as casas e que materiais empregaron para a súa decoración.
E aquí quero "reprender" un pouquiño  aos pais e nais que fixeron a decoración das estrelas eles sós "mentres os nenos  durmían". O fin da actividade era facelo en familia... coa participación dos nenos e nenas, aínda que fose mínima. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario