lunes, 28 de abril de 2014

BISCOITO

Hoxe todos os nenos e nenas da casiña fixemos unha actividade conxunta na clase de 3 anos. Alí xuntámonos todos, os tres profes e  todos os nenos e fixemos un biscoito. Os de 4 anos antes na clase  falamos do que era unha receita e o formato que presentan (listado de ingredientes, ás veces imaxe e por último a preparación) Despois cos de 3 elaboramos todos xuntos o biscoito. Durante o recreo deixamos o biscoito no forno e á volta escribimos os ingredientes das receitas. Por último comémolo. ESTABA MOI RICO!!! Aínda que foi pouquiño e moitos querían máis... pero era unha proba xa que éramos moitos a comelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario