viernes, 27 de marzo de 2015

UN DÍA MOI ESPECIAL

Hoxe foi un día moi especial para os pequenos e pequenas da nosa aula. E isto.. por que? Pois a resposta é moi clara, hoxe cerrábamos o segundo trimestre amosando o traballo realizado e o aprendido ás personas máis importantes para eles, as súas familias. Por fin abrimos as portas do Museo e recibimos moitas visitas. A xornada empezou as 9 e media falando de como ía acontecer o día, como estaba organizado, recordando as funcións de cada un e cada unha... As 10:00 abrimos o museo coa primeira visita. Os nosos "veciños" eran os visitantes do museo. Tiñan as súas entradas na man, Candela Vila e Hugo estaban preparados para recollelas e repartir o folleto do museo e así comezou a visita. Despois diso fixemos un repaso da biografía de Joán Miró, a obra da Ratiña Presumida, e as cancións o libro e o ecoloxita. Ás 12.30 levamos a cabo a segunda apertura do museo. Esta vez era algo máis especial, recibíamos as familias e os nervios empezaron a aparecer. Repetimos o pase dunha forma similar ao primeiro e aí vai o resumo do día en imaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario