lunes, 13 de abril de 2015

NOVO TRIMESTRE NOVAS AVENTURAS

E comezou o terceiro trimestre, o derradeiro do curso, da un pouco de pena so de pensalo. Durante este trimestre todos os nenos e nenas da casiña traballemos os Contos clásicos. Cada conto o contaremos nun primeiro momento na súa versión orixinal dos recopilatorios de Perrault e dos irmás Grimm. En moitas ocasións non é como eles o coñecen, a partir de aí despois de analizar esta versión os comparamos cos que xa coñecíamos, que personaxes cambian, ou o principio, ou o final... e de aí saldrán moitas actividades do proxecto. O primeiro que limos xa a semana pasada é Carapuchiña vermella, a versión recollida por Perrault.E tamén comezamos coa decoración da casiña coa temática do proxecto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario