lunes, 13 de abril de 2015

EXCURSIÓN MONTE DE SAN PEDRO

Esta excursión comezou coa preparación previa o venres no cole. Primeiro cunha parte audiovisual na que mediante unha historia presentábannos aos distintos animais que habitaban no monte de San Pedro. E cunha segunda parte na que fixemos distintos animais que ían aparecendo nun conto. Hoxe chegou a mellor parte... e foi un día moi especial. Primeiro puxemos as gorras, todos iguais para identificarnos ben e as tarxetas, collemos as merendas e subimos ao autobús. Alí esperábanos a nosa guía, Diana, que xa a coñecéramos no taller do venres. Falounos dos paxaros que podíamos ver no parque, de como saber as idades das árbores e amosounos un niño, un tronco por dentro... Comezamos a visita ao parque, na que tivemos a sorte de atopar un lagarto, porque íamos tan caladiños e tan atentos e atentas como auténticos exploradores e exploradoras que o lagarto non se percatou da nosa presencia. Dimos un largo paseo polo parque, pola zona da costa, vimos a Torre de Hércules, os cañóns, o máis grande contounos Diana que o trouxeron desde Ferrol polas vías do tren, e cada día so movíase 200 metros... Un montón de cousas máis. A verdade é que se portaron moi ben, moi ben, houbo moitos momentos de risas e despois chegou a hora de repoñer forzas coa merenda e de xogar no parque. Por último antes de subir ao autobús non podían quedar sen entrar no labirinto. Por alí se meteron os 24 correndo... e ao pouco saíron os primeiros... pero a algún e a algunha costoulles encontrar a saída e tivo que entrar o profe Xoán en busca dos que faltaban. Cando chegaban a saída os que estábamos fóra dabamoslles un forte aplauso, e as súas cariñas de satisfacción... O único que pasou un pequeno momento de apuro foi Adri, que non atopaba a saída do labirinto e Xoán non daba con él... Aínda que moito apuro non foi que ao chegar ao cole e falar do que máis lles gustara a cada un... Adri dixo o labirinto. Tamén aproveito para facer mención as enormes ganas que tiña Candela Blanco por aprender sobre o tema, e chegou hoxe ao cole cun caderno e cun bolígrafo e alí estivo toda a excursión, animal que dicía a guía, animal que anotaba, sen perder ningunha explicación e facer preguntas. Anímovos a ir con eles e que eles e elas os fagan de guías con todo o que aprenderon, se añadides uns prismáticos e ir en plan explorador... tedes o éxito dunha tarde familiar marabillosa. 

 TALLER DO VENRES


EXCURSIÓN
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario