jueves, 30 de enero de 2014

A VOLTAS COA TERRA...

Estes días entre o proxecto do mundo e os traballos do DÍA DA PAZ estivemos moi ocupados.  Ademáis das bólas do mundo que xa tiñamos na clase, a do cole, a de Candela B., de Nico, Martín, Yessi, David trouxo unha bola da terra interactica coa que aprendimos moito. Xa coñecemos os continentes, algúns océanos, algúns países e onde están, falamos da selva Amazonas, do deserto do Sáhara, do Everest... Estamos viaxando sen sair do cole.
E hoxe Emma trouxo outra terra diferente...unha terra xigante na que podíamos pintar os países, os océanos... Emma comezou o traballo na casa e nós seguimos no cole. Estaban todos encantados de poder participar na actividade.
Hai que dicir que entre que Emma tiña tantas ganas de ensinarlle aos demais o que trouxera e os demais moita curiosidade por ver o que era, aínda que os xoves temos relixión e atención educativa... non puidemos esperar para ver o que había na bolsa, de aí que esté a profe Rosa (de relixión) nas fotos.
Mil grazas a todas as familias, xa que sen a vosa colaboración isto non estaría funcionando así de ben.
En canto o Día da Paz xa que choveu durante toda a mañá tivemos que aplazalo para mañá. Aínda que iso non impediu que falasemos sobre que é a paz e de persoas tan importantes como foron Nelson Mandela, Teresa de Calcula e Mahatma Gandhi, así como facer cada un a súa pomba da paz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario