jueves, 23 de enero de 2014

A RECTA DOS NÚMEROS (continuación)

Hoxe a nosa recta dos números creceu moito. Tiñan moitas ganas de chegar ata o 31 para que eu puidera poñer o meu  nome.
David puxo os dos seus primos Inés, Isabel e Jorge, Sara o do seu irmán Carlos, Hugo os seus irmáns Leo e Rubén, Irene a súa irmá Sofía. Déronse conta que o máis pequeno da recta dos números era Carlos, e que Irene e Hugo tiñan algo en común, que era un irmán e unha irmá de un aniño.
Nico estivo pensando mirando para a recta  bastante tempo e chegou a esta conclusión: "Profe cuando nosotros tengamos tu edad tu estarás viéndonos desde el cielo" Él viu tantos anos no medio entre 4 e 31... que non lle chegaba a parede para imaxinar cantos anos podería ter eu cando eles teñan 31. É dicir que  aínda que a súa conclusión non salgo moi ben parada, podo dicir que entendeu perfectamente a recta dos números. Eso sí o seguinte paso será facerlle ver que unha persoa de 58 anos non é tan maior!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario