miércoles, 22 de enero de 2014

A RECTA DOS NÚMEROS

Hoxe comezamos a recta dos números. Para un pequeno ou pequena de 4 anos un número como por exemplo 20 ou o 40 fai referencia a unha cantidade "moi grande" e non perciben a diferenza entre un e outro. Coa recta dos números poden percibir graficamente estas diferenzas.
Comezamos a facela e chegamos ata o 16 (continuaremos nos próximos días) e debaixo deles iremos colocando tarxetas cos nomes deles ou persoas achegadas a eles. Serviralles para aprender os números, as diferenzas entre os mesmos, os anos que se levan entre os seus irmás e irmáns etc...ademais de traballar a escritura escribindo os distintos nomes. Unha actividade moi completa.
Esta actividade é voluntaria para eles e elas. Teñen que ser eles os que queiran participar nela, é dicir, terán a súa disposición as tarxetas para ir incorporando números á recta e facer as tarxetas dos nomes, pero eles deciden se queren participar ou non.
Hai que dicir que hoxe moitos quixeron participar aínda que non todos tiveron tempo para facelo, pero o farán nos próximos días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario