domingo, 25 de mayo de 2014

ESCRITURA




Hai que valorar as producións que fan os nenos, estean na etapa que estean, para que así sigan realizándoas e poder avanzar. Se os corriximos continuamente o que conseguiremos é darlles a mensaxe de que non saben e deixarán de facelos e isto provocará unha inhibición  do proceso de escritura dándolles nós o que escribo e como o escribo. Unha cousa é transcribir o que escribiu e outra corrixilos.
É doado pensar que se non o corrixo non avanzará, pero é que xa fan outras actividades diferentes para avanzar. O momento de escritura libre é para que se solten e pensen eles o que van escribir e como o van escribir, non debemos facer nós ese proceso por eles.


Considero importante indicar as etapas polas que pasan os nenos para así poder entender os súas escrituras. Pode ser útil  esta entrada no blogue  sobre todo porque ultimamente levan as mensaxes dos encargados, e outros materiais escritos por eles e para poder entender o porqué escriben así.



Antes da etapa de hipotesispre-silábica non hai comprensión de simbolismo nas letras, polo que non diferencian letras de debuxos. Gradualmente irán avanzando cara ao nivel seguinte.


HIPOTESIPRE-SILÁBICA


Nivel 1:

Diferencia letras e números doutro tipo de debuxos.

Reproduce os trazos imitando os trazos de manuscrita ou imprenta.



Estas grafías non teñen linealidade, orientación nin control de cantidade.
Nalgúns casos necesita do debuxo para significar os seus textos.


Nivel 2:
Posteriormente, comeza a organizar as grafías unha a continuación da outra.

Só pode ser lida polo seu autor.

Nivel 3:
O tamaño das palabras é proporcional ao tamaño do obxecto.
                                     



Nivel 4:
A- Hipótese de cantidade: non se pode ler algo se non hai un mínimo de cantidade de letras (polo menos tres).
B- Hipótese de variedade: as grafías son diferentes entre si ("letras iguais non serven").

As dúas maniféstanse cedo nas escrituras espontáneas e perduran bastante tempo.
Nun principio, escrituras iguais poden servir para nomes distintos, logo rexeitan isto ("para cousas diferentes necesítanse letras diferentes").
Hai maior definición nos trazos.
Predomina o interese de escribir con imprenta maiúscula.




HIPÓTESE SILÁBICA
- Cada letra ten o valor dunha sílaba.
- Utiliza letras ou pseudo-letras.
HIPÓTESE SILÁBICA-ALFABÉTICA
- É un período de transición, no que se manexan as dúas hipóteses.
- Algunhas letras manteñen o valor silábico- sonoro, mentres que outras non.
- Conviven ambas as dúas hipóteses nunha mesma escritura.


HIPÓTESE ALFABÉTICA
- A cada letra correspóndelle un valor sonoro.


A pesar de que avanzaron na construción do sistema de escritura, esta hipótese non é o punto final do proceso, xa que logo se enfrontará con outras dificultades (ortografía, separación de palabras, etc.).

Resumindo o que quero resaltar é que  cando escriban algo eles, estean na etapa presilábica, silábica ou alfabética felicitalos polo esforzo que están a realizar, iso será clave para que sigan avanzando.



No hay comentarios:

Publicar un comentario