jueves, 19 de septiembre de 2013

O PRIMEIRO DÍA DE COLE!



E chegou setembro e hai que volver ao cole, pero esta vez xa na clase de 4 anos. Agora somos os maiores da casiña. Uns chegaron máis contentos que outros pero pouco tempo despois xa estábamos todos moi contentos coa volta. Había moitos cambios, non estaban a profe Iria nin a profe Pilar, e tíñamos unha profe nova. Ademáis estábamos todos xuntos na mesma clase polo que necesitamos un tempiño para coñecernos ben e adaptarnos todos, a profe e os nenos e nenas.
Nestes primeiros días tamén houbo unha mala noticia e é que tivémonos que despedir do noso amigo Javi que se foi para outro cole máis preto da súa casa, moita sorte Javi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario