martes, 27 de enero de 2015

OS OFICIOS (4 ANOS)

Os nenos e nenas de 4 anos comezaron un proxecto sobre os oficios. Para levar a cabo un proxecto é importantísimo a colaboración das familias para que as actividades sexan o máis significativas posibles para os pequenos. Como se pode participar e colaborar? Aportando a información que teñades na casa, xogos relacionados coa temática, contos, algunha ferramenta de traballo... o que se vos ocurra, e se algún se anima a facer unha visita para contarlles en qué consiste o seu traballo sería fantástico. Sexa cal sexa, desde amas de casa, enxeñeiros, albaneis, electricistas... o que sexa... Serviralles para valorar todos os traballos por igual e é importante que os valoren, sexan dentro ou fóra da casa. Que eles traian algún material, relacionado co tema... tamén é un factor moi motivante e coa motivación en marcha xa temos moito gañado. Moitas grazas pola participación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario