martes, 3 de febrero de 2015

A VISITA DA PINTORA MÓNICA CARBÓN

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a mamá de Dubi. Entrou á clase como a mamá de Dubi pero en poucos minutos xa era a pintora Mónica Carbón. Ensinounos as súas ferramentas de traballo, o caballete, a paleta, os pinceis... explicounos porqué se necesitan tantos pinceis e diferentes, tocámolos...Falounos das 4 cores básicas para pintar e con eses podía facer calquer cor. Trouxo 3 cadros, un rematado, un que estaba a medias que o estaba a pintar con Dubi e outro que estaba empezando. Neste último tivemos a sorte que nos deixou pintar como auténticos pintores con boina incluída. Moitísimas grazas Mónica, estou segura de que aprenderon un montón sobre o traballo dos pintores. Así que xa sabedes, encántannos as visitas, e non se pasa nada mal con eles/as, o pode dicir Mónica que cos piropos que recibiu saliu cun sorriso. Aproveito para seguir dando as grazas a todas as familias por toda a participación no proxecto de Miró que como sempre é moita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario