martes, 4 de noviembre de 2014

SUMAS COAS REGLETAS E ESCRITURA

Os nenos e nenas da casiña non se cansan da aprender. A verdade é que é un gusto ver como no momento que teñen libre no día, que poden ir a xogar aos recunchos algúns adican este tempo a escribir cartas e  máis cartas como as que traen escritas das súas casas. Podo dicir nomes como Sara, Luis, Sofía, Emma, Lucía Pérez, Nico, Hugo, David, Adrián... que a escritura de cartas converteuse na súa actividade preferida. 
Este esforzo que fan escribindo mensaxes, empregando a escritura como algo funcional, é dicir, estalles servindo para comunicar algo, para min é a forma máis motivante e máis importante de adquirir a capacidade de escribir. Dicir tamén que o outro día unha nena recibiu unha carta por primeira vez (os que máis cartas reciben loxicamente tamén son os que máis cartas escriben) pero esa nena nunca escribira ningunha carta e recibiu a primeira, a cara de sorpresa e alegría ao recibila non se me esquece, como tampouco a resposta de Emma (que foi a emisora da carta) que dixo que lle escribira a esa nena porque nunca recibía cartas e outros xa tiñan moitas e tamén era xusto que ela tivera unha, é dicir foise capaz de poñer no lugar desa nena e o que podía estar sentindo, sen palabras que engadir.

Hoxe tamén nese momento a unha nena ocorreuselle a idea de escribir cousas que aprendera da prehistoria, eu nese momento estaba atendendo a outros nenos e nenas e non me decatara do que estaba facendo, pero cando rematou ensinoume moi orgullosa o que escribira con moito esforzo.
Parecen letras escritas sen máis pero non é así, hai moito traballo neste texto por parte da nena, e claro é tan longo que costa transcribilo todo correctamente. Con isto o que quero dicir  que estean nun momento que saia deles escribir libremente e engado a  isto que escribiu do proxecto que estamos a traballar....Podo pedir algo máis????



Aproveito esta entrada tamén para dicir que hoxe David, Lucía Pérez e Emma nese momento de xogo libre preguntáranme como se sumaba coas regletas. Fai tempo falando dixéralles que coas regletas podíanse facer contas e hoxe quixeron aprender a facelas, e así o fixeron:






No hay comentarios:

Publicar un comentario