martes, 4 de noviembre de 2014

FESTA DO SAMAIN

O xoves pasámolo moi, moi ben, houbo sustos ao principio, non todo foron risas... as profes sacamos o noso lado máis terrorífico para recibilos.
Primeiro a profe Rosa contounos a todos os nenos e nenas da casiña un conto terrorífico, despois falamos dos disfraces que trouxemos e porqué, e algún tivo dicir quen era por exemplo Clara  (porque Luis estaba tan asustado que non a coñecía). Despois foi o momento da merenda, nin dicir ten que moitísimas grazas por todo o que aportades dende as casas para poder vivir estos momentos, porque a verdade é que creo que eles e elas os agradecen e os recordan durante moito tempo.
Coa barriga chea tocou a hora de baixar ao recreo que esta vez por ser día de festa e que o  tempo acompañaba durou o dobre do normal. Alí xogamos cada un e cada unha cos seus amigos e amigas, e un grupo xogou ao escondite inglés.
Cando subimos do recreo estivemos esperando a comitiva do Samain (o profe Vicente e os nenos e nenas de sexto) nos corredores de Infantil, a cal a Julia e a Emma doulles un pouco de medo, pero como son unhas nenas moi valentes cunha pouca axuda da profe foron capaz de superalo. Despois diso saímos todo o cole ao patio dos maiores para recitar poesías de outono e samaín e cantar e bailar a canción.
Por último chegou a hora da despedida... e de repartir coas familias toda a comida que sobrou (que non era pouca). Os produtos non perecedoiros (nos próximos días)  gardámolos para a seguinte festa.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario