viernes, 28 de noviembre de 2014

MAQUETA

Onte foi un día especial no cole. Según eles non traballamos... se non facemos unha ficha eles pensan que non é traballo.  Fixemos outro tipo de traballo, unha maqueta dun poblado. A verdade é que saiu moito mellor do que podía pensar a priori, teño que dicir que non estaba moi convencida... un grupo de 24 nenos e nenas, poñerse co barro... non o veía doado, pero equivoqueime, foi un día xenial. 
Loxicamente non estiveron todos co barro ao mesmo tempo. Fixemos grupos, un grupo no barro, outro era o grupo das matemáticas (ábaco, tarxetas das figuras xeométricas e regletas), outro plastilina, outro recuncho creativo e por último o dos "pinchos".  Cada vez que dicíamos cambio, tiñan que recoller co que estaban xogando, deixalo no centro da mesa e cambiar de equipo. Así foi como todos pasaron pola actividade do día, o barro. Despois do recreo, recollimos diante da casiña o que precisábamos para facer os tellados, e puxémonos mans a obra e hoxe rematamos o poblado.  A pena é que os tellados quedaron algo grandes e non se aprecia o traballo que fixeron co barro. Estábamos tan contentos e contentas que invitamos aos familiares a pasar á aula. Así que xa sabedes, unha tarde de choiva aburrida, barro na casa que lles encantou a experiencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario